Mostrando entradas con la etiqueta documentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta documentos. Mostrar todas las entradas

viernes 29 de julio de 2011

Cales son os obxectivos de AGAI?



Para facerte socio/a pica AQUÍ

viernes 22 de agosto de 2008

Selo polaco sobre Majdanek

Este selo foi emitido poe Polonia o 29 de abril de 1945 conmemorando a data oficial da rendición do exército alemán. Neste dia, Hitler nomea ao Almirante Donitz o seu sucesor e cásase con Eva Braum. Ao dia seguinte, a mata e suicídase. No selo "conmemorativo" sobre o Campo de Exterminio de Majdanek, vese o campo; a data de seu funcionamento - 1941-1944; un soldado alemán representado coma o esquelete da morte despexando sobre Majdanek o gás "Cyclon-B" (en polaco), que é o gas Zyklon-B que os revisionistas din que non existiu e na liña inferior "KOMORY GAZOWE" que non precisa traducirse do polaco para se saber que é "Cámaras de Gás".
A traducción correcta dos termos é:
Majdanek Oboz Smierce = Campo de Morte de Majdanek
Laznie i Komory Gazowe = Compartimentos da Camara de Gas

miércoles 2 de julio de 2008

A Historia de Israel en Mapas


Descarga a versión en PDF(en 4 partes): I II III IV

O conflito árabe-israelí e o proceso de paz ten sido durante décadas o foco da atención mundial, sexa por parte dos medios de comunicación, o cine, as institucións políticas e gobernamentais, os organismos non gobernamentais, os grupos relixiosos, o mundo empresarial e o público en xeral. Co transcorrer do tempo, algúns dos críticos de Israel permitiron que o seu punto de vista do problema se vexa influido polos mitos, tópicos, prexuizos e unha falta de coñecementos no canto de feitos sólidos. Isto vese, por exemplo, en asuntos referentes aos territorios en disputa entre Israel e os palestinos: o trasfondo histórico é frecuentemente descoñecido ou ignorado. Máis aida, incluso cando se trata da situación actual - o problema do terrorismo, os perigos rexionais e a repercusión da topografía nas fronteiras - xeralmente o contexto non é tomado en consideración. O propósito da publicación que podes descargar en formato pdf é achegar material factual e de trasfondo por medio de mapas e diagramas que abordan aspectos claves do conflito árabe-israelí e do proceso de paz. Esta publicación non pretende abranxer todos os temas, pero sí trata moitos deles. É de agarsdar que por medio das ilustracións e os datos proporcionados no traballo se teña unha mellor comprensión contrastada dos feitos pasados e da realidade actual, así como das futuras opcións de paz.

miércoles 28 de mayo de 2008

Mitos e realidades


“O gran inimigo da verdade non é a miúdo a mentira —deliberada, fabricada, deshonesta— senon o mito —persistente, persuasivo e repetido”. John F. Kennedy

"Mitos e realidades"
É un libro imprescindíbel para entender o conflito árabe-israelí e que podes DESCARGAR AQUÍ na versión en español, ou na súa versión EN PORTUGUÉS

domingo 4 de mayo de 2008

A votación en Nacións Unidas


Escoita AQUÍ a votación en Nacións Unidas que de conformidade á Resolución 181 permitiu un 14 de Maio de 1948 a creación e independencia do Estado de Israel.

miércoles 16 de abril de 2008

Discurso íntegro da chanceler Angela Merkel perante a Knesset






Discurso íntegro da chanceler Angela Merkel perante a Knesset*
Martes, 18.03.2008


Moi estimado Sr. Presidente do Estado,
moi estimada Sra. Presidenta,moi estimado Sr. Primeiro Ministro,
moi estimada Sra. Presidenta do Tribunal Superior de Xustiza,
moi estimados Membros da Knesset,
moi estimadas Sras., moi estimados Sres.,
Sra. Presidenta, Anni modda lachem----sche-nittan li ---le-dabber ellechem--- kaan be-bait mechubad se. Se kawwod gadol awurri. [Agradézolles poder falar aquí. Considéroo unha grande honra.]
Doulle as grazas a todo os parlamentarios da Knesset por isto. Agradézolles a todos o poder falar hoxe aquí na miña lingua materna. Fálolles nun ano especial. Porque neste ano -2008- celebramos o 60 aniversario da fundación do seu Estado, do Estado de Israel.
60 anos de Israel que son 60 anos dun grandioso traballo dos homes en condicións complicadas.
60 anos de Israel que son 60 anos de desafíos en loita contra ameazas e pola paz e a seguridade.
60 anos de Israel que son 60 anos de integración de inmigrantes no seo deste Estado.
60 anos de Israel, que son os dun país cheo de vitalidade e de confianza, de éxitos no campo tecnolóxico, de riqueza cultural e de tradicións.
60 anos de Israel, que son, ante todo, motivo dunha grande ledicia. En nome do goberno e da poboación alemáns doulles os parabéns a todos os cidadáns de Israel por este aniversario.


Miñas donas, meus cabaleiros,
Alemaña e Israel están e fican –para sempre- unidos dun xeito moi especial pola lembranza da Shoah. Exactamente por iso é que onte comezamos estas primeiras consultas de goberno xermano-israelís coa lembranza no Yad Vashem.
A masacre de seis millóns de xudeus cometida en nome de Alemaña trouxo un sufrimento indescriptíbel ao pobo xudeu, a Europa e ao mundo. A Shoah énchenos aos alemáns de vergonza. Eu inclínome ante as víctimas, inclínome ante os sobrevivintes e ante todos aqueles que os axudaron a poder sobrevivir.
A ruptura que a Shoa provocou na civilización non ten precendentes. Deixou feridas mesmo até ao día de hoxe. Nun primeiro momento, isto semellaba facer realmente imposibles as relacións entre Alemaña e Israel. Nos pasaportes israelís figurou durante longo tempo a frase: “Válido para todos os países con excepción de Alemaña.”
Do lado contrario, eu mesma vivín os primeiros 35 anos da miña vida nunha parte de Alemaña –na DDR- que consideraba o nacionalsocialismo como un problema da Alemaña Occidental. Tampouco a DDR, até momentos antes do seu fin, recoñecía Israel. Pasaron preto de 40 anos até que toda Alemaña puidese recoñecer tanto a súa responsabilidade histórica como tamén o Estado de Israel.
Miñas donas, meus cabaleiros,
estou profundamente convencida dalgo: só cando Alemaña recoñeza a súa perpetua responsabilidade pola catástrofe moral na historia alemana, poderemos crear o futuro dun xeito humano. Ou dito doutro xeito: a humanidade xorde da responsabilidade polo pasado.
Decímolo con frecuencia: Alemaña e Israel están unidos por medio de relacións especiais, únicas ¿Pero de qué se está falando cando se afirma iso, “relacións únicas”? ¿Está a ser consciente o meu país destas palabras –e non só en discursos e actos conmemorativos, senón porque son necesarias?
¿Como trataremos isto, por exemplo, e máis concretamente cando os feitos atroces do nacionalsocialismo son relativizados? Sobre este tema só é posíbel dar unha resposta: a cada tentativa ao respeito hai que facer fronte desde o comezo. Antisemitismo, racismo e xenofobia non poden volver a pór o pé en Alemaña e en Europa nunca máis, e isto é así porque calquera outra cousa poríanos a todos en perigo – á sociedade alemana, á Unión Europea, á orde fundamental dos nosos países.
¿Ou como traremos isto, cando unha clara maioría dos consultados en Europa afirma que a maior ameaza para o mundo provén de Israel e non de Irán? ¿Retrocederemos, nós, os políticos en Europa por temor ante esa opinión pública á hora de disuadir Irán con novas e más estrictas sancións para que cese o seu programa nuclear? Non, por incómodo que resulte, exactamente por iso non debemos; porque se o facemos, nin teríamos comprendido a nosa responsabilidade histórica, nin teríamos desenvolvido unha conciencia para os desafíos do noso tempo. Ámbalas dúas cousas serían fatais.
Precisamente iso sería fatal, se suprimimos a pregunta de cómo podemos manter desperto a lembranza da Shoah, cando un día xa non quede con vida ningunha testemuña máis da Shoah. Si, é certo: os lugares do recordo son importantes, lugares como o monumento conmemorativo en Berlín ou o Iad Vashem. Manteñen a lembranza desperta. Pero tamén é certo que os lugares por si sós non abondan, cando a lembranza se converte en Historia. A lembranza debe cumprir o seu papel. Da lembranza deben vir as palabras e das palabras, feitos.
O primeiro ministro do seu País, David Ben Gurion e o primeiro chanceler do meu, Konrad Adenauer, ensínaranos exactamento cómo se fai. Por iso foi importante para min viaxar o domingo ao kibbutz Sde Boker e depositar alí unha coroa de flores no túmulo de Ben Gurion. Porque foron Ben Gurion e Adenauer os que permitiron que ás lembranzas lles seguisen palabras e ás palabras, feitos. Eles estableceron con atención e sabiduría os fundamentos das relacións entre os nosos Estados.
Hoxe está na nosa man, na miña xeración, xunto coa xeración máis nova, a tarefa de despertar a conciencia dunha cultura do recordo, dunha cultura do recordo que se manteña mesmo cando os sobreviventes da Shoa xa non estexan máis entre nós. Naturalmente non hai ningunha solución ideal para isto. Pero recoñecer ese desafío e aceptalo é exactamente o primeiro paso decisivo para desenvolver no futuro, cos xóvenes, camiños creativos para unha cultura da lembranza, isto é, conxuntamente en Israel e Alemaña.
A isto pódenos axudar unha forza que xa nos axudou en décadas pasadas: trátase da forza na confiaza. Esa forza na confianza ten a súa orixe nos valores que nós, Alemaña e Israel, compartillamos: os valores de liberdade, democracia e respecto á dignidade humana. Ese é o ben máis valioso que posuímos: a inalienábel e indivisíbel dignidade de cada ser humano, independentemente do seu sexo, a súa ascendencia, a súa lingua, as súas crenzas, a súa patria e a súa orixe.

Miñas damas, meus cabaleiros,
a conciencia pola responsabilidade histórica e a loita polos nosos valores compartillados forma o fundamento das relacións xermano-israelís desde os seus comezos até o día de hoxe. Hoxe vivimos –tanto alemáns como israelís- como todos os pobos do mundo nun tempo de mudanzas radicais. A estructura do mundo muda. A conexión entre os Estados, a economía e as sociedades alcanza unhas medidas até o de agora descoñecidas.
Moitos homes teñen medo deste desenvolvemento. Percíbeno así: a convivencia das nacións, das relixións e das culturas é un dos grandes e extraordinarios temas do presente. Perspectivas magníficas situánse ao lado de riscos notables. Iso é a globalización.
Estou firmemente convencida: en vista deste revolucionario desenvolvemento global necesitamos, por enriba de fronteiras nacionais, unha conciencia global e conxunta para os desafíos centrais do noso mundo – a correcta participación de todos no benestar, a protección do clima, a loita contra as novas ameazas por medio do terror e as armas de destrucción masiva. Mais non necesitamos esta conciencia só para isto, para recoñecer eses desafíos, senón que a necesitamos para superalos.
Isto hoxe é así non só en moitos campos, senón tamén na colaboración entre os Estados, é dicir, entre aqueles Estados que están unidos como socios polos mesmos valores e intereses.
Para min non hai dúbida: Israel e Alemaña, Israel e Europa son socios, unidos polos mismos valores, unidos polos mismos desafíos e unidos polos mismos intereses; porque estabilidade, prosperidade económica, seguridade e paz en Europa, ao igual que nesta rexión, encontránse entre os intereseses que compartillamos.
Non é ningunha esaxeración cando o manifestamos: as relacións dos nosos países son excelentes. Pero queremos continuar fortalecendo aínda máis as relacións e a confianza entre os nosos países. Queremos continuar mantendo a nosa colaboración: no traballo entre a xuventude –por exemplo, por medio dun foro futuro xermano-israelí que, nunha fundación conxunta, achegue aínda máis xóvenes alemáns e israelís nos campos da economía, a ciencia e a cultura; no campo do coñecimento, por exemplo, por medio do Ano Xermano-Israelí da Ciencia e a Tecnoloxía; no campo das relacións económicas, aproveitando as empresas de ámbolos dous países todo o potencial dun xeito máis intenso do que se vén facendo, sobre todo nos sectores máis avanzados; e no sector do medio ambiente – e da protección do clima-, por exemplo, empregando Israel, como país cunha alta tecnoloxía, o seu amplo Know-how, nomeadamente no sector acuífero e no da irrigación, e desenvolvendo unha nova forma da cooperación trilateral entre Alemaña, Israel e África.

Miñas donas, meus cabaleiros,
sobre todos estes e outros proxectos e plans de futuro estivemos discutindo onte. Pero todos estes proxectos non teñen lugar nun espazo baleiro; porque mentres nos estabamos a discutir, Israel é ameazado. Mentres nós falamos aquí, milleiros de persoas viven con medo e con temor por culpa dos ataques con mísiles e o terror de Hamas. Dígoo de xeito claro e sen lugar a equívocos: os ataques con mísiles Kassam de Hamas teñen que cesar. Os ataques terroristas son un crime e non traen solución ningunha ao conflicto, á rexión e á vida diaria dos persoas en Israel, ensombrecendo a vida das persoas nos territorios autónomos palestinos.
Repetino para poñelo de manifesto e dígoo tamén aquí: Alemaña apostou decididamente pola visión de dous Estados con fronteiras seguras e en paz, para o pobo xudeu en Israel e para o palestino en Palestina. Por iso apoiamos con insistencia no curso da Conferencia de Annapolis todos os esforzos –especialmente tamén os do goberno americano-, que contribúan a isto, a converter esta visión en realidade e a axudar á contribución da paz na rexión.
Seino ben: non precisan de consellos do exterior e menos aínda desde unha posición de superioridade. Ao final, só aquí, en Israel, pode ter lugar unha solución, através de vostedes mesmos e dos palestinos. Pero quero ofrecerlles, expresamente, a vostedes e aos seus socios na negociación da parte palestina (en primeiro lugar ao presidente Abbas), o apoio por medio da cooperación internacional. Porque sabemos que para a plasmación da visión de dous Estados se precisa de compromisos que sexan aceptados por todas as partes. E precísase tamén da forza para facer concesións dolorosas.
Sabemos que non só é en beneficio da rexión o feito de guiar este difícil proceso con éxito, senón en beneficio de todos; porque a inestabilidade que se experimenta aquí ten tamén as súas consecuencias para nós en Alemaña e en Europa. Así é como a situación no Líbano está provocando de igual modo unha grande inseguridade. Alemaña apoia os esforzos da Liga Árabe para solucionar a crise alí, pero istó só se dará, cando tamén Siria recoñeza finalmente o lexítimo goberno do Líbano e efectúe unha contribución constructiva á solución da crise. Pídolle isto a Siria desde aquí.

Miñas damas, meus cabaleiros,
motivo de especial preocupación son, sen dúbida, as ameazas que o presidente iraniano dirixe contra Israel e o pobo xudeu. As súas repetidas invectivas e o programa nuclear iraniano son un perigo para a paz e a seguridade. Se o Irán estiver en posesión da bomba atómica, as consecuencias serían desastrosas – en primeiro lugar, e sobretodo, para a seguridade e a existencia de Israel, a seguir para a rexión enteira e, finalmente para todos, en Europa e no mundo, para todos aqueles a quen os valores da liberdade, a democracia e a dignidade do home significan algo. Debe ser evitado.
Sobre isto hai algo que debe quedar claro – xa o dixen perante as Nacións Unidas en Setembro pasado e volvo dicilo hoxe -: o mundo non ten que demostrar que o Irán constrúe a bomba atómica. Irán debe convencer ao mundo de que non quere a bomba atómica.
Desde esta tribuna dígoo expresamente: todos os gobernos e chanceleres alemáns antes ca min tiveron, dun xeito moi especial, unha responsabilidade histórica pola seguridade de Israel. Esa responsabilidade histórica de Alemaña é parte da razón de Estado do meu país. Isto quere dicir que a seguridade de Israel non é para min, como chanceler, en ningún caso negociable e se se dese a circunstancia, non debe ficar en palabras baleiras á hora da súa confirmación. Alemaña aposta xunto cos seus socios por unha solución diplomática. O goberno alemán decidirá continuar coas sancións se o Irán non cede.
A nova resolución das Nacións Unidas acordada hai poucos días deu proba da firmeza e cohesión renovadas da comunidade internacional. A comunidade internacional continuará (e así debe facelo) ese camiño. Para min é importante que Israel esté unido de xeito estreito coa Unión Europea através da cooperación mediterránea da Unión Europea e a política entre os pobos veciños.
Podemos e debemos intensificar esta unión. Díxeno: Israel e Europa están unidos por medio de valores comúns, desafíos e intereses. Por iso é que apoio expresamente algo que sería desexable, un recoñecemento máis intenso de Israel na Unión Europea. Este sería un triunfo para ámbalas dúas partes e ofrecería un sen-fin de novas oportunidades.
Sra. Presidenta, miñas donas, meus cabaleiros, na historia do seu continente os europeus coñecérono: a paz tamén é posíbel despois de violentas desputas. En particular, nós, os alémáns, vivímolo por medio do milagre da caída do muro e da reunificación: mesmo despois de décadas, cando xa moitos abandonaron a idea, poden producirse mudanzas políticas profundas.
Eu non podería hoxe comparecer ante vostedes para lles falar, e non podería facelo como chanceler da República Federal Alemana, que creceu na antiga DDR, se despois da Segunda Guerra Mundial na, nesa altura, República Federal non tivesen aparecido políticos como Konrad Adenauer, Willy Brandt e Helmut Kohl. Eles acreditaron na forza da liberdade, na forza da democracia e na forza da dignidade dos homes. Eles foron capaces de facelo, facer posíbel e que aparentemente era imposíbel: concluír a unificación de Alemaña en paz e en liberdade e con isto a reconciliación de continente europeu.
Da experiencia de facer posíbel o imposíbel podemos crear a decisión e a esperanza de que tamén vale a pena cada esforzo que achegue máis o Oriente Próximo a unha convivencia pacífica. Ou para dicilo coas coñecidas palabras de David Ben Gurion: “Quen non acredita en milagres, non é realista”. Se hoxe nós, no 60 aniversario do Estado de Israel, ollamos as relacións xermano-israelís, constatámolo: a súa frase resultou tan realista como certa.
Si, son relacións especiais, únicas, cunha responsabilidade permanente polo pasado, con valores en común, con confianza mutua, cunha grande solidaridade os uns cos outros e coas esperanzas postas por parte de todos. Con este espírito celebramos o actual aniversario. Con este espírito Alemaña nunca deixará só a Israel, senón que será o seu amigo e un socio aínda máis fiel.
Mazal-tov---le-chaggigot schischim schanna---le-medinnat Issrael. Shalom. [Parabéns aos 60 anos do Estado de Israel! Shalom!]
*(Traducción de Carlos Penela desde o texto orixinal en alemán)
Mantense a transliteración do hebreu que aparece no texto orixinal en alemán.

domingo 23 de marzo de 2008

Unha gravación histórica


Canto do "Hatikva" no campo de concentración de Bergen-Belsen unha vez liberado: unha gravación histórica da transmisión da BBC de 1945.
"Querían que o mundo escoitara á súa voz"

Bergen-Belsen. Eis a histórica gravación dunha transmisión da BBC de 1945 desde o campo de concentración de Bergen-Belsen recén liberado, na que os prisioneiros sobreviventes cantan o "Hatikva".

O 15 de abril de 1945 forzas británicas liberaron o campo de concentración de Bergen-Belsen situado no norte de Alemaña. Sesenta mil prisioneiros vivían no campo ao chegar as tropas, a meirande parte deles gravemente enfermos. Outros miles xacían mortos sen enterrar no chan do campo. O periodista da BBC Patrick Gordon Walker, atopábase entre os medios de prensa que entraron ese día a Bergen-Belsen coas tropas británicas. Durante as semanas seguintes documentou o que veía: gravou a primeira cerimonia de Shabat realizada no territorio alemán desde o comenzo da guerra, entrevistou a sobreviventes e falou cos soldados británicos do que presenciaran durante a liberación. Unha das persoas que escoitaron as trasmisións radiais de Walker foi Moe Asch, quen se convertiría pouco despois nun lexendario produtor de música folclórica. Sendo naqueles tempos enxeñeiro na emisora radial neoyorquina WEVD, Asch gravou a transmisión de onda curta nun disco de acetato. Décadas máis tarde, a gravación foi descuberta no "Smithsonian Institution" polo historiador Henry Sapoznik.
Escoita a gravación do audio aquí

De seguido a transcripción da gravación:

PATRICK GORDON WALKER: Aquí Londres, chamando a Norteamérica.
O día que cheguei ao campo de concentración Belsen, ao quinto día da súa liberación, era un venres, o día anterior ao Shabat xudeu.
Aproximadamente a metade dos prisioneios sobreviventes en Belsen eran xudeus, e o capellán xudeu do Segundo Exército Británico, o Reverendo L.H. Hartman, guiou un servizo de véspera de Shabat ao ar libre no centro do campo. Para moitos dos homes e mulleres presentes foi o primeiro servizo relixioso no que participaban en seis anos. E probablemente foi o primeiro servizo relixioso xudeu efectuado en territorio alemán en absoluta seguridade e sen temores nunha década.
Ao redor noso xacían os cadáveres que ainda, tras cinco días, non foran retirados. Cuarenta mil ou máis foran evacuados, pero ainda había mil o dous mil máis, e persoas deitadas no chan agonizando a plena luz do día ante os nosos ollos. Ése era o telón de fondo deste servizo relixioso xudeu ao aire libre.
Durante o servizo, os poucos centenares de persoas reunidas choraban abertamente, coa alegría da súa liberación e o pesar polo recordo dos seus pais, irmáns e irás que lles foran arrincados e levados ás cámaras de gas e crematorios.
Esas persoas sabían que estaban sendo gravadas. Querían que o mundo escoitara á súa voz. Fixeron un esforzo enorme, que deixounos exhaustos. Escoiten:
Canto do "Hatikva"
L.H. HARTMAN: "¡Os Fillos de Israel ainda viven!"

Presentación de diapositivas con son da BBC: Liberation of Bergen-Belsen

miércoles 19 de marzo de 2008

O uso de escudos humanos polo terrorismo palestino

Eis un clarificador video sobre o uso de escudos humanos por parte do terrorismo palestino AQUÍ

sábado 16 de febrero de 2008

Dous moi interesantes traballos sobre a xudeofobia hoxe




"O mito español do xudeu arqueolóxico". Un traballo de Antonio José Chinchetru




"La judeofobia en España hoy". Un traballo de Eduard Yitzhak

lunes 31 de diciembre de 2007

Resolución do Congreso dos Deputados sobre a violación dos Dereitos Humanos en Irán


O Congreso dos Deputados condena por unanimidade a grave vulneración dos Dereitos Humanos na República islámica de Irán.

A Proposición non de Lei de CIU aprobada condena a execución de menores e a persecución de homosexuais con penas de morte e nas que se persegue a persoas cuxo único delito é, xeralmente, de identidade, etnia ou relixión. A Comisión de Asuntos Exteriores no Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei do Grupo Parlamentario Catalán (CiU) que condena a grave vulneración da Declaración dos Dereitos Humanos que supón a execución de menores de idade, a persecución dos homosexuais con severas penas que chegan ate a condena á morte, así como a persecución dos seus propios cidadáns por razóns étnicas e relixiosas. O Portavoz adxunto de Asuntos Exteriores de CiU no Congreso, Jordi Xuclà, xustificou esta iniciativa alegando que a complicada situación que atravesa o país desde unha perspectiva humanitaria pola vulneración dos dereitos humanos que se acomete na República de Irán onde hai vítimas por razóns de identidade, polas súas opcións ou orientación de xénero, etnia, relixión ou orientación sexual. Xuclà sinalou que esta situación se introduce a partir da nova lexislación derivada da Revolución de 1979 na República de Irán, que instaurou o actual sistema de goberno teocrático, violentou os dereitos humanos de miles dos seus concidadáns, a pesar que Irán asinou formalmente catro dos seis principais tratados sobre dereitos humanos. En concreto, o Pacto internacional de Dereitos Civís e Políticos, a Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación racial, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos Sociais e Culturais, e a Convención sobre os dereitos do neno. "Son moitos os institutos independentes de relacións internacionais e organizacións de defensa dos dereitos humanos que sosteñen que o goberno de Irán non só viola estes tratados senón que rutinariamente tamén viola a súa propia lexislación", recalcou Xuclà, Ademais, o parlamentario de CiU expuxo que esta vulneración dos Dereitos humanos en Irán constátase con situacións como o feito de que "haxa unha falta do proceso debido de garantías xudiciais en canto hai tribunais especiais", como o tribunal revolucionario que xulga delitos contra a seguridade nacional, trátase de xuízos sumarios que poden duran cinco minutos, cuxos fallos son definitivos e inapelables. A eles súmanse os tribunais especiais dos clérigos que tamén son definitivos e inapelables. Outro feito de denuncia é a práctica da pena de morte no país asiático, onde menores de idade son condenados á morte, Amnistía Internacional cifra en máis de 250 menores executados no que vai de ano. Ademais, agregou Xuclà, é sabida a discriminación de xénero por Lei, e na práctica, e citou como caso emblemático nesta vulneración dos dereitos humanos contra a muller o caso de Shirin Ebadi, Premio Nobel da Paz 2003 e activista iraniana en defensa dos dereitos humanos que tivo que renunciar ao seu cargo de xuíza, que obtivo con anterioridade á revolución iraniana, pola súa condición de muller. O deputado de CiU tamén expuxo a discriminación existente ás minorías étnicas, cuxos líderes foron encarcerados, ademais da falta de liberdade de prensa neste país e que, segundo un informe do a Organizacións sen Fronteiras do ano 2003, cífranse en 18 os xornais pechados no ano 2001. Xuclà recalcou tamén o feito de que no conflito Irán-Irán nos anos 80 este último país recrutase a nenos menores de idade e que execute a menores por delitos de delincuencia, un total de 8 foron condenados á morte en 2005 por este delito no ano 2005, segundo denunciou Amnistía Internacional. A iso súmase a persecución no país iraniano aos homosexuais, condenados con penal capital e que distintas organizacións internacionais cifran en 4.000 persoas executados pola súa orientación homosexual. En concreto, a Proposición non de Lei de CiU aprobada por unanimidade en Comisión de Asuntos Exteriores establece o seguinte:

" A Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados insta ao Goberno a manifestar ante as autoridades competentes do Goberno da República de Irán: A condena polos casos de evidente vulneración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que supón a execución de menores, a persecución dos homosexuais con severas penas que chegan ate a condena á morte, así como a persecución dos seus propios cidadáns por razóns étnicas e relixiosas".
28 de Novembro de 2007

jueves 15 de noviembre de 2007

Comunicado da Federación de Comunidades Xudías de España


Comunicado da Federación de Comunidades Xudías de España

Por mor de facerse públicos as formulacións dunha futura sentenza do Tribunal Constitucional, aplicada sobre o caso da Librería Europa e Pedro Varela, que despenaliza parcialmente o delito de apoloxía de xenocidio, a Federación de Comunidades Xudías de España quere compartir as súas preocupacións co resto da sociedade española. A sentenza do Tribunal afasta ao noso país das teses imperantes nos máis importantes países europeos, e entra en plena contradición con acordos internacionais de dereitos humanos, que limitan a liberdade de expresión ao respecto e defensa dos dereitos fundamentais. No nome dunha liberdade de expresión que podería exercerse sen límites no respecto aos dereitos humanos, o país converterase con toda legalidade no centro de información nazi de Europa con proxección ao resto do mundo, tanto no que respecta á difusión de tales contidos a través do libro e da prensa como en Internet. A Federación de Comunidades Xudías de España é totalmente favorábel á liberdade de expresión así como ao resto das liberdades constitucionais. Pero todas as liberdades teñen os seus límites a fin de garantir e servir á convivencia pacífica da sociedade e non para a infiltración do odio. Unha sociedade decente non pode atacar tan só aos causantes de danos reais, senón que necesita unha prevención para evitar que o odio racial se estenda. As vítimas do Holocausto séntense vítimas da sentenza do Tribunal Constitucional, que elimina os límites penais necesarios para evitar que se estenda o racismo, a xenofobia e o antisemitismo na sociedade. A Federación de Comunidades Xudías de España estudará acudir, por si mesma e en unión doutras organizacións e colectivos contrarios ao racismo, á xenofobia e ao antisemitismo ante as Institucións europeas e internacionais e ante os seus Tribunais.

Federación de Comunidades Xudías de España

-----------------------------------------------------------------------------


Comunicado de la Federación de Comunidades Judías de España

A raíz de hacerse públicos los planteamientos de una futura sentencia del Tribunal Constitucional, aplicada sobre el caso de la Librería Europa y Pedro Varela, que despenaliza parcialmente el delito de apología de genocidio, la Federación de Comunidades Judías de España quiere compartir sus preocupaciones con el resto de la sociedad española.La sentencia del Tribunal aleja a nuestro país de las tesis imperantes en los más importantes países europeos, y entra en plena contradicción con acuerdos internacionales de derechos humanos, que limitan la libertad de expresión al respeto y defensa de los derechos fundamentales.En nombre de una libertad de expresión que podría ejercerse sin límites en el respeto a los derechos humanos, el país se convertirá con toda legalidad en el centro de información nazi de Europa con proyección al resto del mundo, tanto en lo que respecta a la difusión de tales contenidos a través del libro y de la prensa como en Internet. La Federación de Comunidades Judías de España es totalmente favorable a la libertad de expresión así como al resto de las libertades constitucionales. Pero todas las libertades tienen sus límites a fin de garantizar y servir a la convivencia pacífica de la sociedad y no para la infiltración del odio. Una sociedad decente no puede atacar tan solo a los causantes de daños reales, sino que necesita una prevención para evitar que el odio racial se extienda.Las víctimas del Holocausto se sienten víctimas de la sentencia del Tribunal Constitucional, que elimina los límites penales necesarios para evitar que se extienda el racismo, la xenofobia y el antisemitismo en la sociedad.La Federación de Comunidades Judías de España estudiará personarse, por sí misma y en unión de otras organizaciones y colectivos contrarios al racismo, a la xenofobia y al antisemitismo ante las Instituciones europeas e internacionales y ante sus Tribunales.

Federación de Comunidades Judías de España

miércoles 12 de septiembre de 2007

Yad Vashem, Premio Príncipe de Asturias da Concordia




A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) quere manifestar a súa profunda ledicia pola concesión do Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2007 ao Museo do Holocausto de Israel, o Yad Vashem

viernes 17 de agosto de 2007

Ten Vostede sangue xudea?


Ten Vostede sangue xudea?

Os apelidos que poden consultarse nas seguintes ligazóns foron publicados polo xornalista e escritor catalán Pere Bonnín no seu libro "Sangre judía. Españoles de ascendencia hebrea y antisemitismo cristiano" (Flor de Viento Ediciones. Barcelona, 1ª edición 1998). Estes apelidos están tirados das listaxes de penitenciados e condenados polo Santo Oficio, dos censos das xudarías e de outras diversas fontes que indican claramente que a persoa portadora do apelido é xudea ou xudeuconversa. Xa que logo, todos estes apelidos son suspeitos de ascendencia xudea, ainda que os seus titulares non teñan conciencia do mesmo.

A B C D E F G H I J K L M N
O P Q R S T U V W X Y Z

sábado 4 de agosto de 2007

A Biblia Kennicot



A Biblia xudía de Galicia -a máis coñecida como Biblia Kennicot- é sen dúbida parte sobranceira do noso Patrimonio cultural, é xa que logo, parte da nosa Memoria Histórica. Eis un impresionante legado que nos deixou a presenza secular do Pobo xudeu entre nós. Os nosos paisanos xudios como gustaba de chamar o mestre Don Álvaro Cunqueiro. Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) demandamos do Goberno galego que faga esforzos para recuparar esta xoia que xamais debeu deixar Galicia. O seu lugar non é Oxford, o seu lugar é o Museo do Pobo galego.

jueves 17 de mayo de 2007

MÉDICO GALEGO QUE SALVOU A MILLEIROS DE XUDEUS DO NAZIS.



AO CINE O LABOR ALTRUÍSTA DO MÉDICO GALEGO QUE SALVOU A MILLEIROS DE XUDEUS DOS NAZIS
• A súa filla, a escritora e antropóloga social, Patricia Martínez de Vicente, presentou nunha conferencia na Casa de Galicia en Madrid a documentación recentemente desclasificada polos servizos de Intelixencia Británicos que avalan a veracidade da historia protagonizada polo seu pai, o cirurxián galego Eduardo “Lalo” Martínez Alonso.
• A conferenciante lembrou algunhas das aventuras que xa contou na súa novela “Embassy e a Intelixencia de Mambrú”, coas experiencias dos seus pais en España en unión ao M15 e M16 durante a II Guerra Mundial, e na que relatou as aventuras humanas e os entramados, clandestinos dalgunhas redes de evacuación aliada ao seu paso pola Península Ibérica, sen o coñecemento do goberno franquista.
• Patricia Martínez anunciou que prepara un segundo libro, que sairá á rúa o próximo mes de outubro, sobre os salvamentos en España durante a II Guerra Mundial, con outras rutas de evacuación, a partir dos Pirineos ate Portugal e Xibraltar, e sinalou que existen conversas cun guionista e un produtor cinematográfico para levar a historia do doutor Martínez Alonso á gran pantalla.
Se no 2003 esta escritora e antropóloga galega, presentou o seu libro “Embassy e a Intelixencia de Mambrú”, na Casa de Galicia en Madrid, sorprendendo a todos os asistentes coa súa narración, agora, catro anos máis tarde e no mesmo escenario, volveu a abordar o tema pero co descubrimento de novos documentos, topados en Londres no pasado mes de xaneiro, que poñen punto e seguido á súa ardua tarefa de investigación sobre a azarosa experiencia persoal e profesional do seu pai, o médico galego Eduardo “Lalo” Martínez Alonso. Un auténtico “self made man” digno de ser protagonista dunha película de Hollywood. A permisividade de acceso aos arquivos históricos do Servizo Segredo Británico a partir de 2005, permitiu á súa filla Patricia o acceso aos informes do seu pai. “Consta nos mesmos debido a que foi distinguido en 1945 cunha condecoración polo seu labor de espionaxe”, dixo a escritora. Este recente achado imprime realismo a esta historia ocorrida na España de Franco e na Europa da II Guerra Mundial que pronto veremos no cine porque Patricia “ten guionista e produtor”, ademais de que a “II parte do libro chegará en outubro”.
O 23 de maio de 2007 o doutor Eduardo Martínez Alonso cumpriría 104 anos. Unha data que loxicamente pasa desapercibida, a pesar de que se trata do centenario do nacemento do primeiro cirurxián torácico que operou o cancro de pulmón en España a finais dos anos 1940. Acontecemento tan descoñecido para a gran maioría como o das súas heroicidades no salvamento clandestino de refuxiados estranxeiros procedentes de campos de concentración alemáns e baixo o represión de Hitler.
Primeiros meses de 1940.
Madrid sufría as feridas da posguerra. A sospeita era a única relixión deses días. Cada movemento estaba estudado e o azar, era un risco inoportuno. Ao par, Europa ardía en chamas. A II Guerra Mundial protagonizaba a historia bélica do continente. Máis de 200.000 persoas fuxiron da fronte de guerra nos primeiros días da guerra en busca dun dereito fundamental mermado polo fogo, a vida. E a moitos deles (ingleses, alemáns, franceses...), Madrid saíulles ao paso. Non en van, a súa salvación non estaba na capital de España senón que, sería Redondela, a plataforma de lanzamento á liberdade xunto cun feixe de persoas, encabezada polo galego doutor Martínez, que colaboraron no proceso de xeito altruísta. Digno de calquera panorama de represión e autoritarismo, o clasismo estaba á orde do día. Os grandes contrastes evidenciaban a vida social daquelas afíns ao réxime que gozaban ao son do piano, entre pasta de te e pasta de te, risas de champagne e cuncas de café aromático. Todo iso no escenario dun Embassy de moda, tal hoxe un café real.
Aquel elegante salón de té, situada na beirarúa nobre do Paseo da Castellana, viña sendo a dobre cara dunha mesma moeda. O elitismo snob que se codeaba no andar de arriba agochaba a desgraza humana que sobrevivía na parte de embaixo. O fame, a suciedade, o frío e as enfermidades eran o día a día no grupo de humanos que se hacinaba na rebotica a espera de poder obter unha pasaxe e fuxir a Portugal ou Xibraltar, a través do mar ou do río Miño, onde o perigo brillaba pola súa ausencia. E así, sumaron máis de 30.000 os xudeus que discorreron polas planta deste centro de operacións, negocio de Margarita Taylor, que xunto con Lalo (participara como médico da Cruz Vermella nos dous bandos) e exercía de médico da Embaixada Británica en Madrid, e outros colaboradores, colaboraban co Servizo de Intelixencia Británica. No grupo que participou nos rescates figuraban, entre outros, o agregado naval da Embaixada, Alan Hillgarth, ao que Winston Churchil nomeara coordinador do servizo secreto en España.
As misións do doutor Martínez comezaron tralas visitas ao campo de concentración de Miranda de Ebro, onde o Goberno de Franco recluía a quen chegaba a España ilegalmente, fuxindo do III Reich. Lalo atendía a estes reclusos, atestiguaba nos partes médicos que estaban doentes e posteriormente, para evitar contaxios, os trasladada a Madrid, amparados pola matrícula diplomática do vehículo que empregaba. Despois de pasar polas planta do Embassy ou a planta da dona, o destino era a casa galega do doutor “A Portela”, situada en Redondela (Pontevedra). Alí chegaban tras percorrer o traxecto Madrid-Vigo no maleteiro dun coche. Alí pasaban a noite. No embarcadoiro de Redondela agardaban un grupo de mariñeiros vigueses, que levaban aos xudeus ate Portugal ou ate naves británicas fondeadas en alta mar. Logo o médico, certificaba as súas mortes. Aínda que os rescates producíronse entre 1940 e 1944, Martínez só participou nos salvamentos durante os dous primeiros anos.
A fuga obrigada do doutor xunto coa súa esposa, aparentando unha lúa de mel en Lisboa, camiño de Londres, pechou a etapa desta apaixonante historia real tanto polos vestixios materiais que sobreviviron ao tempo como polas condecoracións oficiais que atestiguan a veracidade do feito. Unha GESTAPO excesivamente entremetida nos asuntos de España ao abeiro das simpatías do réxime de Franco marcaron o fin da súa labor humanitaria.
Unha historia ancorada no silencio
O casual achado dun manuscrito do seu pai revelou a Patricia Martínez de Vicente esta insólita e descoñecida historia, hai 17 anos. A pesar de que nin a súa nai nin o seu pai lle falaran xamais do ocorrido facía 60 anos atrás, a curiosidade desta escritora levouna algún tempo máis tarde a iniciar unha investigación minuciosa que deu o seu primeiro froito no 2003 coa publicación de “Embassy e a intelixencia de Mambrú”. Un primeiro capítulo do gran best seller que Patricia está creando a base da compilación de información, contrastada e comprobada nos arquivos correspondentes e con lecturas históricas. Xa que logo, despois dos seus períodos de exploración, a autora irrompe na actualidade con novos e insólitos datos que aclaran e que imprimen máis curiosidade á historia.
• Volve á actualidade informativa con máis datos sobre o caso?
Efectivamente. Eu sempre pensara que o meu pai rematara o seu labor de axuda ás evacuacións clandestinas cando abandonou España froito da persecución da GESTAPO. Sen embargo, unha vez en Inglaterra seguiu colaborando co Servizo Segredo Británico como responsábel das fuxidas que se realizaban polo mar de Vigo e polo río Miño. Aínda que a súa colaboración “in situ” só durou dous anos, en Inglaterra alongouse tres anos máis, deica 1945, ano en que foi condecorado. Unha información á que tiven acceso a partir do ano 2005, data na que as autoridades gobernamentais británicas fixeron públicos os arquivos do seu Servizo Secreto.
• Por que tanto silencio?
Esa mesma pregunta me facía eu pero ao acceder aos arquivos históricos entendino perfectamente, por compromiso e moralidade. O meu pai xurara unha especie de segredo profesional ás autoridades británicas da época coas que traballaba e de feito, levouse o segredo á tumba.
• Como imaxinar que un elegante salón de té agochaba un dos máis activos tentáculos do antifascismo europeo?
Non me cabe dúbida de que a gran protagonista e encargada de transmitir normalidade absoluta ao par que se daba a dualidade foi a súa propietaria Margarita Taylor. Unha auténtica muller heroína que seguiu colaborando co Servizo Segredo Británico ate o ano 1944.
• Como sospeitar que un médico, o seu pai, reservado, conservador e monárquico, era un dos colaboradores máis activos do Servizo Segredo Británico?
A miña familia era moi "progre" para a súa época, non ian a misa, pero eran de dereitas. As xeracións máis novas tedes un problema con iso, porque non entendedes que se puidese ser de dereitas sen ser en absoluto franquista.
• Vostede publica no libro nomes e apelidos de xudeus salvados polo seu pai... Tivo noticias ou segue nesa liña de investigación?
De momento non pero podo anunciar a día de hoxe que en outubro se publicará a segunda parte do libro con moita máis información que recompilei ao longo deste tempo e que, incluso, sorprendeume a miña mesma. Ademais, estou moi feliz porque haberá película, teño guionista e produtor.

viernes 4 de mayo de 2007

CARTA DA EMBAIXADA DE ISRAEL AO SR.ANXO QUINTANA. VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA E PORTAVOZ DO BNG.










Madrid, 19 de marzo de 2007

Excmo. Sr. D. Anxo Quintana González
Vicepresidente
Xunta de Galicia
Edf. Administrativo San Caetano
15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Estimado Señor Quintana:

Me dirijo a usted con el fin de expresarle nuestra preocupación por las noticias recibidas sobre la decisión de abrir un procedimiento interno y la posible expulsión del partido BNG de Vigo del Señor Pedro Gómez-Valadés, Presidente de la Asociación de Amistad Galicia-Israel (AGAI).

Nos parece impensable que en un país democrático como es España se intente perjudicar y perseguir a una persona por su apoyo a Israel, un país democrático con lazos de amistad con España, con todos sus sectores sociales y partidos políticos.

A nuestro entender es imprescindible continuar con el diálogo y mantener los canales de comunicación con el apoyo de la sociedad civil y las asociaciones que trabajan en esta dirección, aún en el caso de malos entendidos y divergencias que puedan existir entre dos países amigos.

No me cabe la menor duda que los términos utilizados por algunas voces del partido BNG de Vigo respecto a Israel y a la Asociación, no representan el espíritu o la actitud de sus líderes que fomentan el diálogo y la apertura de la libertad de pensamiento.

Con un saludo cordial.

Alona Fisher-Kamm
Ministro Consejero