Por Pedro Gómez-Valadés
Asistiamos
hai unhas semanas ao tan anhelado final de ETA. Co seu fin chegou a
hora do reconto último de vítimas ocasionadas durante décadas polo
terrorismo etarra. A cifra final é froito da verificación por parte
do sistema policial, sanitario e xudicial dun estado democrático e
de dereito con todas as garantías que isto conleva, mesmo para os
propios terroristas.
Asistiamos
a pasada semana a violentos incidentes na fronteira de Gaza nos que
Hamas ofreceu un número de vítimas que, a pesar de proceder dunha
organización sinistra e terrorista, foi recibido pola opinión
pública e os medios de comunicación sen ningún cuestionamiento nas
cifras, sen que teñamos constancia de ningún sistema de
verificación fiable.
O
sucedido na fronteira de Gaza é sen dúbida unha terrible traxedia,
toda morte evitable de seres humanos o é. Pero na miña opinión hai
que distorsionar e retorcer moito a realidade para poder
responsabilizar diso ao estado de Israel, esquecendo a perversa
utilización que dos gazeties fai un grupo terrorista que goberna de
forma totalitaria e que utiliza como arma propagandística aos seus
cidadáns, lanzándoos, a pesar de todas as advertencias, contra o
valado fronteirizo con Israel, detrás da cal, non nos esquezamos,
hai civís aos que o estado de Israel -como calquera outro estado-
ten a obriga de protexer. Porque imaxinemos cal sería a situación
se algún grupo de militantes de Hamas conseguira atravesar a liña
fronteiriza e chegar a algún dos kibbutz ou pobos israelís que se
atopan xa a 300 ou 500 metros do valado, o escenario con certeza
sería dantesco.
Mais
as mortes, sexa o número que realmente sexa, é responsabilidade de
quen os provoca e utiliza para así obter réditos propagandísticos
sen ter en conta no máis mínimo os dereitos humanos dos seus
cidadáns.
Eramos
testemuñas hai unhas semanas do punto final de ETA. Oxalá, máis
cedo que tarde, poidamos ser testemuñas tamén do final dunha
organización terrorista aínda máis sanguinaria, como é Hamas. Sen
dúbida a súa desaparición será positiva, en primeiro lugar, para
os propios palestinos que directamente a padecen e, en segundo lugar,
tamén para o urxente proceso de paz israelo-palestino constantemente
saboteado e torpedeado polo islamismo radical da organización
terrorista Hamas.