20/02/16

O Concello de Avilés rectifica e renuncia a BDS



O sentidiño finalmente reina en Avilés e o seu concello anula a resolución de boicot a Israel e considera ilegal a proposta de BDS

Por vez primeira un concello ven de aceptar a demanda por discriminación por un acordo de boicot a Israel e grazas ao magnífico, serio e rigoroso esforzo de ACOM (Acción y Comunicación sobre Oriente Próximo) anula a súa recente declaración de BDS. 

Nunha histórica vitoria política e legal o pleno do concello asturiano de Avilés tomou en consideración o informe dos seus servizos xurídicos que ratificaba a conculcación de liberdades constitucionais da declaración antisemita.

O pasado 21 de xaneiro de 2016 o Pleno do Concello de Avilés adheriuse ao movemento BDS. Esta iniciativa ten unha mal disimulada motivación xudeófoba e busca a deslexitimación e desaparición final do Estado de Israel. O movemento pretendeu até agora actuar con plena impunidade en concellos, outogándoise competencias que non lles son propias, introducindo a discriminación antisemita e lixando o bo nome daquelas cidades ás que enganan como foi tamén o caso da capital de Galicia. Finalmente a razón e a Lei volven porlles freo.

ACOM fai fronte a estas agresións apelando ao bo sentido dos grupos políticos democráticos que cren no estado de Dereito e foxen do afán totalitario e ilegal de demonizar ao Estado xudeu, un estado democrático e garantista plenamente homologable as democracias europeas.

Tras presentar recurso contencioso administrativo contra o Concello de Avilés polas declaracións de boicot aprobadas no seu Pleno, o mesmo Concello aceptou as razóns da reclamación de ACOM por crebar as liberdades públicas. Pero non só iso. Os servizos xurídicos do concello advirten que a campaña de boicot do BDS incorre nunha longa lista de ilegalidades, entre elas:

- O boicot ameaza o dereito das persoas a non ser discriminadas, a liberdade académica, a liberdade de expresión e o dereito a non revelar relixión, raza, orixe nacional e opinións persoais.

- O boicot infrinxe a Lei de Contratos Públicos e as Directivas Europeas sobre igualdade de trato.

- O Concello incorre un risco certo por incitar ao odio, á discriminación, ou á violencia contra as persoas afectadas polo boicot, que se estende non só a Israel, senón a calquera persoa, española, xudía ou non xudía, que non declare a súa adhesión aos obxectivos políticos da campaña BDS cando se lle comine a facelo.

O pleno do Concello asturiano aceptou presentar ante o Xulgado a súa aceptación da demanda de ACOM (liderada polo prestixioso avogado Wenley Palacios), mostrando o seu acordo en que sexan anulados xudicialmente os dous acordos aprobados o 21 de xaneiro, que impuñan o boicot a Israel e a súa adhesión á campaña BDS. O Concello tamén identificou risco certo de que a adhesión á campaña BDS de boicot a Israel o faga responsable de fomentar, promover ou incitar ao odio, á discriminación, ou á violencia contra as persoas afectadas polo boicot que se estende non só a Israel, senón a calquera persoa, española, israelí ou estranxeira, xudía ou non xudía, que non declare publicamente "a súa adhesión aos obxectivos políticos da campaña BDS" cando sexa obrigado a facelo.

Desde AGAI queremos parabenizar a ACOM polo magnífico e imprescindible traballo legal desenvolto así como tamén parabenizar ao Concello de Avilés, que tivo o sentido común de rectificar e revogar con determinación a súa lamentable decisión de unirse á campaña de antisemita de boicot contra Israel nada máis ter coñecemento dos seus efectos sobre as liberdades públicas. A aceptación da demanda contou cos votos favorables de PSOE, PP e Cidadáns, e o voto en contra de PODEMOS e Izquierda Unida.

BDS non busca a fin de ningunha ocupación nin avoga por unha solución de dous Estados para dous Pobos, un Estado xudeu para Israel e un Estafo árabe para palestinos, busca a deslexitimació, criminalizaciçon e desaparición final do único Estado xudeu negandolle aos xudeus, e só aos xudeus, o seu dereito nacional case 70 anos despois de que Israel fose recoñecido polas Nacións Unidas. O fins de BDS son discriminatorios e os seus medios mafiosos e macarras. A rectificación do Concello de Avilés pecha o paso a que o BDS campe ás súas anchas na súa chantaxe á democracia.