Pedro Gómez-Valadés
Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia
París, decembro de 1969, Paco Ibáñez ten previsto actuar no 28 do Boulevard des Capucines, na mítica sala Olimpia. Pero nada máis facerse pública a nova da súa actuación, grupos de activistas en oposición ao réxime imperante en España fan un chamado ao boicot e cancelación do concerto. Outro tanto sucede con Serrat, Buñuel, ou as conferencias na Sorbona de Semprún. Evidentemente estas case surrealistas situacións nunca tiveron lugar, a solidariedade internacional contra a España franquista xamais boicoteou aos artistas, intelectuais, deportistas... españois que levaban a súa arte e o seu saber polo mundo adiante. Realmente imaxinar unha manifestación na porta do Olimpia é un auténtico disparate... ou non..Porque a día de hoxe si hai situacións reais semellantes que poden suceder -e suceden- nas nosas universidades ou en outros posibles escenarios, xa que ao aveiro da lexítima solidariedade con Palestina, grupos internacionais tamén presentes no noso país, promoven campañas de boicot contra calquera que proceda dun só estado no mundo, só un, contra calquera cidadán israelí.
Estas campañas levadas a cabo coa falsa coartada da solidariedade, son un grave atentado contra esa mesma solidariedade que din erguer como bandeira. Porque ademais de que o conflito palestino-israelí non pode resumirse nun guión en branco e negro, de bos e malos, estas accións antiisraelís son fondamente destrutivas para o que seica din pretender.
O camiño da paz non precisa de portas e fiestras pechadas, de pontes dinamitadas...o que realmente debera mover a quen queira apoiar a resolución do conflito é a empatía cos dous pobos, cos dous dramas que merecen un futuro xusto. E as campañas de BDS, coas súas indecentes ameazas e chantaxes, co seu castigo colectivo contra todos os cidadáns israelís, coa súa semente de odio antisemita non axudan en absoluto a xerar a necesaria atmosfera entre as partes que debe levar á mesa de negociación a palestinos e israelís.