Amosando publicacións coa etiqueta Moaña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Moaña. Amosar todas as publicacións

12/04/15

Exposición en Moaña: "Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado".



Exposición do fofógrafo galego Daniel Candal  "Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado". Desde mañá luns 13 de abril e ate o vindeiro venres día 17, no IES A Paralaia de Moaña. (Pontevedra) 

Ese día e como acto de clausura terá lugar unha conferencia-coloquio para os alumnos na que participarán ademais do autor da exposición, as supervivintes do Holocausto que viven en Galicia: Micheline Wolanowsky-Papiernik e Annia Horszowosky


24/02/15

Conferencia de Ramon Villares: 70 aniversario da liberación de Auschwitz

Conferencia de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de historia contemporánea na USC no acto en conmemoración do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. Lembrar que este ano 2015 cúmprense os 70 anos da liberación de Auschwitz.


Concello de Moaña 70 ANIVERSARIO da LIBERACIÓN de AUSCHWITZ parte 2/2 from Carlos Galansky on Vimeo.

07/02/15

Imaxes do acto no "Var con Uve" (Moaña)

Na noite de onte venres tivo lugar no Var con Uve en Moaña, a proxección do documental "Testemuño de Micheline Wolanowsky" realizado por Óscar Galansky e editado por AGAI. Coa presenza de Francis Papiernik-Wolanowsky, filla de Micheline e Charles Papiernik, supervivinte en Auschwitz o acto contou cun numeroso público interesado na memoria do Holocausto como parte inseparable da nosa propia memoria coma europeos. Desde AGAI queremos parabenizar a Var con Uve pola iniciativa. 


Oscar Galansky (esq) xunto Francis Papiernik-Wolanowsky








31/01/15

Gran éxito da semana de actos en Moaña


Ramón Villares -segundo pola dereita- no comezo do acto
Impresionante éxito da conferencia que tivo lugar onte en Moaña co gallo do 70 cabodano da liberación de Auschwitz-Birkenau e na que centos de persoas ateigaron por completo o amplo salón de plenos do Concello para escoitar o relato directo de testemuñas da barbarie do Holocausto.
  
O salón de plenos logrou un cheo dos que moi poucos lembran no lugar. Veciños de Moaña e chegados incluso de Vigo, de todas as idades, acudiron masivamente ao acto co que se pechaba a semana dedicada a conmemoración do 70 aniversario do peche do campo de exterminio nazi de Auschwitz. O testemuño directo de Annia Heroszowski, sobrevivente do Gueto de Lvov e de Francis Papiernik, filla doutros dous sobreviventes (o pai estivo en Auschwitz), deixaron emocionado testemuño do horror dun dos capítulos máis negros da historia da humanidade. O eminente historiador Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega,  achegou o contexto histórico a unha xornada absolutamente inesquecible.
.
Dende a Xunta Directiva de AGAI queremos agradecer ao Concello de Moaña, nomeadamente ao seu Alcalde pola súa exemplar implicación e colaboración neste acto que colocou a vila da Ría de Vigo no Mapa europeo da lembranza de Auschwitz xunto con cidades de todo o noso continente. 
.
E un recoñecemento moi especial ao noso socio-fundador Carlos Galansky e ao seu fillo Oscar polo perfecto traballo desenvolvido ao longo de toda esta semana. Dende a Xunta Directiva os nosos parabéns. Mazel Tov!