Amosando publicacións coa etiqueta Antisemitismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antisemitismo. Amosar todas as publicacións

01/04/19

Contra Eurovisión en Israel (e Israel en Eurovisión)?




Por Pedro Gómez-Valadés

Escoitamos estes días da celebración en Santiago de Compostela dunha gala contra a participación de Israel en Eurovisión (e de Eurovisión en Israel). Excuso dicir que mesturar un certame musical internacional coa política é non só un erro, é unha maldade esteril

Desde logo e ainda que os seus promotores dixeran o contrario, os chamados ao boicot non promoven a paz, nin consiguen que as partes en conflito sexan máis flexibles. Necesariamente flexibles. Pola contra os esforzos encamiñados a impulsar e promover o boicot dividen ainda máis ás sociedades en litixio.
O conflito palestino-israelí non é sinxelo, non é un debuxo en branco e negro. Cada bando terá que traballar arreo na procura das mellores condicións para a paz, culpar e sancionar a un só bando non contribúe en nada a tarefa de achegar posturas, algo esencial se realmente queremos ver algún día un horizonte pacífico e de boa convivencia entre palestinos e israelis. Boicotear a Israel, aos produtos israelís, a cultura israelí, o deporte israelí, ou a Eurovisión en Tel Aviv, non fomenta precisamente que os líderes palestinos vexan necesarias as negociacións, de feito, co boicot contra "o outro bando" móstraselles que non é precisa ou cando menos esencial a negociación, porque outros están xa dispostos a ferir ao "inimigo", económica e politicamente. Boicotear a Israel non contribue a axudar aos palestinos na mellora da calidade das súas vidas, nin a construir o seu futuro Estado, nin xa que logo, a desenvolver as indispensábeis institucións democráticas palestinas.

O boicot contra Israel é un movemento destrutivo, unha clara apoloxía do antisemitismo por moito que os seus promotores e activistas se travistan baixo o disfraz do "antisionismo". Se  en verdade pretendemos facer un contributo positivo para a imprescindible paz, colaboremos entón cos esforzos e cos programas de apoio mutuo, de interrelación entre a sociedade civil israelí e palestina, pero non engadamos incomunicación onde é precisa unha sobredose de intercomunicación. Noutras palabras, investir na paz e convivencia, non en enfatizar as dirferenzas, na falta de cobertura e nas chamadas perdidas. O argumentario en apoio ao boicot busca só xustificar e deslexitimar ao Estado xudeu de Israel. Os responsábeis dos esforzos do boicot curiosamente nunca mencionan a ameaza terrorista permanente coa que convive Israel, e nunca teñen a ben mencionar a grupos islamofascistas como Hezbolláh, Hamas, Yihad islamica... Ignoran a mantenta as décadas de permanente acoso e derribo contra Israel con guerras e terrorismo. 
 
Apoiar o chamado ao boicot contra Israel é dar cobertura as forzas máis reacionarias da rexión e do mundo. Os promotores do chamado BDS (Boicot, Desinversión, Sancións) alíñanse de facto con Hamas ou Hezbollah, dous dos movementos políticos máis represivos, reaccionarios e fundamentalistas do mundo. Que organizacións supostamente progresistas ou de esquerdas apoien implicitamente -e incluso explicitamente- a grupos desta caste, e unha delirante contradicción cos máis fundamentais valores que seica din defender. Claro que é moito máis doado atacar, criminalizar e tentar deslexitimar a Israel que "convencer e persuadir" a Hamas, a Yihad islamica ou Hezbollah de que deben respectar os dereitos humanos, os dereitos civís, os dereitos das mulleres, os dereitos das minorías...dos propios palestinos. 

En definitiva, abramos portas e fiestras, tendamos pontes entre israelís e palestinos, entre palestinos e israelís. Xamais derrubar pontes, pechar fiestras e portas contribuirá a paz.

30/01/19

A banalidade dos días. Por Pedro Gómez-Valadés

Pedro Gómez-Valadés asinando no libro da memoria en Auschwitz

Pedro Gómez-Valadés
La Voz de Galicia - 30.01.2019

Descoñezo a súa orixe, desde cando existen días dedicados á conmemoración ou celebración dalgún tema de relevancia social. Supoño, que fiando no tempo, estes días virán dos dedicados aos santos e festividades que poboan o noso calendario. De certo, non hai nos 365 días do ano, nin un só que non teña sobre as súas costas unha tarefa, un motivo engadido ao seu simple uso temporal. Sendo normalmente organismos internacionais os que determinan datas para lembrar, concienciar á cidadanía dos máis diversos motivos.

E un ano máis, xurdindo no medio da friaxe dos primeiros días do calendario, xa desde o ano 2005 cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas estableceu os 27 de xaneiro (día no que as tropas soviéticas liberaron o campo de exterminio de Auschwitz) chéganos a xornada dedicada internacionalmente á memoria das vítimas do Holocausto. Febre xenocida que na barbarie infame que asolou as Europas nos anos 30 e 40 do século pasado, levouse por diante a seis millóns de xudeus culpables todos eles de seren... xudeus.
 

Fixar unha data ten unha formidable carga positiva de concienciación, pero ten tamén un importante risco, o de por mor da ritualización, banalizar con superficialidade actos e actividades que perden así vigor social á forza de transitalos sen poñer o necesario corazón no evento. O día do Holocausto é un día cunha carga emocional, social, ética, enorme. Porque é un día sementado coas almas de millóns de seres humanos asasinados na profundidade da nosa civilizada Europa, soterrados en anónimas fosas comúns ou nos cadaleitos de negro fume negro dos ceos travestidos en cemiterios.

Conmemorar este día e facer xustiza para cos mortos e para con nós mesmos. Porque nós non fumos responsables de semellante exercicio de bestialidade ao servizo do exterminio industrial. Pero nós, si seremos responsables se o feble facho da memoria se chegara a extinguir. Porque os Balcáns, Ruanda, Darfur, o xenocidio do pobo rohingya, do pobo yazidí.. son as probas de que o virus do fanatismo criminal continua vivo no mundo e xa que logo, lembrar, non esquecer o Holocausto de seis millóns de xudeus é unha vacina e un antídoto contra a resurrección dos fantasmas que teimudos néganse a desaparecer da historia.

Ver orixinal:

26/01/19

Imaxes do acto polo Día do Holocausto en Santiago de Compostela




Imaxes do acto que co gallo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, tivo lugar onte no salón nobre do Pazo de Fonseca da USC. Acto solemne organizado pola nosa asociación e a Comunidade xudía B'nei Israel coa magnífica e inestimable colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
                                 #WeRemember #NosLembramos



















02/01/19

Manipular a un neno co odio


Un cativo de 8 anos, xogador de xadrez libanés, foi aclamado como un heroe no seu país, incluído o líder de Hezbolláh, Hassan Nasrallah, por negarse a xogar contra outros cativos da súa idade pero de nacionalidade israelí nun torneo en Santiago de Compostela.

O neno, Mark Abou Deeb, dixo durante unha entrevista a semana pasada coa canle libanesa OTV que se negou a xogar contra os israelís "porque Israel é o inimigo", segundo as imaxes documentadas e traducidas polo Middle East Media Research Institute. "Moitos libaneses consideran que vostede é un heroe, verdade?", preguntoulle a presentadora Rosanna Rammal durante a entrevista o pasado 25 de decembro, preguntándolle por que se negou a competir contra os israelís. Despois de que o neno respondese: "Porque Israel é un inimigo", os dous presentadores pedíronlle repetidamente que falase máis forte e berrador un "Bravo!".

Abou Deeb competiu en novembro no Campionato Mundial de Xadrez de Cadetes en Santiago de Compostela, na categoría aberta de menores de 8 anos. Dous raparigos israelís, Guy Sivan e Tomer Sternfeld, tamén competiron nesa categoría. Os resultados no sitio web do torneo mostran que Abou Deeb non se emparellou contra ningún deles en ningunha das 12 roldas de xogo. Os informes nos medios libaneses no momento dixeron que Abou Deeb declarara con anticipación que non xogaría cos israelís xa que iso constituiría unha "normalización" co Estado xudeu. Nasrallah mencionou o tema durante un discurso o 10 de novembro.

"Temos moitos exemplos venerables de confrontar a normalización", dixo o líder do grupo terrorista. "Mark Abou Deeb, un mozo cristián libanés, participou nunha competición internacional de xadrez en España. E fixou a condición de que non xogará cun israelí porque é un inimigo. A esperanza está aquí con estes mozos!". Pola súa banda a presentadora Rammal mencionou ese discurso durante a súa entrevista con Abou Deeb.

Cando lle preguntaron se sabía quen era Nasrallah, Abou Deeb respondeu: "É un loitador da resistencia. El liberou ao Líbano de Israel". Cando lle preguntaron que quería dicirlle a Nasrallah, dixo: "Grazas".

Con certeza o rapaz libanés non tería actuado así se non fora presionado e manipulado polo fanatismo do que moitos dos seus maiores fan militancia. Sentímolo por Mark Abou Deeb e por todos os nenos que coma el son empregados como arma polo islamofascismo nunha clara violación da Convención Internacional dos Dereitos dos nenos de Nacións Unidas.
 

09/07/18

Carlos Núñez non é un nazi




O pasado luns día 21 de maio, o programa de radio "Vigo en la onda", de Onda Cero, presentado por Raquel Sánchez, emitiu na súa columna “La firma” que semanalmente asina o exconcelleiro vigués Carlos Nuñez Rodríguez, unhas palabras indistinguibles das dun neonazi. Comezou co copia e pega de mentiras habituais, fácilmente refutables; atribuiu declaracións falsas ao actual Primeiro Ministro de Israel ("Sólo matando palestinos se puede conquistar la tierra palestina"; desde aquí o animamos a achegar ditas declaracións. Grazas), que dende o 1930 demoleronse “la mayoría de las ciudades árabes” (qué cidades?), e xa entrando en calor, “durante las Segunda Guerra Mundial los judíos nunca formaron parte del frente antifascista”. 

Os desvaríos de Carlos Nuñez non terían máis relevancia de non ser porque, precisamente, non tiveron ningunha. Tras a derrota do nazismo, esa ideoloxía é xeralmente desprezada, cando non directamente ilegal. Sen embargo, os mitos medievais dos que se valeu perduran e con boa saúde. Carlos Nuñez pode formalmente rexeitar o nazismo, e continuar empregando os mesmos elementos; o dominio desde a sombra, a crueldade contra o non xudeu, ou a actuación en bloque coma un ente maléfico. 

É frecuente que quen odia aos xudeus apele á liberdade. Vense, a si mesmos, como homes libres, que falan claro e sen ataduras, o cal é certo se entendemos por ataduras as que outorga a razón. Cando Carlos Nuñez di que “durante la Segunda Guerra Mundial los judíos creían correcto el exterminio de etnias y el genocidio en Europa oriental” ou “el exterminio nazi no tuvo como objetivo el millón [sic] de muertos judíos”, está falando con liberdade. 

En concreto, liberado de calquera forma de cultura ou intelixencia, sen o molesto peso que o coñecemento supón para os espíritos xoviais. Desde aquí o animamos a que aplique o mesmo criterio a outras verdades evidentes a ollos de calquera persoa libre das manipulacións da Cultura; a bondade da xustiza popular das turbas, a submisión da muller ao home, a volta ás sangrías para curar enfermidades, o apedreamento de homosexuais, ou o xeocentrismo. 

Como a democracia xoven e acomplexada que é, en España téndese a amparar o discurso do odio dentro da liberdade de expresión. A diferenza de países cun Estado de Dereito consolidado, ainda non calou a idea capital de que a liberdade e a responsabilidade son as dúas facianas da mesma moeda. E que, se non existe censura previa, é para que cada quen actúe libremente e acepte as consecuencias. Coma outra das nosas contas pendentes coa modernidade, en España verquer odio contra os xudeus segue saíndo de balde. 

Carlos Nuñez Rodríguez non é un nazi. É parte de algo máis grande, do que o nazismo é un subgrupo. Ambos comparten filas no que Agust Babel denominou “o socialismo dos imbéciles”. Unha lexión sentimental, unida polo odio de sempre, coa careta de cada época.

03/12/16

Novos episodios antisemitas




O xornal dixital EXTRAConfidencial.com, aseguraba nun artigo de opinión asinado por Jesús Prieto no que analiza os motivos polos que a Academia sueca premiou co Premio Nobel de Literatura a Bob Dylan, que dende a liberación americana dos xudeus europeos na Segunda Guerra Mundial, "se empezó a gestar la dominación mundial del Rey David sostenida por la bandera de las 50 estrellas". Máis adiante asegura que "los mass media (de Suecia), como no podía ser de otra forma, están controlados por el órgano de poder judío".  

Continúa afirmando que o clube Bilderberg, sobre o que planean milleiros de teorías conspirativas, está formado por unha sobrerepresentación de xudeus (o 58% dos participantes son xudeus mentres que a porcentaxe de xudeus na poboación americana é de tan só o 2%). "El grupo Bilderberg, conclúe, es acusado de conspirar para para imponer un gobierno mundial...sus directrices y previsiones se van cumpliendo día tras día a un ritmo estremecedor".



Nunha sesión no Parlamento de Navarra Xavier Aguirregabiria, portavoz da organización Sodepaz en Navarra e Euskadi asegurou que: "la versión israelita y sionista está inundando todos los días la prensa internacional... Es sabido por todos que los grandes magnates sionistas controlan más del 90% de los grandes medios de comunicación".

20/02/16

O Concello de Avilés rectifica e renuncia a BDS



O sentidiño finalmente reina en Avilés e o seu concello anula a resolución de boicot a Israel e considera ilegal a proposta de BDS

Por vez primeira un concello ven de aceptar a demanda por discriminación por un acordo de boicot a Israel e grazas ao magnífico, serio e rigoroso esforzo de ACOM (Acción y Comunicación sobre Oriente Próximo) anula a súa recente declaración de BDS. 

Nunha histórica vitoria política e legal o pleno do concello asturiano de Avilés tomou en consideración o informe dos seus servizos xurídicos que ratificaba a conculcación de liberdades constitucionais da declaración antisemita.

O pasado 21 de xaneiro de 2016 o Pleno do Concello de Avilés adheriuse ao movemento BDS. Esta iniciativa ten unha mal disimulada motivación xudeófoba e busca a deslexitimación e desaparición final do Estado de Israel. O movemento pretendeu até agora actuar con plena impunidade en concellos, outogándoise competencias que non lles son propias, introducindo a discriminación antisemita e lixando o bo nome daquelas cidades ás que enganan como foi tamén o caso da capital de Galicia. Finalmente a razón e a Lei volven porlles freo.

ACOM fai fronte a estas agresións apelando ao bo sentido dos grupos políticos democráticos que cren no estado de Dereito e foxen do afán totalitario e ilegal de demonizar ao Estado xudeu, un estado democrático e garantista plenamente homologable as democracias europeas.

Tras presentar recurso contencioso administrativo contra o Concello de Avilés polas declaracións de boicot aprobadas no seu Pleno, o mesmo Concello aceptou as razóns da reclamación de ACOM por crebar as liberdades públicas. Pero non só iso. Os servizos xurídicos do concello advirten que a campaña de boicot do BDS incorre nunha longa lista de ilegalidades, entre elas:

- O boicot ameaza o dereito das persoas a non ser discriminadas, a liberdade académica, a liberdade de expresión e o dereito a non revelar relixión, raza, orixe nacional e opinións persoais.

- O boicot infrinxe a Lei de Contratos Públicos e as Directivas Europeas sobre igualdade de trato.

- O Concello incorre un risco certo por incitar ao odio, á discriminación, ou á violencia contra as persoas afectadas polo boicot, que se estende non só a Israel, senón a calquera persoa, española, xudía ou non xudía, que non declare a súa adhesión aos obxectivos políticos da campaña BDS cando se lle comine a facelo.

O pleno do Concello asturiano aceptou presentar ante o Xulgado a súa aceptación da demanda de ACOM (liderada polo prestixioso avogado Wenley Palacios), mostrando o seu acordo en que sexan anulados xudicialmente os dous acordos aprobados o 21 de xaneiro, que impuñan o boicot a Israel e a súa adhesión á campaña BDS. O Concello tamén identificou risco certo de que a adhesión á campaña BDS de boicot a Israel o faga responsable de fomentar, promover ou incitar ao odio, á discriminación, ou á violencia contra as persoas afectadas polo boicot que se estende non só a Israel, senón a calquera persoa, española, israelí ou estranxeira, xudía ou non xudía, que non declare publicamente "a súa adhesión aos obxectivos políticos da campaña BDS" cando sexa obrigado a facelo.

Desde AGAI queremos parabenizar a ACOM polo magnífico e imprescindible traballo legal desenvolto así como tamén parabenizar ao Concello de Avilés, que tivo o sentido común de rectificar e revogar con determinación a súa lamentable decisión de unirse á campaña de antisemita de boicot contra Israel nada máis ter coñecemento dos seus efectos sobre as liberdades públicas. A aceptación da demanda contou cos votos favorables de PSOE, PP e Cidadáns, e o voto en contra de PODEMOS e Izquierda Unida.

BDS non busca a fin de ningunha ocupación nin avoga por unha solución de dous Estados para dous Pobos, un Estado xudeu para Israel e un Estafo árabe para palestinos, busca a deslexitimació, criminalizaciçon e desaparición final do único Estado xudeu negandolle aos xudeus, e só aos xudeus, o seu dereito nacional case 70 anos despois de que Israel fose recoñecido polas Nacións Unidas. O fins de BDS son discriminatorios e os seus medios mafiosos e macarras. A rectificación do Concello de Avilés pecha o paso a que o BDS campe ás súas anchas na súa chantaxe á democracia.

15/02/16

Carta aberta a "El Jueves"



Por Pablo Veiga*

Vergüenza e indignación he sentido tras observar la viñeta publicada por El Jueves sobre Israel recientemente. Ya no es que sea antisemita, obvio. Resulta intragable para cualquiera que tenga un mínimo de conocimiento sobre lo que pasa en ese trocito de Oriente Medio, similar a la superficie de Galicia. Como de costumbre, todos los ojos se centran en criminalizar a Israel con una sarta de mentiras, calumnias y falsedades que demuestran la ignorancia de aquellos que publican, amparan, jalean y luego defienden esas simplezas. Ya no digamos nada de la banalización del holocausto. En países como Alemania o Francia sería motivo de cárcel. Primera metedura de pata. Los judíos estuvieron en campos de exterminio; esa era la finalidad nazi, eliminarlos por completo. No eran simples campos de trabajos forzados. Minimizar un hecho histórico de esa gravedad es una infamia.

No teneis ni puta idea. Dentro de Israel (dejando a un lado Gaza y Cisjordania), el 20 % de la población es árabe, mayoritariamente musulmana, con plenos derechos de ciudadanía, infinitamente superiores a los que pueda tener cualquier persona- que no sea dirigente- en cualquier país árabe del entorno. Daros un paseo por uno o por todos ellos y rebatídmelo. Israel es el hogar del pueblo judío y patria de los judíos del mundo que quieran establecerse ahí. Pero existen cristianos, musulmanes y de otras creencias y nacionalidades que residen sin ningún problema. Hablar de aparheit es ser un ignorante. En todos los estamentos del Estado hay árabes; tienen derecho a voto y sus representantes en el parlamento, elegidos democráticamente, lo que no ocurre alrededor. En las selecciones deportivas, en la magistratura, en las universidades, en la ciencia o en otros ámbitos de la vida. En los hospitales se atiende a todo tipo de personas, sin distinción de razas o religiones. En los trasplantes de órganos. Si constantemente enfermos de Gaza y Cisjordania son atendidos en hospitales israelís.

No teneis ni puta idea cuando hablais de la circuncisión. Si los árabes, mayoritariamente la practican. Hay que ser burros.

Y ya mezclar a Jesucristo y el antiguo axioma de que fue crucificado por los judíos. Sólo os faltaba la conspiración judeo-masónica franquista. Sois los perfectos herederos de ese lenguaje.

No teneis ni puta idea cuando señalais a la Torá como la constitución de Israel. Por si no lo sabíais, al igual que otros estados, Israel no tiene constitución escrita. Existe una separación de poderes, nada que envidiar a los estados europeos. Identificais esa tierra con los ultra ortodoxos y con el militarismo. No resultais nada originales. Demuestra que vuestra falta de conocimiento de la realidad es absoluta, porque una simple visita a la ciudad de Tel-Aviv y os caería ese mito por completo. Lugar, por cierto, destino de la población gay, no solo judía-hebrea, sino árabe, que se las ingenia para participar en los numerosos eventos para con ese colectivo que se celebran. Algo que no podrían realizar en sus países de orígenes. Preguntadles las consecuencias y luego las publicais en un futuro número de El Jueves.

No teneis ni puta idea cuando insinuais que Israel les roba el agua a los palestinos. Pero si en ese territorio, antes de la creación moderna del estado de Israel en 1948, por decisión democrática de la ONU, apenas había una sola vivienda árabe con agua corriente en casa …. Si el agua que utilizan los palestinos en Gaza y Cisjordania es de Israel, al igual que la luz y muchas otros servicios.  Ignorantes …

No se pretende un clase de historia, porque es muy complejo. No procede ahora, pero os vendría muy bien. No sé si sabréis que los países del entorno se conjuraron para arrojar a todo judío viviente al mar. Lo intentaron en varias guerras y no lo consiguieron. El Jueves no se publicaba en los años 60 o 70, porque en aquella época Gaza estaba ocupada por Egipto y Cisjordania por Jordania. Por qué no se creó el tan anhelado estado palestino???. Aquello no era ocupación??. Y a lo largo de estas seis décadas han tenido ocasión de crear su estado, pero la obsesión por aniquilar Israel y formar un califato islámico, árabe en todo el territorio prima sobre todo lo demás.

Es una pena, ante el interés sobre el malvado Israel y el oprimido pueblo palestino, que no os centréis en dónde han ido a parar los miles de millones y euros que desde Occidente se han mandado estas décadas, el equivalente a dos planes Marsall. Que pensais de indemnizaciones millonarias a presos liberados por Israel, el tren de vida lujoso de los dirigentes de la autoridad nacional palestina, la corrupción generalizada, el lanzamiento de cohetes desde Gaza (no hay un solo judío en la franja) e la construcción de kms de túneles para entrar en Israel y cometer atropelías que superarían el 11 de septiembre. O que os dejen visitar sus cárceles. Que opinais de que se secuestre un soldado durante cinco años y ni siquiera se deje a la cruz roja visitarlo. 

En Israel existe el estado de derecho y el ejército, aunque os resulte imposible de creer, se rige por unos principios éticos que ni Hamás, ni la Yijad Islámica ni mucho menos ISIS practican. Que pena que no habléis de ellos y de sus métodos. Pregúntales a los cristianos de Siria e Iraq…

Bien. La libertad de expresión es sagrada. Los tribunales decidirán si ampara esas barbaridades publicadas. Ahora han salido varios a defenderos, motivados por el odio a Israel, sin ninguna duda. No debeis tener miedo. Nadie os hará nada. El lobby israelí como vuestros amigos dicen y el propio estado de Israel nos os atacará. Sólo recibiréis misivas como esta, con más o menos educación, con mejor o peor redacción. Pero igual de contundentes. Otro gallo cantaría si hubierais publicado algo semejante entorno al Islán. No teneis suficientes cojones. Más tarde o más temprano sufriríais las consecuencias. Y sabeis a qué me refiero. Preguntad por París. Esos mismos son íntimos de aquellos que quieren la destrucción y eliminación de Israel, no os equivoquéis. Porque en las calles de poblaciones israelís, también ha habido atentados suicidas,  en autobuses, en colegios, en discotecas. Y en los últimos tiempos, la moda de los atropellos en las paradas de bus y taxis, además de los apuñalamientos. Razón de las últimas muertes, tanto de soldados y civiles israelís como de los propios atacantes terroristas. Es una pena con todo lo que sabeis, cómo no dais las claves para luchar contra esa lacra. Vosotros y cualquiera reaccionaría de igual forma contra ese terrorismo despiadado y suicida. Cuándo amen a sus hijos igual que odian a los hijos de los israelís, el problema se solucionará

En fin. Esto es lo que pienso de lo publicado. Me quedan más, pero para otro día. 
Una vergüenza.

* Pablo Veiga é socio de AGAI

15/05/15

O antisemitismo cabalga de novo en Grecia

Imaxe do monumento 

Na cidade de Kavala, ao norte de Grecia, perto de Salonica (Tesalonica), estaba prevista a inauguración dun monumento aos máis de 1400 xudeus da localidade asasinados en Treblinka e que foron enviados aos campos da morte. 

O caso é que á actual alcaldesa filonazi da cidade de Kavala, 
Dímitra Tsanaka, seica non lle gustou exhibir a Estrela de David no monumento e impediu a súa inauguración. A alcaldesa esixe a retirada da estrela de David que hai gravada no monólito conmemorativo. Incrible actitude claramente antisemita contra un símbolo da identidade xudía que, ademais, lembra á estrela amarela que os xudeus de Kavala foron obrigados a levar sobre as súas roupas durante a ocupación antes de ser arrestados, o 4 de marzo de 1943, deportados ao campo de exterminio nazi de Treblinka, en Polonia. 

Tras a súa liberación, Kavala foi a única cidade ao leste de Tesalónica que conservou unha pequena pero dinámica comunidade xudía que foi desaparecendo progresivamente como consecuencia da súa marcha a Israel ou a outras partes de Grecia. A maioría dos edificios comunitarios xudeus da cidade desapareceron debido a diferentes decisións políticas. Hoxe apenas quedan o cemiterio e unha casa coa cronoloxía xudía no dintel da porta principal. 

A relación de Kavala con Galicia é moi estreita, xa que nesta cidade, e sobre todo na veciña vila de Xanthi e por suposto tamén en Tesalónica, todas na mesma área, vivían moitos descendentes dos xudeos de Sefarad expulsados no 1.492 e que seguían falando ladino até o seu exterminio polos nazis durante a Shoah.

No caso da veciña Xanthi está amplamente documentada a presenza por exemplo do apelido “Bello”, apelido exclusivamente orixinario de Galicia, e do que existen documentos medievais da cidade de Ourense de xudeos galegos como por exemplo Abrafam Bello ou Xaco Bello.

Na impresionante Base de Datos do Yad Vashem en Jerusalem podemos atopar o apelido galego-xudeu "Bello", moi común na cidade grega de Xanthi, localidade veciña de Kavala. Nesta ligazón podemos atopar a moitos dos xudeus gregos sefardies asasinados que apelidábanse Bello:

12/04/11

Informe sobre o antisemitismo en España


O documento titulado "Informe sobre o Antisemitismo en España en 2010" foi elaborado conxuntamente polo Observatorio para a Loita contra o Antisemitismo en España, un organismo da Federación de Comunidades Xudías de España (FCJE), e a organización non gobernamental Movemento contra a Intolerancia. O informe fíxose público nunha conferencia de prensa en Madrid o pasado 30 de marzo. O informe, afirma que se produciron ao redor de 400 incidentes antisemitas en España durante o ano 2010, rexistra os ataques antisemitas contra persoas e propiedades, o antisemitismo nos medios de comunicación españois e en Internet, os esforzos para trivializar o Holocausto xudeu, a difusión da literatura antisemita, así como o antisemitismo nas institucións públicas. O informe tamén proporciona datos derivados de enquisas de opinión. Por exemplo, segundo unha enquisa encargada polo Ministerio español de Asuntos Exteriores, o 58,4% dos españois cren que "os xudeus son moi poderosos porque controlan toda a economía e os medios de comunicación". Esta cifra elévase até o 62,2% entre os estudantes universitarios e a un 70,5% entre os que están "interesados pola política". Máis do 60% dos estudantes universitarios españois din que "non queren compañeiros xudeus na súa aula". "Estes números son tan sorprendentes como preocupantes: o antisemitismo parece incrementarse entre as persoas supostamente máis educadas e informadas", asegura o informe. En datos das enquisas, máis dun terzo (34,6%) dos españois teñen unha opinión desfavorábel ou totalmente desfavorábel dos xudeus. Pero do mesmo xeito que noutros países europeos, o antisemitismo é máis frecuente na esquerda política que na dereita. Por exemplo, o 34% dos que se situan na extrema dereita afirman ser hostís aos xudeus, mentres que o 37,7% dos que din ser de centro-esquerda son hostís aos xudeus. E a simpatía cara aos xudeus da xente de extrema dereita (4,9 nunha escala de 1-10) está por encima da media da poboación no seu conxunto (4,6). Entre os que recoñecen a súa "antipatía polo pobo xudeu", só o 17% di que isto se debe ao "conflito no Oriente Medio". Case o 30% dos enquisados din que a súa antipatía cara aos xudeus ten que ver con "a súa relixión, os seus costumes e a súa forma de vida". Case o 20% dos españois din que non lles gustan os xudeus aínda que non saben por que. Os novos achados confirman outras investigacións anteriores. Por exemplo, segundo un estudo de setembro de 2008 publicado polo Pew Research Center de Washington DC, case a metade dos españois tiñan opinións negativas cara aos xudeus, unha estatística que sinala a España como un dos países máis antisemitas de Europa. Segundo Pew, o 46% dos españois tiñan opinións moi negativas dos xudeus, máis do dobre do 21% obtido no ano 2005. España é tamén o único país en Europa onde as opinións negativas cara aos xudeus (46%) superan os puntos de vista positivos, xa que só o 37% dos españois ten opinións favorábeis dos xudeus. En comparación, o 36% dos polacos teñen opinións negativas mentres que o 50% teñen opinións positivas, en Alemaña hai un 25% de opinións negativas fronte a un 64% de positivas, en Francia un 20% de negativas fronte a un 79% de positivas, e en Gran Bretaña o 9% de negativas fronte a un 73% de positivas (A modo de comparación, segundo o Pew, o 77% dos estadounidenses teñen opinións favorábeis cara aos xudeus, fronte a un 7% de desfavorables). Outro informe sobre o antisemitismo europeo publicado pola Anti-Defamation League radicada en Nova York, afirmaba que o 54% dos españois cren que os "xudeus teñen demasiado poder nos mercados internacionais". E o 51% dos españois cría que loa "xudeus eran máis leais a Israel que ao seu país". Os datos da enquisa sobre o antisemitismo español expoñen moitas preguntas, entre elas unha que parece que nunca se expuxeron: Cantos españois coñeceron algunha vez a un xudeu? Non moitos, polo menos iso parece. De feito, España ten unha das máis pequenas comunidades xudías de Europa, con ao redor de 40.000 membros para unha poboación española de 47 millóns, o que equivale a menos dun 0.08%. (...) Que explica o aumento do antisemitismo español desde o 2005, especialmente tendo en conta que a maioría dos españois só coñecen aos xudeus a través da televisión e os medias? Podes descargar o informe en PDF Antisemitismo en España de 2010

02/04/11

Que esconde o boicot contra Israel


Por Bernard-Henri Lévy


.


Xa que hai que pór os puntos sobre as íes, poñámoslos. Evidentemente, nunca presionei a ninguén para cancelar o mitin en apoio aos partidarios do boicot contra Israel convocado na Escola Normal Superior e ao que estaba previsto que asistisen Leila Shahid e Stéphane Hessel, entre outros. Sería absurdo, pois, dado que, tanto por temperamento como por convicción, creo na forza das ideas e, aínda máis, na da verdade, nesta clase de circunstancias sempre son partidario do debate, do choque de opinións e mesmo do enfrontamento de conviccións, pero non da censura. E o feito é que, pola contra, nesta ocasión particular, é dicir, no caso desta campaña BDS ("Boicot, Desinversión, Sancións") que ía ser o eixo do mitin da Escola Normal, gustaríame poder dirixirme aos interlocutores de boa fe para presentarlles textos, feitos e, no fondo, evidencias que, segundo parece, pasaron por alto e proban que estamos ante unha campaña hábilmente orquestrada, pero falaz, belicosa, antidemocrática e, para non calarme nada, completamente infame.


Por que? Primeiro, porque se boicotea aos réximes totalitarios, non ás democracias. Pódese boicotear a Sudán, culpábel de exterminar a unha parte da poboación de Darfur. Pódese boicotear a China, culpábel de violacións masivas dos dereitos humanos no Tíbet e noutros lugares. Pódese e deberíase boicotear ao Irán de Sakineh e Jafar Panahi, cuxos dirixentes fan oídos xordos á linguaxe do sentido común e o compromiso. Mesmo poderiamos imaxinar, como outrora coa Arxentina dos xenerais fascistas ou a URSS de Breznev, un boicot contra certos réximes árabes nos que a libre expresión dos cidadáns está prohibida e, se fai falta, reprímese a sangue e fogo. Pero non se boicotea á única sociedade de Oriente Próximo na que os árabes len unha prensa libre, maniféstanse cando o desexan, envían deputados ao Parlamento e gozan dos seus dereitos civís. Non se boicotea, pénsese o que se pense da política do seu Goberno, ao único país da rexión -e máis aló da rexión, a un dos países do mundo, por desgraza non tan numerosos- no que os electores teñen o poder de sancionar, reorientar ou derrubar ao mencionado Goberno. De tal modo que presentar como fonte da súa "principal indignación" o funcionamento dunha democracia que, como todas as democracias, é por definición imperfecta pero perfectible (e, en cambio, non dicir nin unha palabra sobre os millóns de vítimas das guerras esquecidas de África, sobre a caza de cristiáns en Oriente ou, non hai tanto, sobre o masacre dos musulmáns de Bosnia) é, no peor dos casos, indigno, e no mellor, profundamente estúpido. Segundo, porque en realidade esta campaña de boicot pasa olímpicamente das posicións do Goberno do señor "X" ou da señora "E".


Non sabe nada, nin quere sabelo, sobre o que pensan os cidadáns israelís -por exemplo, acerca da continuación dos asentamentos en Cisxordania-. Impórtanlle un bledo as esixencias, parámetros e condicións reais da paz entre os cidadáns en cuestión e os seus veciños palestinos. E estes últimos, as súas aspiracións, os seus intereses, as súas posíbeis esperanzas e a maneira en que o réxime de Hamás deu ao traste con elas en Gaza, tráenlle completamente ao fresco -e tampouco di nunca nada respecto diso. Non. Esta campaña de boicot, digan o que digan os seus promotores ou os seus parvos útiles, só ten un obxectivo real, asumido e ben madurado, e é deslexitimar a Israel como tal. É o que quere dicir, implicitamente, a comparación coa Sudáfrica do apartheid. É o que quere dicir, explicitamente, a retórica antisionista que serve de denominador común a todos os movementos constitutivos deste BDS e que, se as palabras aínda teñen sentido, significa que pretenden minar a idea que hoxe, guste ou non, cimenta a nación israelí. E por iso esta campaña contravén, en efecto, as formas, as regras e as leis do dereito internacional, e en Francia, tamén do nacional. E finalmente, no cerne desta campaña, e en certos casos na súa orixe, hai xente da que o menos que pódese dicir é que non se inspiran precisamente nos heroes da Francia libre, nin nos redactores da Carta Internacional de Dereitos Humanos, nin nos partidarios dunha paz xusta entre os dous pobos, o israelí e o palestino.


Poño á disposición de todo aquel que o desexe as declaracións de Omar Barghouti, un dos iniciadores do movemento, que afirmaba que a súa meta non son dous Estados, senón dúas Palestinas. As de Alí Abunimah -cofundador de Electronic Intifada e adversario, tamén el, da solución dos dous Estados-, que non dubida en comparar a Israel coa Alemaña nazi e a algúns dos seus filósofos cos editorialistas de Der Stürmer. As dos dirixentes de Sabeel, un grupo de palestinos cristiáns moi presente en América do Norte que, no seu afán de dar un fundamento "teolóxico" á idea de "investimento responsábel", non teme reactivar, sutil pero inexorablemente, os estereotipos do xudeu asasino de Cristo. Por non falar das máis que dubidosas iniciativas que pretenden marcar as mercadorías xudías -perdón, israelís- con autocolantes supostamente infamantes e destinados a sinalarlle ao consumidor francés vixiante. Todo isto é abafador e, unha vez máis, incuestionábel. Presentar como vítimas aos promotores deste discurso de odio di moito do estado de confusión intelectual e moral no que se atopa sumida esta Europa á que queriamos crer curada do seu peor pasado criminal.

19/03/11

Diarios de Mauthausen


Diarios da profesora Conchi Sanfiz da súa visita xunto a un grupo de alumnos seus ao campo de exterminio.

20/01/11

Eduardo "Lalo" Martínez, salvador de xudeus.

Medalla do Valor británica concedida no ano 1945 a Eduardo Martínez Alonso
Mapa das rutas de fuxida dos refuxiados xudeus debuxada polo propio Eduardo Martínez

.


Eduardo Martínez Alonso naceu no Areal vigués, na beiramar, no ano de 1903. Mais o destino laboral do seu pai -como cónsul xeral de Uruguai en Glasgow e Liverpool- levárono a vivir no Reino Unido. Durante a Guerra Civil Española, estivo como médico de campaña ao servizo neutral da Cruz Vermella
.

A REDE "EMBASSY"
.
En 1939, cando estala a Segunda Guerra Mundial, a España fascista apoia ao bando nazi. Pero hai un reduto de anglófilos, entre os que se conta Eduardo Martínez, medico titular daquela na embaixada británica, onde as legacións diplomáticas dos países aliados refúndense nunha soa, ofrécese a colaborar co servizo secreto. Liderados por Allan Hillgarth, agregado naval da legación, e primeiro oficial da intelixencia británica en España, Eduardo Martínez formou equipo con Elizabeth e Michael Creswell, responsables do M19 (Servizo de Escape e Evasión), co veterano brigadier Torr; Alan Lubbok; David Babington-Smith, todos diplomáticos británicos, e o encargado de Pasaportes, David Thompson. Con este reducido grupo formouse a base esencial da axuda humanitaria do Servizo de Intelixencia británico en España durante a Segunda Guerra Mundial.
.
Madrid era un fervedoiro de falanxistas, estraperlistas, axentes do M19 e a temible Gestapo que actuaban no mesmo perímetro. Os alemáns tiñan a súa sede principal de operacións no Ritz. O selecto salón de té Embassy, situado no Paseo da Castellana de Madrid (e que aínda existe hoxe día), era o punto de reunión da alta sociedade madrileña, pero tamén lugar de encontro de axentes e colaboradores dos servizos de intelixencia británicos. Unha tapadeira á que chegaban refuxiados procedentes do campo de concentración de Miranda de Ebro ou dos Pireneos, e tras baixar ao agocho secreto e con documentos falsificados, saían logo coma uns clientes máis ao portal onde esperaba un coche que os levaba a Galicia ou a Xibraltar. O propio doutor Eduardo Martínez acollía a moitos refuxiados xudeus no seu propio piso de solteiro antes de que puidesen saír de Madrid.
.
A RUTA DE ESCAPE GALEGA
.
Martínez Alonso foi o principal organizador das redes de evasión humanitaria organizadas polo servizo secreto británico; unha ruta que empezaba nos Pireneos, seguindo por Jaca, Miranda de Ebro, Madrid, Vigo, Redondela, Tui-Guillarei e terminaba en Portugal para fuxir a Inglaterra por mar. Miles de refuxiados europeos foron evacuados por esa ruta: a inmensa maioría xudeus sobre todo de orixe polaca e checa, mais tamén exiliados, purgados, perseguidos, ilegais, aviadores e paracaidistas aliados caidos en Francia.
.
A Resistencia francesa colaboraba no paso de montañas e fronteiras. Logo o capuchino Francisco Lazcano, capelán da Cruz Vermella na que serve Eduardo "Lalo" Martínez durante a Guerra Civil, daba acubillo aos refuxiados xudeus no convento de Jaca. Logo de pasar pola tapadeira do Embassy en Madrid, chegaban ao piso de Martínez Alonso na rúa Urzais de Vigo, ou á súa residencia de verán en Redondela. Desde alí a Tui, onde de noite e polos intricados camiños rurais galegos facían pasar aos refuxiados alén do Miño, mentres os gardinhas de aduanas portugueses miraban cara outro lado. Tamén adoitaban cruzar a fronteira cun taxista implicado na rede e subornando aos gardas de fronteira portugueses, ou usando as dornas dos irmáns Moncho e Faustino Otero, que en noites nubradas ou de lúa menguante, xogábanse o tipo para chegar até onde fondeaban barcos da Royal Navy.
.
A rede humanitaria recrutada en Galicia por Eduardo Martínez e composta por mariñeiros de Redondela, contrabandistas, estraperlistas, taxistas e aduaneiros portugueses, funcionaba con gran precisión. Pero a principios de 1942 a Gestapo comezaba a pechar o cerco ao redor da figura de Martínez Alonso; temendo seriamente pola súa vida, o M19 decide que chegou a hora de evacuar ao seu doutor galego. Nada máis casar o 3 de xaneiro do 42 en Vigo, ten que fuxir de España coa súa recente esposa, Ramona de Vicente. A lúa de mel en Lisboa encubría o verdadeiro destino: Londres.
.
EXILIO E REGRESO
.
Aínda no exilio inglés, Eduardo Martínez segue colaborando activamente coa súa rede en España. As rutas clandestinas que el crease e supervisaba foron vitais até 1945. Segundo un informe da Cruz Vermella británica de posguerra, a partir de 1942 chegaban ao noso país uns 200 refuxiados xudeus diarios, que aínda que moitos eran encarcerados polas autoridades españolas, unhas 500 saían do país cada semana. Deles, os cálculos respecto da ruta de evasión por Galicia de 30.000 persoas non parecen en absoluto esaxerados.

Acabada a guerra, os Martínez de Vicente regresaron coa súa filla recentemente nada a España. Volveron a Madrid. El seguiu sendo médico da Cruz Vermella até o seu falecemento en 1972 e xamais falou do seu traballo secreto na salvación de milleiros de fuxitivos xudeus de toda Europa. Todo un canto á vida.

O Goberno británico concedeu ao doutor Eduardo Martínez Alonso a Medalla ao Valor en 1945, e no ano 2007 foi proposto para o título de Xusto entre as Nacións do Yad Vashem de Jerusalem por axudar a salvar a vida durante o Holocausto a milleiros de xudeus, un galardón que tan só teñen actualmente catro españois.
.
O EXPEDIENTE Nº 22666/A
.
Eduardo Martínez Alonso xamais desvelou a súa colaboración coa intelixencia británica, pero a desclasificación dalgúns documentos en 2005 permitiulle á súa filla, Patricia Martínez de Vicente, acceder ao seu expediente, ao cartafol nº 22666/A. Entre os documentos do expediente, atipábase o Secret's Act (Acta Oficial Secreta), asinado por Eduardo Martínez. O seu número operativo era o 055A. A partir dese expediente e doutros documentos, recavando nas memorias da súa nai e outros testemuños, a filla publica o libro "La Clave Embassy", onde relata a aventura do seu pai.

08/06/10

O científico ecoloxista




Por Afonso Vázquez-Monxardín
.
Galicia Hoxe - 08.06.10
.
É un tipo novo e moi listo. As súas paixóns son a tecnoloxía e a ecoloxía. Non en van a pesar da súa mocidade leva quince anos traballando e impulsando a relación entrambos sectores: tratamento de residuos, reciclaxe das augas, aproveitamento do xeotermalisno... Pero sen dúbida o seu ollo dereito arestora teno posto en Efemcy, unha compañía de servizos mediombientais, focalizada nos sistemas bioenerxéticos que se dedica á investigación sobre a produción dun tipo de combustibles orgánicos de raíz ecolóxica. A idea central é lograr que o tratamento das augas negras en vez de consumir enerxía, proporcione electricidade ou hidróxeno a partir do uso de pilas de combustible microbianas. Así, logran un tratamento combinado e simultáneo da reciclaxe e limpeza das augas negras coa produción electroquímica de enerxía extraída do residuos en suspensión. E xa o fan. Non é unha idea no aire.
.
A pesar de ter moito traballo aquí e alá neste mundo global, aceptou vir a España porque o cobizaba a curiosidade e os desexos de comunicar que outro mundo é posible. Con técnica, boa vontade e coñecemento pódense desfacer moitos dos entortos que existen. Tamén científicos e técnicos. Onte, en Madrid, falaría nun curso enerxías renovables e tecnoloxías limpas. Cousas das que sabe. E viña a un tempo de cultura e universalidade como é o Parque Científico de Madrid en la Universidad Autónoma de Madrid. ¿Como é? Como debía ser! Alí foi o agredido. Uns que, sen querer, gritaban calados o berro de Millán Astray na Universidade de Salamanca, -¡Muera la inteligencia!- agrediron ao sabio. ¿Por que? Pois por puro racismo. Si. Aos agresores non lles gustaba o país do que viña, nin a súa raza, nin a súa cultura, nin a súa xente, nin a súa historia, nin o seu goberno. Si, pegáronlle porque non lles gustaba o goberno ao que debe pagar impostos. E non. Non era negro. Tampouco era xitano. Nin era árabe. Nin iraní. Era algo peor. Pero algo para co que o racismo latente integrado na sociedade occidental se amosa cada vez máis virulento e a maioría sileciosa cada vez máis calada. O enxeñeiro, o biotecnólogo, era xudeu.
.
¿Cal é a relación entre o científico o incidente da flotilla? Non a hai. El é israelí. Non importa ao que viñese, nin quen fose. Puro racismo dos antiracistas de boquiña. Pura violencia de pacifistas declarados. Puro fascismo de antifascistas. De momento, batallas perdidas como a obxectividade dos medios neste tema. Eytan Levy, así se chama el, desculpe, por favor.