Amosando publicacións coa etiqueta opinion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta opinion. Amosar todas as publicacións

20/07/19

Onde irá Irán? Por Afonso Vázquez-Monxardín



Afonso Vázquez-Monxardín

Anda o estreito de Ormuz quente. É verán e nas as illas e continente que rodea a ambas beiras, Irán ao norte e o enclavé omaní de Khasaba ao sur, pasan, adoito, dos cincuenta graos. Calor que debeu sufrir Xoan de Novoa, o primeiro ourensán naquelas terras. Participou destacado na conquista do pequeno reino de Ormuz para os portugueses en 1507, ferírono, e fuxiu logo do seu superior Afonso de Alburquerque -a quen acusou de crueldade cos do lugar- en 1508. Morreu ao ano seguinte, só, na India.
Tamén anda quente hoxe a zona por escaramuzas vellas e novas. Vellas, porque “alguén” - incendia barcos que pasan por alí -0 30% do petróleo do mundo-, e modernas porque seica se chimpan drons uns aos outros. Ou tal parece. Porque nas guerras modernas, e se cadra vellas, as mentiras, son arma de confusión masiva: a primeira vítima, sempre, a verdade. E o que está por detrás deste lío actual é o tema da procura da bomba atómica por parte do Irán dos aiatolás e que motivou as sancións internacionais que hoxe padece a vella Persia. 

E uns opinan que é preciso reforzar a presión sobre Irán porque están tratando de, baixo corda, facer a bomba para “varrer do mapa”, como insisten continuamente, Israel. Mentres, outros pensan que os líderes iranís son boa xente que sofre a incontinencia dun personaxe como Trump. E eses ecos de lonxe, debémolos escoitar con moita calma e reflexión, non vaia ser o demo que nos deixemos arrastrar por un antiamericanismo de ben pensantes, que acabe por ser de inxenuos, e que esquezamos que nos sacaron de dúas guerras mundiais sen que empezasen ningunha; e acabaron coa guerra dos Balcáns, lío intraeuropeo onde os haxa. Inxenuos, moitos pensaban noutrora, tamén, que o bo era Pol Pot só porque se enfrontaba a EEUU. En fin, hai dúas leccións de historia recente que debemos lembrar. A primeira a política de boísta do primeiro ministro británico Chamberlain que aceptou en Munich, en setembro de 1938 a anexión de zonas de Checoslovaquia -Os Sudetes- por parte de Hitler para non incomodalo. Cando volveu a Londres recibírono as masas felices polo seu acordo; mentres Churchill, rosmaba profeticamente “Ofrecéronnos elixir entre a humillación ou a guerra. Xa aceptamos a humillación, agora virá a guerra”. E tal foi. A segunda lección, é un terreo común vivencial dos xudeus. Din que sempre que alguén os ameazou, cumpriu as súas ameazas, por tolas que puidesen parecer. Ninguén, na culta Alemaña de 1930, podía crer que aqueles rapaciños vestidos de boy scouts que levantaban o brazo, fosen perigosos. E menos, fóra. Así que cando os xudeus de hoxe oen aos poderosos Gardas Revolucionarios e aiatolas de Irán ameazalos co de varrer e o mapa, non teñen razóns para pensar que é chiste. 

E se a isto lle sumamos a información dos seus servizos secretos -Mossad-, o envío constante de armas a Hezbolá no norte, a Siria no leste, e a Hamás no sur, o desenvolvemento dos seus mísiles Emad capaces de chegar a todo Israel, o enriquecemento de uranio, o ascenso na todopoderosa Garda revolucionaria dos individuos máis deslinguados e intervencionistas, o incremento da represión interior contra unha sociedade moza, de internet e youtube, (en 1979 tiña Irán 30 millóns de habitantes, hoxe 83), a nula vontade de camiñar sendeiros de paz, parece xustificado o seu temor. A cousa non pinta ben, pero, sempre, debemos ter claro que Israel son hoxe os nosos Sudetes, a primeira liña de occidente fronte ao desacougo.

18/07/19

Complejo desafío. Por Pablo Veiga

Pablo Veiga

Quedarán por siempre en la retina aquellas imágenes ya lejanas de principios de los años noventa en las que aproximadamente quince mil judíos etíopes fueron evacuados a Israel. Por varias razones, la primera, el espectacular despliegue llevado a cabo en la denominada Operación Salomón. En segundo lugar, las características de esas personas, tando su origen, color de piel y estilo de vida, que presagiaban un complejo encaje en la moderna, plural y heterodoxa sociedad israelí.

Casi treinta años después, la tribu perdida africana está formada por unas 150.000 personas, de las cuales un tercio ya han nacido en Israel. Efectivamente, el camino recorrido por aquellos pioneros que hicieron su Aliá estuvo plagado de enormes dificultades. Mujeres, hombres y niños que venían de un país asolado por el hambre y la guerra; muchos nunca habían salido de sus poblados, por lo que la llegada a Israel y su posterior integración se antojaban complicadas, requiriendo un enorme esfuerzo del estado para facilitar esa inserción en todos los ámbitos de la comunidad. A pesar de ese punto de partida, no toda la sociedad israelí mostró el mismo entusiasmo con sus hermanos africanos, constatando diversas reacciones negativas hacia ellos, algunas cargadas de excesivo celo y desconfianza. Huelga decir que el colectivo falasha presenta unos indicadores de desempleo, pobreza y marginalidad muy superiores a la media del País, realidad que las autoridades no pueden esconder. Efectivamente, existen miembros destacados que han triunfado en los distintos campos, pero queda mucho margen de mejora. Que sean de origen etíope una ex – miss Israel, o una diputada, o un distinguido investigador, constituyen lamentablemente una excepción en el global de esos ciento cincuenta mil habitantes.
Recientemente un acontecimiento ha encendido la mecha que ha derivado en violentas reacciones, con graves disturbios en algunas localidades. La muerte no aclarada del joven Salomón Teka, abatido por un agente de policía, es la causa de una auténtica rebelión de una comunidad que demanda una investigación en profundidad para disipar toda duda en cuanto a la muerte del chico en cuestión. Llueve sobre mojado, se dice desde este trozo del occidente europeo, ya que hace apenas unos meses, otro joven falasha falleció murió tiroteado por la policía en Tel-Aviv.

Estos hechos contribuyen a degradar la imagen de Israel en el exterior. A la habitual e intencionada distorsión que llevan a cabo, mayoritariamente, los medios de comunicación, con respecto al conflicto palestino, se le añaden ahora críticas utilizando un concepto al que se hace alusión con regular frecuencia: Racismo. Pero ya no contra la población de los territorios de Gaza y Cisjordania (Judea y Samaria) ni contra ese veinte por ciento de árabes que viven dentro de Israel y poseen la consiguiente nacionalidad. La acusación va más allá, siendo víctimas del estado racista una minoría judía, cuya fisonomía la delata y diferencia del resto. 
 
Las sociedades evolucionan y ninguna como la israelí sabe enfrentarse a contínuos desafíos y retos. Este es uno de ellos. la igualdad de todos los ciudadanos no solamente debe ser una teoría, sino una verdadera realidad.

Julio 2019 - semanario AURORA

27/06/19

O problema nuclear iraniano. Por Pedro Gómez-Valadés




Por Pedro Gómez-Valadés

O coñecido como Acordo Nuclear con Irán (PAIC - Plan de Acción integral Conxunto), non foi unha resposta totalmente satisfactoria ao programa militar nuclear iraniano. O acordo de 2015 tiña como intención a de impedir que a república islámica de Irán desenvolvese as súas capacidades militares nucleares, pero con todo, non puxo fin ao fondo do problema, ás ambicións agresivas de Irán.

O PAIC creou un mecanismo que de feito chegado o caso facilitaría o camiño de Irán cara a posesión do arma nuclear. A denominada "cláusula de suspensión" do acordo que garante que despois de só 10 ou 15 anos, Irán podería comezar de novo o seu programa de enriquecemento de uranio. Unha vez chegado a este punto, en cuestión de moi poucos meses, Irán tería capacidade de introducir centrifugadoras avanzadas para así producir uranio dabondo apto para a construcción de armas nucleares. Por tanto, o acordo non eliminou nin controlou realmente a ambición iraniana durante moitas décadas e a capacidade de producir armamento atómico. O PAIC merma a capacidade da comunidade internacional para presionar a Irán polos seus comportamentos claramente expansivos e hostís na rexión. Isto inclúe o desenvolvemento continuo de mísiles balísticos e de cruceiro de longo alcance, que teñen a capacidade de portar cabezas nucleares incluso até o corazón de Europa. O mantemento do PAIC significa tamén a renuncia de feito ás presións para devolver a Irán á mesa de negociacións e deter as súas políticas intervencionistas globais. 

En abril de 2018 a intelixencia israelí (Mossad) descubriu o coñecido como "documentos iranianos" revela que Irán tivo un programa secreto de armas nucleares desde hai moitos anos, e mantén este programa nunha clara violación do acordo do PAIC. O réxime iraniano tamén extorsiona descaradamente á comunidade internacional ameazando o tránsito dos buques petroleiros a través da rexión. Irán utiliza este método para así amedrentar á comunidade internacional e persuadila de que sería mellor para esta permitir o programa de acción do PAIC e evitar as sancións

A comunidade internacional agardaba que o PAIC abrise unha oportunidade para que o réxime iraniano utilizase os recursos do levantamento das sancións para mellorar a economía e o benestar do pobo iraniano e de paso converterse nun membro fiable da comunidade internacional. En cambio, o réxime dos aiatolás gastou miles de millóns en financiar guerras sanguentas e milicias mercenarias en todo o Oriente Medio. En Siria, a forza Quds, no Líbano, Hezbolláh (que ten fábricas para a conversión de mísiles de precisión, a escasos metros do aeroporto internacional de Beirut). En Iemen, os Hutíes están a atacar aos buques petroleiros, instalacións e aeroportos sauditas. En Gaza, Hamás e Yihad Islámica seguen disparando miles de foguetes contra a poboación civil israelí. Os organismos de seguridade occidentais desbarataron varios ataques terroristas organizados por parte de axentes iranianos tanto nos Estados Unidos como en Europa. Esta actividade terrorista global é promovida e patrocinada pola Garda Revolucionaria Islámica iraniana.

Un pode ou non estar de acordo coa decisión unilateral de Estados Unidos de retirarse do acordo, pero indubidablemente é evidente que o PAIC  concédelle a Irán un camiño para acadar armamento nucleares nun futuro próximo, permitíndolle afortalar a súa estrutura militar e expandir as súas políticas desestabilizadoras en todo Oriente Medio baixo o paraugas do acordo.

O admirable patrimonio cultural e histórico da histórica gran nación de Irán, que enriqueceu a historia da civilización, vese eclipsado polas inxustificables ambicións militares nucleares dos Aiatolás. O réxime teocrático está a privar ao pobo iraniano da oportunidade de desempeñar un papel importante no escenario internacional. En lugar de investir no progreso e benestar do seu pobo, Irán prioriza o desenvolvemento da súa capacidade ofensiva militar con mísiles nucleares e balísticos e o apoio do terrorismo internacional.

É esencial que a comunidade internacional se una para atopar unha solución que garanta verdadeiramente que Irán nunca se converta nunha potencia nuclear, nun novo acordo que afronte as ambicións hexemónicas iranianas na rexión, que deteña o seu apoio ao terrorismo e que poña fin ao seu desenvolvemento de mísiles balísticos. 

Pódese confiar realmente nun réxime que enganou constantemente? A comunidade internacional debe esixir un cambio radical na política do réxime e implementar un método verificable para garantir que Irán xa non representará unha ameaza. Lamentablemente a campaña de máxima presión actual de EE.UU. é a única ferramenta diplomática efectiva contra o réxime iraniano. Manter as presións e intensificalas evitará o perigo dunha guerra rexional e sen dúbida producirá resultados positivos visibles.








01/04/19

Contra Eurovisión en Israel (e Israel en Eurovisión)?




Por Pedro Gómez-Valadés

Escoitamos estes días da celebración en Santiago de Compostela dunha gala contra a participación de Israel en Eurovisión (e de Eurovisión en Israel). Excuso dicir que mesturar un certame musical internacional coa política é non só un erro, é unha maldade esteril

Desde logo e ainda que os seus promotores dixeran o contrario, os chamados ao boicot non promoven a paz, nin consiguen que as partes en conflito sexan máis flexibles. Necesariamente flexibles. Pola contra os esforzos encamiñados a impulsar e promover o boicot dividen ainda máis ás sociedades en litixio.
O conflito palestino-israelí non é sinxelo, non é un debuxo en branco e negro. Cada bando terá que traballar arreo na procura das mellores condicións para a paz, culpar e sancionar a un só bando non contribúe en nada a tarefa de achegar posturas, algo esencial se realmente queremos ver algún día un horizonte pacífico e de boa convivencia entre palestinos e israelis. Boicotear a Israel, aos produtos israelís, a cultura israelí, o deporte israelí, ou a Eurovisión en Tel Aviv, non fomenta precisamente que os líderes palestinos vexan necesarias as negociacións, de feito, co boicot contra "o outro bando" móstraselles que non é precisa ou cando menos esencial a negociación, porque outros están xa dispostos a ferir ao "inimigo", económica e politicamente. Boicotear a Israel non contribue a axudar aos palestinos na mellora da calidade das súas vidas, nin a construir o seu futuro Estado, nin xa que logo, a desenvolver as indispensábeis institucións democráticas palestinas.

O boicot contra Israel é un movemento destrutivo, unha clara apoloxía do antisemitismo por moito que os seus promotores e activistas se travistan baixo o disfraz do "antisionismo". Se  en verdade pretendemos facer un contributo positivo para a imprescindible paz, colaboremos entón cos esforzos e cos programas de apoio mutuo, de interrelación entre a sociedade civil israelí e palestina, pero non engadamos incomunicación onde é precisa unha sobredose de intercomunicación. Noutras palabras, investir na paz e convivencia, non en enfatizar as dirferenzas, na falta de cobertura e nas chamadas perdidas. O argumentario en apoio ao boicot busca só xustificar e deslexitimar ao Estado xudeu de Israel. Os responsábeis dos esforzos do boicot curiosamente nunca mencionan a ameaza terrorista permanente coa que convive Israel, e nunca teñen a ben mencionar a grupos islamofascistas como Hezbolláh, Hamas, Yihad islamica... Ignoran a mantenta as décadas de permanente acoso e derribo contra Israel con guerras e terrorismo. 
 
Apoiar o chamado ao boicot contra Israel é dar cobertura as forzas máis reacionarias da rexión e do mundo. Os promotores do chamado BDS (Boicot, Desinversión, Sancións) alíñanse de facto con Hamas ou Hezbollah, dous dos movementos políticos máis represivos, reaccionarios e fundamentalistas do mundo. Que organizacións supostamente progresistas ou de esquerdas apoien implicitamente -e incluso explicitamente- a grupos desta caste, e unha delirante contradicción cos máis fundamentais valores que seica din defender. Claro que é moito máis doado atacar, criminalizar e tentar deslexitimar a Israel que "convencer e persuadir" a Hamas, a Yihad islamica ou Hezbollah de que deben respectar os dereitos humanos, os dereitos civís, os dereitos das mulleres, os dereitos das minorías...dos propios palestinos. 

En definitiva, abramos portas e fiestras, tendamos pontes entre israelís e palestinos, entre palestinos e israelís. Xamais derrubar pontes, pechar fiestras e portas contribuirá a paz.

05/02/19

Barrabasadas



Por Pablo Veiga*

La Academia de cine española entregaba los premios Goya recientemente, cuya gala se celebró en la ciudad de Sevilla. Como mejor cortometraje documental resultó ganador Gaza, que reflejaba las consecuencias de la incursión israelí en la Franja el verano de dos mil catorce. Los directores de la cinta aprovecharon su momento de gloria al recoger el galardón para lanzar auténticas barrabasadas por su boca, definiendo a Israel como un estado que practica el terrorismo y el aparheit con los palestinos y conminando al boicot al próximo festival de Eurovisión, que tendrá lugar en Tel – Aviv la próxima primavera.
Sin entrar en el contenido del documental y, dando por descontado que prima la libertad de creación y por supuesto de expresión, los ínclitos Carlos Bover y Julio Pérez del Campo, responsables de la película, merecen cumplida contestación, ya que uno no puede permanecer callado ante esas proclamas burdas y repetitivas, cargadas de odio y maldad. Ambos “artistas”, nada más finalizada la gala, ya fueron objeto de multitudes y contundentes críticas, con variados y acertados argumentos. El antisemitismo más feroz se escuchó en la voz de estos dos señores, a los cuales les invitaría a rodar un venidero documental en las poblaciones y kibutzim ubicados en el entorno de la Franja de Gaza. Que visiten a las familias que ahí residen y que han recibido miles de agresiones en forma de misiles durante la última década. Que les tomen declaración de cómo es su cotidianidad, cómo se sienten al dejar sus niños en el colegio o cuándo trabajan las tierras o en cualquiera de sus quehaceres diarios. Siempre con un ojo en el cielo y los oídos bien abiertos para escuchar las sirenas que anuncian la llegada de otra bomba. Porque en ese caso, apenas dispondrán de veinte segundos para alcanzar los correspondientes refugios, aunque con suerte, la denominada Cúpula de Hierro, un sistema que cuesta al erario israelí millones de euros cada año, se encargará de arruinar el objetivo del grupo criminal de Hamás, que no es otro que matar y destruir, cuánto más, mejor. Y ya que tienen tanta devoción por la lucha del pueblo palestino, en la misma Gaza podrían rodar las condiciones de vida en sus propias cárceles, en primer lugar. A continuación, tendrían un magnífico reportaje con una exhaustiva investigación sobre la finalidad de las ingentes sumas de dinero que en los últimos decenios han ido a parar a las arcas de las autoridades palestinas. Qué destino lleva todo ese caudal, en qué se invierte y cómo afecta a la calidad de vida del pueblo por el que estos cineastas sienten tanta devoción. Sería interesante que mostraran a la audiencia española esos túneles construídos hacia suelo israelí, una infraestructura que requiere de una considerable financiación, y cuál es la finalidad que persiguen sus promotores.
Quizás así, los disparates que escuchamos tras haber recibido tan importante galardón se los pensarían mejor y su discurso variaría substancialmente. El prestigio de los principales premios del cine español lo agradecería.

*Pablo Veiga é socio de AGAI e colaborador habitual no semanario israelí AURORA

20/01/19

Amos Oz. Hasta siempre, maestro


Por Pablo Veiga
Artigo publicado no xornal israelí AURORA
www.aurora-israel.co.il

Finalizando el año, justo el 28, cuando en el calendario cristiano se conmemora la matanza ordenada por el rey Herodes sobre los niños menores de dos años originarios de Belén para deshacerse de Jesús de Nazareth, denominado día de los santos inocentes, conocíamos el fallecimiento del escritor Amos Oz, uno de los más grandes genios de la literatura israelí y en lengua hebrea. La triste noticia, rápidamente se divulgó a través de los medios de comunicación y redes sociales, suscitando el pesar general, así como un amplio reconocimiento al bagaje como escritor y hombre de paz.

Amos Oz había nacido en la Ierushalaim bajo mandato británico, en el año 39; de orígenes muy humildes, a una edad muy temprana surgió en él una inusitada devoción por la lectura. Hijo único, su infancia no resultó sencilla, aunque más dura sería su adolescencia, tras la trágica muerte de su madre y la posterior del padre. El paso por el Kibutz Hulda marcaría su vida, tanto personal –allí se enamoraró de la que sería su esposa- como literaria, ya que fue en ese entorno dónde comenzó a escribir sus primeras obras. 

Un servidor puede presumir de haber leído algunas de las varias docenas de publicaciones que a lo largo de su prolífica vida vieron la luz. Destacaría la sencillez de su prosa, lo que derivaba en una facilidad asombrosa para comprender el mensaje, así como la gran capacidad de emocionar con las historias narradas. Aquel que desee un conocimiento de la realidad israelí, desde la declaración de independencia hasta los tiempos actuales, tiene en sus escritos una fuente de información considerable.

Aunque no obtuvo un más que merecido premio Nobel, sí forman parte de su currículum numerosos galardones, tanto dentro como fuera de Israel, entre los que cabe destacar el prestigioso Príncipe de Asturias de las Letras, en 2007. 

La figura del señor Oz ha sido reconocida a nivel mundial. Además de la mencionada faceta como autor - novelas, cuentos, ensayos y artículos en múltiples periódicos-, destacó por su implicación en la búsqueda de soluciones al conflicto palestino-israelí. Ese compromiso le llevó a ser uno de los promotores en los años ochenta del movimiento Paz Ahora, desde el cual se condenaba la presencia de colonos judíos en los territorios de Gaza, Judea y Samaria, tras la Guerra de los Seis Días. Esa postura ha generado una fuerte controversia en una sociedad como la israelí, víctima de atentados atroces contra su población civil a lo largo de todos estos años. Por el contrario, ello ha servido en los círculos occidentales pro palestinos para loar su pensamiento, calificándolo como combatiente de la paz, sin reparar en que Amos Oz, aún siendo partidario de la existencias de dos estados y crítico con alguna deriva de ciertos gobiernos israelís, era un sionista convencido y en absoluto se le podría acusar de “entreguista” a la causa de aquellos que anhelan la destrucción total de Israel. 

“Los seres humanos no somos ni buenos ni sanos”, decía.
Z.L., Amos Oz. Descanse en paz.


14/01/19

O mentor político de Netanyahu e contrario aos acordos de paz




Por Pedro Gómez-Valadés
Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia
 
Moshé "Misha" Arens, nado na extinta Unión Soviética no ano 1925 pasará a historia de Israel por dous motivos principais: un, a súa ampla e exitosa carreira de servizo público e segundo -e non menor-, ter sido o "descubridor" e titor político do actual primeiro ministro Benjamin Netanyahu.

Moshé Arens foi ademais de chanceler con Isaac Shamir. ministro de defensa en tres ocasións e embaixador en Washington no ano 1982, levando daquela como segundo da legación a un mozo Netanyahu, Do seu paso por Defensa é recoñecido dentro e fóra de Israel como unha peza fundamental no desenvolvemento da actual potente industria aeronáutica e militar israelí. Como deputado na Knesset (parlamento israelí) foi electo en diferentes lexislaturas entre os anos 1973 e 1992 e posteriormente entre 1999 e 2003

Arens e a súa familia emigraron no ano 1939 desde a URSS a Estados Unidos onde formouse como enxeñeiro aeronáutico nos prestixiosos Institutos Tecnolóxicos de Massachusetts e California, chegando a servir no exército norteamericano durante a Segunda Guerra Mundial antes de establecerse xa definitivamente en Israel no ano 1948.

Moshé Arens foi sen dúbida toda a súa vida fiel na súa adscrición política, comezando o seu activismo no movemento xuvenil Beitar do precursor do Likud, o Herut de Menahem Begin onde sempre militou ate o seu falecemento esta pasada madrugada aos 93 anos.

Mais a longa traxectoria política de Moshé Arens non ten no propio Israel unha valoración uniforme. Porque a pesar de ter sido columnista habitual no xornal da esquerda pacifista israelí HAARETZ, a súa posición política e militar foi sempre conservadora. moi dura e firme, posicionándose como escéptico -cando non contrario- a diferentes tratados de paz asinados por Israel, desde a retirada do Sinaí e a paz con Exipto aos Acordos de Camp David e Oslo. Descanse en Paz Moshé Misha Arens.


27/11/18

La noche transfigurada. Por Manuel Rivas




Por Manuel Rivas
Artigo publicado no PAÍS SEMANAL (25.11.2018)
 
En la Conferencia de Wannsee, una vez acordada la “solución final a la cuestión judía”, los gerifaltes nazis se deleitaron con música clásica

Ahora suena Diminuendo In Blue And Crescendo In Blue, de la banda de Duke Ellington, y parece que nada se caerá en el mundo mientras dure el solo de saxo de Paul Gonsalves. Otra vez. Y otra vez. En la cronología de las maravillas, debería estar incluida esta fecha: 7 de julio de 1956, en Newport. El jazz genera un tiempo de apoyo mutuo y libertad personal. Y su naturaleza es un acto de desobediencia creativa, orillero y mestizo. Cuando parece acomodarse, siempre acude un viento de sublime marginalidad.

Vayamos unos pocos años atrás, a una reunión secreta en una mansión de Wannsee, en el paradisiaco distrito berlinés de Zehlendorf. 

De los 15 altos cargos y funcionarios, “los mejores y más brillantes del Reich”, la mayoría eran doctorados. De formación muy culta. Y melómanos. Cuando cayó el día, el 20 de enero de 1942, al calor de la lumbre de las chimeneas de la villa de Wannsee, una vez acordados los detalles técnicos para la “solución final a la cuestión judía”, los reunidos compartieron coñac y una sesión de música de clásicos germanos. Las llamas saltarían de la lumbre a sus ojos si, de repente, sonase Felix ­Mendelssohn. Prodigioso, romántico, germano, pero judío. Su música había sido prohibida. Expulsada al silencio.

Uno de los doctorados asistentes a la Conferencia de Wannsee era Roland Freisler, presidente del Tribunal del Pueblo, la máxima instancia. Todos los testimonios lo retratan como un canalla con toga, pero no faltan hoy quienes merodeen su Derecho penal de voluntad. Llenó más de un cementerio con sus sentencias de muerte, incluidos los jóvenes estudiantes antinazis de la Rosa Blanca, a quienes ordenó ejecutar con guillotina. No sé si su muerte fue un acto de justicia poética, pero algo hay. Ocurrió en 1945, en Berlín, durante el juicio a un miembro de la resistencia. Nada más empezar, Freisler ya emitió veredicto. Le espetó al acusado que su destino directo era “el infierno”. Y obtuvo esta respuesta: “Le permito ir delante”. Al poco, hubo un bombardeo y Freisler se fue al infierno.

En realidad, creo que ya había estado antes. Cuando imagino la más acabada representación del infierno pienso en aquella reunión de la mansión de Wannsee. La sesión de trabajo, dirigida por Reinhard Heydrich, jefe de la Policía Secreta del Estado (Gestapo), transcurrió con gran diligencia. Sacar adelante una sola vida es un proceso muy laborioso. Pero borrar millones de vidas puede ultimarse en un periquete. Wannsee es el infierno. Son criminales que han ido más allá del crimen conocido. Pero ellos nunca se verán así. Son eficientes funcionarios imperiales. Los más brillantes. Ahora escuchan embelesados.

También Hitler era un melómano. Incluso supervisaba personalmente el Festival de Bayreuth, el templo de Wagner. En Nietzsche contra Wagner, el filósofo establece un paralelismo entre la idolatría imperial y el ritmo wagneriano: “Instrumentos violentados con sarna ceremonial”.

Cierta cultura hizo y hace mucho daño como envoltorio de barbarie. Pero ni siquiera Wagner tuvo la culpa. Puedes escuchar La cabalgata de las valquirias una y otra vez y acabarás oyendo una parodia. Los nazis trataron de acallar la música de aquellos que odiaban. La Entartete Musik, la “música degenerada”. El jazz fue un enemigo a combatir. Llegaron a asesinar a miembros de la directiva del Hot Jazz francés. La degeneración estaba en los oídos del odio.

Odiaban la música de aquello que odiaban. La música negra, la música gypsy. Por eso persiguieron con saña a los compositores de la vanguardia dodecafónica. No había una raza dodecafónica. Pero muchos de los compositores y músicos de vanguardia eran judíos.

Tengo una relación obsesiva con ciertas piezas. Arnold Schönberg compuso en pocos días La noche transfigurada (Verklärte Nacht). Lo hizo enamorado, en 1902, y a partir de un poema de Richard Dehmel. Música y poema conservan hoy un erotismo enigmático. El sexteto de cuerdas se abre paso con música desnuda y la pulsión del pecado original: la libertad. Cuando llegó la peste, Schönberg salvó la vida en el exilio. El círculo genial de sus amigos dodecafónicos sería masacrado.

Pienso en la noche de Wannsee. Pienso en los “instrumentos violentados con sarna ceremonial”. Pienso en la noche de la humanidad. Es la hora de oír La noche transfigurada. Una vez. Otra vez. Y otra vez. Ya empezaremos el día con Paul Gonsalves al saxo. 

Ver orixinal: AQUI

A propósito de pontes e portas. Por Pedro Gómez-Valadés


Pedro Gómez-Valadés
Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia

París, decembro de 1969, Paco Ibáñez ten previsto actuar no 28 do Boulevard des Capucines, na mítica sala Olimpia. Pero nada máis facerse pública a nova da súa actuación, grupos de activistas en oposición ao réxime imperante en España fan un chamado ao boicot e cancelación do concerto. Outro tanto sucede con Serrat, Buñuel, ou as conferencias na Sorbona de Semprún. Evidentemente estas case surrealistas situacións nunca tiveron lugar, a solidariedade internacional contra a España franquista xamais boicoteou aos artistas, intelectuais, deportistas... españois que levaban a súa arte e o seu saber polo mundo adiante. Realmente imaxinar unha manifestación na porta do Olimpia é un auténtico disparate... ou non..Porque a día de hoxe si hai situacións reais semellantes que poden suceder -e suceden-  nas nosas universidades ou en outros posibles escenarios, xa que ao aveiro da lexítima solidariedade con Palestina, grupos internacionais tamén presentes no noso país, promoven campañas de boicot contra calquera que proceda dun só estado no mundo, só un, contra calquera cidadán israelí.

Estas campañas levadas a cabo coa falsa coartada da solidariedade, son un grave atentado contra esa mesma solidariedade que din erguer como bandeira. Porque ademais de que o conflito palestino-israelí non pode resumirse nun guión en branco e negro, de bos e malos, estas accións antiisraelís son fondamente destrutivas para o que seica din pretender.

O camiño da paz non precisa de portas e fiestras pechadas, de pontes dinamitadas...o que realmente debera mover a quen queira apoiar a resolución do conflito é a empatía cos dous pobos, cos dous dramas que merecen un futuro xusto. E as campañas de BDS, coas súas indecentes ameazas e chantaxes, co seu castigo colectivo contra todos os cidadáns israelís, coa súa semente de odio antisemita non axudan en absoluto a xerar a necesaria atmosfera entre as partes que debe levar á mesa de negociación a palestinos e israelís.

21/11/18

¡Cuidado con algunos amigos…! Por Pablo Veiga


Por Pablo Veiga
Artigo publicado no xornal israelí AURORA
 
¡Cuidado con algunos amigos…!

A lo largo de la Historia, existen numerosos ejemplos donde pueblos avasallados por otro estado más fuerte sintieron empatía por aquellos cuyo rival era el mismo, es decir, se compartía enemigo. Hemos asistido a extrañas alianzas, como las observadas durante la segunda guerra mundial con la Alemania nazi tanto en Ucrania como en Bretaña. Los primeros vieron en Hitler a un aliado para desprenderse del yugo comunista soviético. Los bretones anhelaban disponer de mayores cuotas de autogobierno frente a una Francia tradicionalmente centralista y jacobina. Craso error resultaron ser esas dos amistades de conveniencia para ambas nacionalidades.

Israel, desde el mismo momento de su declaración de independencia ha estado permanentemente cuestionado y amenazado. Hoy en día, las enemistades siguen siendo notables y palpables, no solamente en su entorno geográfico más cercano, sino también en el resto del mundo, donde se hacen llamados sin ningún tipo de disimulo al boicot y sabotaje de todo aquello que huela a israelí o judío. El antisemitisto sigue vigente lamentablemente, produciéndose episodios criminales tanto en Europa como en Estados Unidos o Australia.

Ante este panorama, lógicamente uno busca aliados y agradece cualquier tipo de apoyo o solidaridad, venga de dónde venga y sea como sea quién se postula a ello. Salvando las distancias con los ejemplos señalados anteriormente, cierto es que Israel debería cuidarse mucho a la hora de echarse en brazos de personajes como el recientemente elegido presidente de Brasil, el señor Jair Bolsonaro, a pesar de su explícito apoyo, incluída la propuesta de traslado de la embajada a Ierushalaim. No será esta columna un foro en el cuál se cuestione la absoluta legitimidad y la innegable legalidad en el proceso de elección de ningún candidato en cualquiera de las elecciones democráticas que tienen lugar a lo ancho y largo de nuestro planeta, siempre y cuándo existan plenas garantías democráticas. Uno no es quién de enjuiciar, ni de menospreciar el sentido del voto de cincuenta y siete millones de brasileiros que votaron a una opción; ni siquiera entrar en las motivaciones de esos resultados. Y el mismo argumentario servirá en cualquier otro país. El pueblo es soberano y sus mandatos en las urnas, para bien o para mal, sagrados.

Aún así, uno no puede ser ajeno a lo que ha oído y leído sobre ciertas proclamas del presidente electo de la principal economía sudamericana, atreviéndose a rebatirlas. Sus halagos a la dictadura militar, lamentándose de no haber asesinado a más compatriotas suyos, resultan vomitivos. No menos deleznable es su desprecio por la cuestión ambiental, al prometer casi total vía libre a las industrias madereras y otras dentro de la Amazonía, cuyas consecuencias serían terroríficas no solamente para las poblaciones nativas que viven en esa cuenca desde hace miles de años, sino para el conjunto de la Humanidad. Y por último, sus exabruptos sobre la mujer y homosexuales. Burdos e inaceptables. 
 
Voto de confianza, por descontado. Pero tengamos claro que los enemigos de mis enemigos no siempre resultan ser fiables amigos.

Pablo Veiga
Socio de A.G.A.I. – Asociación Galega de Amizade con Israel-




27/09/18

A propósito de pontes e portas




Por Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI*

París, decembro de 1969, Paco Ibáñez ten previsto actuar no 28 do Boulevard des Capucines, na mítica sala Olimpia. Pero nada máis facerse pública a nova da súa actuación, grupos de activistas en oposición ao réxime imperante en España fan un chamado ao boicot e cancelación do concerto. Outro tanto sucede con Serrat, Buñuel, ou as conferencias na Sorbona de Semprún. Evidentemente estas case surrealistas situacións nunca tiveron lugar, a solidariedade internacional contra a España franquista xamais boicoteou aos artistas, intelectuais, deportistas... españois que levaban a súa arte e o seu saber polo mundo adiante. Realmente imaxinar unha manifestación na porta do Olimpia é un auténtico disparate... ou non..Porque a día de hoxe si hai situacións reais semellantes que poden suceder -e suceden- nas nosas universidades ou en outros posibles escenarios, xa que ao aveiro da lexítima solidariedade con Palestina, grupos internacionais tamén presentes no noso país, promoven campañas de boicot contra calquera que proceda dun só estado no mundo, só un, contra calquera cidadán israelí.

Estas campañas levadas a cabo coa falsa coartada da solidariedade, son un grave atentado contra esa mesma solidariedade que din erguer como bandeira. Porque ademais de que o conflito palestino-israelí non pode resumirse nun guión en branco e negro, de bos e malos, estas accións antiisraelís son fondamente destrutivas para o que seica din pretender.

O camiño da paz non precisa de portas e fiestras pechadas, de pontes dinamitadas...o que realmente debera mover a quen queira apoiar a resolución do conflito é a empatía cos dous pobos, cos dous dramas que merecen un futuro xusto. E as campañas de BDS, coas súas indecentes ameazas e chantaxes, co seu castigo colectivo contra todos os cidadáns israelís, coa súa semente de odio antisemita non axudan en absoluto a xerar a necesaria atmosfera entre as partes que debe levar á mesa de negociación a palestinos e israelís. 

* Artigo publicado no xornal LA VOZ DE GALICIA o 10.09.2018 

04/06/18

ETA e Hamas




Por Pedro Gómez-Valadés

Asistiamos hai unhas semanas ao tan anhelado final de ETA. Co seu fin chegou a hora do reconto último de vítimas ocasionadas durante décadas polo terrorismo etarra. A cifra final é froito da verificación por parte do sistema policial, sanitario e xudicial dun estado democrático e de dereito con todas as garantías que isto conleva, mesmo para os propios terroristas.

Asistiamos a pasada semana a violentos incidentes na fronteira de Gaza nos que Hamas ofreceu un número de vítimas que, a pesar de proceder dunha organización sinistra e terrorista, foi recibido pola opinión pública e os medios de comunicación sen ningún cuestionamiento nas cifras, sen que teñamos constancia de ningún sistema de verificación fiable.

O sucedido na fronteira de Gaza é sen dúbida unha terrible traxedia, toda morte evitable de seres humanos o é. Pero na miña opinión hai que distorsionar e retorcer moito a realidade para poder responsabilizar diso ao estado de Israel, esquecendo a perversa utilización que dos gazeties fai un grupo terrorista que goberna de forma totalitaria e que utiliza como arma propagandística aos seus cidadáns, lanzándoos, a pesar de todas as advertencias, contra o valado fronteirizo con Israel, detrás da cal, non nos esquezamos, hai civís aos que o estado de Israel -como calquera outro estado- ten a obriga de protexer. Porque imaxinemos cal sería a situación se algún grupo de militantes de Hamas conseguira atravesar a liña fronteiriza e chegar a algún dos kibbutz ou pobos israelís que se atopan xa a 300 ou 500 metros do valado, o escenario con certeza sería dantesco.

Mais as mortes, sexa o número que realmente sexa, é responsabilidade de quen os provoca e utiliza para así obter réditos propagandísticos sen ter en conta no máis mínimo os dereitos humanos dos seus cidadáns.

Eramos testemuñas hai unhas semanas do punto final de ETA. Oxalá, máis cedo que tarde, poidamos ser testemuñas tamén do final dunha organización terrorista aínda máis sanguinaria, como é Hamas. Sen dúbida a súa desaparición será positiva, en primeiro lugar, para os propios palestinos que directamente a padecen e, en segundo lugar, tamén para o urxente proceso de paz israelo-palestino constantemente saboteado e torpedeado polo islamismo radical da organización terrorista Hamas.

12/11/17

Vintecinco anos despois, Reuven Rivlin. Por Pedro Gómez-Valadés


Por Pedro Gómez-Valadés*

Corría o ano das milagres, o inesquecible 1992, o ano dos Xogos Olímpicos de Barcelona, da Exposición Universal de Sevilla, do quinto centenario do descubrimento de América e dunha cuarta efeméride máis, efeméride esta que en contraposición da grande carga positiva das tres citadas, esta cuarta conmemoración foi un amargo recordatorio dun dos máis negros episodios da longa historia de España. Sucedeu no ano 1492 de infausta lembranza para a comunidade xudía por ser este o tempo no que os Reis Católicos decretaron o seu edicto de expulsión dos xudeus das terras dos seus reinos. 

Cinco séculos despois o daquela presidente do Estado de Israel, Chaim Herzog viaxou a España, a nunca esquecida terra de Sefarad,  en visita de Estado.  Había só 6 anos do establecemento de relacións diplomáticas entre España e Israel sendo os xefes de goberno respectivos Felipe González e Shimón Peres. Ao longo dos 31 anos de diplomacia directa entre Madrid e Xerusalén, as relacións foron boas aínda que manifestamente mellorables. Moitas tomas de posición de España na política internacional non axudaron, máis ben ao contrario, á mellora da confianza e ao estreitamento das relacións hispano-israelís. 

Agora, 31 anos despois da sinatura de intercambio de Embaixadas e 25 anos despois da ate hoxe única visita de Estado dun presidente de Israel a España, a recente viaxe do actual presidente Reuven Rivlin ven a confirmar a mellora e afortalamento das relacións España-Israel. Avance moi notable en todos os eidos: económico, cultural, turístico, de seguridade, etc... pero aínda con moita marxe de mellora. Lembremos que desde o establecemento de relacións diplomáticas en 1986 entre Madrid e Xerusalén, tanto Felipe González, coma José María Aznar e José Luís Rodríguez Zapatero viaxaron en visita oficial a Israel. Faltando ate agora a desexable -e coido que necesaria- viaxe a Terra Santa de Mariano Rajoy. Viaxe esta que sen dúbida suporá un forte impulso ao estreitamento das relacións e amizade hispano-israelí. Porque non esquezamos que para o pobo xudeu España sempre será a vella Sefarad, parte fulcral da súa longa viaxe pola historia.

Agardo e fago votos porque non teñamos que esperar outro cuarto de século para que un presidente israelí visite de novo España. Shalom presidente Rivlin.

*Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI). Artigo publicado nos xornais Atlántico. La Región, El Progreso e GaliciaConfidencial

27/10/17

De nuevo el fútbol

O xogador español Marco Asensio en Xerusalén

Por Pablo Veiga
Artigo publicado no semanario israelí AURORA

En la pasada primavera, en esta misma columna nos hacíamos eco del revuelo causado entorno al partido de fútbol entre las selecciones de España e Israel, que se celebraba en Gijón, ciudad cuyo ayuntamiento había decidido sumarse a la campaña de boicot promovida por los secuaces del movimiento BDS. Mucho ruido mediático, manifestación incluida, pero el encuentro se disputó sin lamentar mayores incidentes.

Muy recientemente, en Ierushalaim, se ha disputado el útimo partido de la fase de clasificación para el mundial de Rusia, con todo decidido en el grupo, donde España ya tenía su billete e Israel había perdido todas sus opciones. En el día previo al choque, la expedición española realizó un pequeño tour por las calles de la capital, en la que no podía faltar la visita al Muro de las Lamentaciones, despertando la curiosidad de los aficionados locales al contemplar de cerca sus ídolos futbolísticos. En ese paseo, el jugador del Real Madrid, Marco Asensio, llamado a ser uno de los grandes a nivel mundial, decidió hacerse una fotografía con el Kotel a sus espaldas, donde también se visualizaba una bandera israelí, y subirla a las redes sociales. 

Las reacciones al inocente gesto de la joven promesa del fútbol español no se hizo esperar; innumerable cascada de reacciones con todo tipo de improperios y ataques al jugador. Desde insultos a su presunta ignorancia, conminándolo a que se documentara, a sentencias tales como que Israel es una ocupación de toda Palestina y por lo tanto no tendría que existir. Las proclamas anti israelís llenas de odio copaban la práctica totalidad de esos tuits. Sí existieron algunas contestaciones apoyando al deportista y contrarrestando los abruptos de aquellos que desde luego con su parcialidad y falta de rigor difícilmente puedan ayudar a la llamada causa palestina. Evidentemente, el jugador, de veintiún años, no entró en la discusión, porque tampoco sabría qué responder luego de subir a la red una foto en la ciudad donde iba a jugar un partido de fútbol.

Otra imagen, esta vez en el terreno de juego, tras el pitido final, con el jugador español Isco de protagonista, también dio que hablar en los medios de comunicación españoles. Varios aficionados saltaron desde la grada del estadio al campo cuando los jugadores se saludaban e intercambiaban las camisetas. Lógicamente, la seguridad actuó contundentemente placando a los espontáneos y reduciéndolos. Pues algún avispado creyó intuir la presencia de una especie de cuchillo a uno de esos aficionados que se dirigía hacia el jugador Isco. Nada más lejos de la realidad. Esas informaciones fueron tajantemente desmentidas por las autoridades policiales israelís, ya que en ningún momento el plantel de la selección española corrió peligro. No obstante, este “incidente” se aprovechó para rellenar espacios deportivos en radios y televisiones y para dar cabida a aquellos que esperan la mínima oportunidad para el ataque contra Israel.

Esperemos nuevos enfrentamientos entre ambas selecciones y también entre clubes. Seguro que no faltarán este tipo de absurdas polémicas. Pero como siempre, el deporte será un bálsamo ante la rabia.
*Pablo Veiga é socio de AGAI en Lugo

16/04/17

Un simple partido de fútbol. Por Pablo Veiga

Abel García, membro da Xunta Directiva representou a AGAI no partido disputado en Gijón

Por Pablo Veiga

Recientemente se celebró un encuentro entre las selecciones de fútbol de Israel y España, valedero para el mundial que tendrá lugar en Rusia el próximo año. La casualidad quiso que la ciudad elegida para el evento fuera Gijón, en la comunidad autónoma asturiana, cuyo ayuntamiento adoptó por mayoría de sus ediles adherirse al boicot contra todo lo relacionado con el estado de Israel, incluido sus escuadras deportivas, siguiendo la estela del movimiento BDS. Un acuerdo adoptado por otros municipios de la geografía española, -tristemente, alguno de Galicia-, que la Justicia declaró ilegal posteriormente.

Los equipos israelíes han jugado en España a lo largo de los años. El más conocido, sin duda, Maccabi de Tel-Aviv en baloncesto, cuyos enfrentamientos contra el Real Madrid o Barcelona han estado cargados siempre de emoción. Otras disciplinas, como el fútbol, también nos habían visitado previamente. En realidad, salvo alguna que otra pancarta o comunicado mal sonante, las incidencias han sido insignificantes.

Pero esta vez, organizaron una manifestación de protesta con un lema esperpéntico: “Tarjeta roja a Israel”. Huelga señalar que ha resultado un completo fracaso, tanto en la participación de esa marcha como en el trato hacia la delegación israelí, así como a sus aficionados, correcto en todo momento. La polémica estuvo servida desde el principio. La selección nacional de fútbol de Israel jugaba en una plaza cuyo ayuntamiento boicoteaba al país que representaba. Las medidas de seguridad, como no podía ser de otra forma, fueron extraordinarias. Pero el deporte se impuso a la desinformación y al tremendo desconocimiento e ignorancia que existe por estas latitudes cuando se trata de Israel y el conflicto con los palestinos. El encuentro se desarrolló con normalidad y el equipo español se llevó los tres puntos en juego con relativa facilidad.

De nuevo, a los que nos declaramos amigos de Israel y del pueblo judío nos tocó salir a la palestra para contrarrestar los burdos ataques y absurdas proclamas que se han oído en las últimas semanas. El supuesto racismo del sionismo se desbarata ojeando la alineación de la selección en esa disputa, con jugadores árabes en su plantel. Por último, nunca nos cansamos, a pesar de reiterarlo hasta la saciedad, la doble vara de medir de estos activistas, al no mostrar similares ansias en denunciar y condenar auténticas atrocidades que se están cometiendo a lo largo y ancho de este mundo, especialmente en esa pequeña porción de tierra disputada y en otras adyacentes. Seguro que sus habitantes lo agradecerían. Por supuesto, no nos olvidamos de los ataques terroristas en suelo europeo, con matanzas indiscriminadas en aeropuertos, estaciones de tren o en plena calle atropellando y matando a los viandantes. Cuán lejos nos parecía ese modus operandi en las urbes israelíes. Y ahora lo tenemos en nuestra propia casa.

Fue un simple partido de fútbol. Un equipo enfrente a otro. La deportividad triunfó sobre el odio.

* Pablo Veiga é socio de AGAI e colaborador habitual no semanario israelí editado en español AURORA

09/03/17

Oito factores que explican o éxito e vangarda de Israel en I+D



A "jutzpá"

Hai unha palabra en hebreo que define certa característica do carácter xudeu e que se escoita moito en Israel: "jutzpá". Non hai unha tradución directa ao galego, aínda que sería unha mestura de atrevemento, ousadía, falta de respecto á autoridade, desprezo da posibilidade do fracaso, autoconfianza.

Como todos os tópicos, hai parte de esaxeración e parte de verdade, e o que sen dúbida si hai en Israel é unha actitude social que ve dunha forma máis positiva algunhas desas características, en ocasións mesmo en ámbitos nos que resultan extremadamente sorprendentes, como o militar. Sexa como sexa, esa mestura de características resulta un cóctel gañador á hora de explorar solucións tecnolóxicas ou ideas empresariais, de lanzarse a un mercado aparentemente imposible; de recuperarse da primeira quebra, e da segunda e da terceira, ate trinfar

Os problemas de partida

Unha das cousas que caracteriza a Israel na súa curta historia é a súa capacidade para sobreporse aos problemas e acabar facendo deles vantaxes competitivas: que a maior parte da superficie fose desértica, por pór un exemplo, serviu para crear toda unha industria ao redor da agricultura e o aproveitamento da auga. O gran exemplo disto é o Exército,  poucas desgrazas peores pode haber que estar rodeado de inimigos e ter que dedicar unha porcentaxe altísima da túa riqueza ás necesidades militares defensivas; pero as Forzas de Defensa de Israel (IDF) lograron desempeñar un papel enormemente positivo na sociedade israelí, máis aló das cuestións puramente militares.

Así mesmo, diríase que ser un país pequeno, con só oito millóns de habitantes (unha cifra ridícula en comparación con Estados Unidos, a Unión Europea e non digamos China) e cun idioma practicamente inaccesible ao resto do mundo parece estimular aos emprendedores israelís a buscar de partida un mercado global e a facelo, obviamente, en inglés. Esta ambición e esta amplitude de miras é sinalada polos expertos como unha das razóns do éxito de Israel en innovación.

O sistema educativo e as Universidades

A formación e a educación foron, tradicionalmente, unha das preocupacións das comunidades xudías, alí onde estivesen. Non é de estrañar, por tanto, que en Israel o sistema educativo e, sobre todo, as Universidades alcanzasen un altísimo nivel. Universidades que non só forman a técnicos e científicos de primeira categoría internacional, senón que están en contacto permanente coas empresas e o mercado e cun enfoque tremendo -tamén económico-  na investigación. As consecuencias van desde o alto número de israelís gañadores do Nobel ate a existencia de centros universitarios que ingresan moitos millóns ao ano en patentes, pasando, por suposto, por dotar dun respaldo poderosísimo á innovación no sector tecnolóxico.

O Exército

Todo aquel que fale das Start-Ups e da innovación israelís mencionará o importante papel do Exército, un dos grandes éxitos do país como sociedade que logrou converter a terrible necesidade de ter que armarse ate os dentes pola agresividade dos seus veciños na virtude de que a milicia non só sirva para a guerra, senón que sexa un eixo vertebrador da sociedade en moitos sentidos. No asunto que nos ocupa, hai varios aspectos que salientar: poida que o máis importante sexa a importancia do servizo militar como salto cara á madurez e a responsabilidade, que os israelís dan anos antes que os europeos; tampouco hai que minusvalorar a rede de relacións sociais máis aló das clases e os lugares de procedencia que se tece, tanto no tempo de servizo efectivo como nos anos na reserva.

Outro elemento, non menos importante, é o enorme gasto en investigación que fai o Ministerio de Defensa; un esforzo que, ademais, céntrase nun tipo de investigación "case pura". Os resultados, obviamente, espállanse despois tanto polo sector militar como polo civil.

A intervención pública

Outro factor importante foi a acertada política gobernamental no campo: hai que recoñecer que políticas públicas cautelosas en certo sentido pero moi atrevidas noutros lograron excelentes resultados.

Avi Hasson, máximo responsable desde hai seis anos da IsraelInnovation Authority (IIA), antes coñecida como a oficina do Chief Scientist, un organismo creado a principios dos anos 80, cando os computadores eran pouco menos que unha rareza e Internet un soño nalgunhas mentes privilexiadas. Nas súas oficinas nun moderno polígono preto do aeroporto de Tel Aviv conta que a institución que dirixe trata de axudar en todos os campos da innovación, coa única excepción do militar, que obviamente depende de Defensa, e da investigación básica, que recae en Educación.

Parte do seu traballo é axudar ás empresas como unha especie de portal único da Administración: para todo o que precisan e poden dirixirse a eles, que á súa vez contactarán co departamento correspondente. Outra das súas tarefas é xestionar liñas de financiamento, coas que se reparten uns 500 millóns de dólares ao ano, cantidade importante pero que no fondo só é aproximadamente un 5% do total que se inviste anualmente en innovación en Israel.
Un diñeiro que ten que ir aos proxectos de máis risco, aqueles que poden achegar moito coñecemento e un grande valor engadido pero que teñen máis dificultades para atopar financiamento. En calquera caso, a súa tarefa non é guiar por onde debe ir a innovación, senón máis ben crear unha infraestrutura.

Cada ano reciben unhas 100.000 peticións de financiamento, que son avaliadas por un panel duns 150 expertos que non son funcionarios senón profesionais da industria, que visitan as empresas e as analízan. Que é o que buscan estes inspectores? Hasson explíca algúns criterios que son moi ben valorados: Que se trate de desenvolver unha tecnoloxía moi avanzada, que busquen grandes mercados, que o equipo humano sexa bo e, se pode ser, que conten con partners. O prazo entre a solicitude e a resposta é dun mes, e, aínda que resulte incrible, a Hasson parécelle "demasiado tempo".

Hai varias precaucións para que esta intervención do Estado non sexa demasiado influente no rumbo que poida tomar a innovación: para empezar, non hai unha planificación previa para impulsar unha ou outra rama, senón que a xente presenta o que quere e a partir de aí elíxese proxecto a proxecto. Doutra banda, nunca se dá o 100% do financiamento, a compañía que solicita a axuda ten que conseguir doutra banda polo menos o 15%, aínda que habitualmente é unha porcentaxe bastante maior. Mesmo hai casos nos que a IIA limítase a dar unha especie de aprobado para que á empresa lle sexa máis fácil buscar financiamento noutras fontes.

Por último, aínda que non dependan da IIA, hai outra serie de políticas públicas que son moi importantes: grandes exencións fiscais, facilidades para atraer talento foráneo. A explosión do sector tecnolóxico israelí, non foi unha creación do Goberno, pero este empuxouna e alentou

A presenza de grandes multinacionais

En parte por esas políticas públicas, en parte pola adquisición de compañías locais, en parte porque o país ofrecía unha contorna adecuada, as multinacionais do sector tecnolóxico levan décadas establecéndose en Israel. Intel, Microsoft ou Dell, por pór só tres exemplos, son algunhas das empresas que teñen grandes centros de desenvolvemento ou investigación en Israel, nalgúns casos esenciais para o seu negocio en todo o mundo: o 50% dos beneficios de Intel, por exemplo, proveñen de desenvolvementos feitos en Israel. 

Esta presenza de compañías foráneas, ese acceso aos mercados de todo o mundo e esa capacidade para liderar procesos de investigación globais foron, sen dúbida, determinantes.

O ecosistema social

Israel é un país pequeno e grazas a iso mesmo nun sector que xa emprega por milleiros de miles de persoas é posible que, polo menos en certo sentido e en certos niveis, todo o mundo se coñeza. Isto fai que moitas cousas sexan máis sinxelas: desde atopar ás persoas axeitadas para cada proxecto a dar co financiamento necesario, pasando por un intercambio de coñecementos e habilidades extraordinario. Algo que ademais vese reforzado por outras peculiaridades de Israel, coma os contactos que se establecen no servizo militar e mantéñense durante os anos como reservistas, ou certa permeabilidade entre diferentes capas sociais que fan á xente moito máis accesible a todos os niveis.

Mesmo cuestións que poderían parecer anecdóticas teñen a súa influencia: o carácter de cidades como Tel Aviv ou Beer Sheva (os dous grandes polos da industria tecnolóxica israelí) contribuíu sen dúbida a xerar comunidades ao redor da innovación que son moi atractivas para o talento e nas que se desenvolve unha interacción moi produtiva para os seus protagonistas.

O gran prestixio social

Por último, hai un compoñente que segue alimentando esta onda de emprendedores e innovación: o altísimo prestixio social que acompaña ao éxito económico dos grandes emprendedores israelís. En Israel os emprendedores son como estrelas de rock ou como futbolistas, coñecidos e recoñecidos pola xente

Como podemos ver, diferentes razóns que interveñen de xeitos moi distintos e que, mesmo como un peculiar efecto secundario nalgúns casos, logran non só xerar en grandes cantidades o máis importante recurso para a innovación, o talento humano, senón darlle todas as facilidades e todos os estímulos para que explote.

* Un texto de Carmelo Jordá orixinalmente publicado en español en Libertad Digital