A Graña é unha parroquia galega pertencente ao concello de Covelo situada na encosta da Serra do Suído no val alto do río Tea na provincia de Pontevedra. Con aproximadamente 350 habitantes, a súa poboación atópase distribuída entre os lugares de Eido Gonzalo, Fonte do Canón, Munxidoiro, Muiños, Porteliña de Campo, Rebordechao e Salcedo.
Os habitantes da Graña (grañudos), presentan riscos antropolóxicos que claramente os diferencia do resto da poboación circundante e que se identifican con outros casos de comunidades de criptoxudeus ou cristiáns-novos en Sefarad. Esta comunidade illada xeograficamente considérase a si mesma descendente de xudeus conversos e representa un dos grupos diferenciados máis importantes da península, pois conservaron moitos dos seus costumes até os nosos días. Entre as súas singularidades destácase a consciencia de “raza diferente”, percepción recíproca dos habitantes das poboacións veciñas e das persoas que coñecen os seus modos de vida.

Segundo a tradición, cando os Reis Católicos decretaron a expulsión dos xudeus dos reinos de España, algúns dos que moraban en Galicia, principalmente na área de Ribadavia, viñeron a refuxiarse aos pés da Serra do Suído. Destarte, en lugares afastados, poderían seguir a practicar a súas crenzas en secreto e safar da persecución implacábel da Inquisición.
Tanto a semellanza das construcións que aínda se conservan na Graña coas existentes na xudaría de Ribadavia canto as históricas ligazóns comerciais dos grañudos coa capital do Ribeiro parecen confirmar esta hipótese. Relativamente a confirmación da idea de seren descendentes de xudeus/conversos, transmitida polos grañudos de xeración en xeración, resulta fulcral o achado dun documento no Arquivo Diocesano de Tui, datado de 1752 e realizado polo pesquisador Maximino Fernández Sendín, en que se afirma: “é tradición que os habitantes da Graña proceden dos xudeus expulsos por dona Isabel e por don Fernando”. Aliás, a presenza xudaica na zona está confirmada pola existencia nun monte da parroquia de Campo do topónimo Chan de Xudeus.
Apesar do seu afastamento, a “vixilancia” da Igrexa Católica foise desdobrando progresivamente na Graña coa abertura dunha capela (desde 1741), unha casa de freiras no Munxidouro ou mesmo un penal da Inquisición. Sexa como for, en consecuencia da represión exercida pola Inquisición para punir aos cristiáns-novos impediu, a diferenza do caso da comunidade xudaica de Belmonte en Portugal, a conservación da fe mosaica nos grañudos, facendo con que, en certa altura, se perdese o coñecemento da súa orixe xudaica. Porén, os grañudos manteñen costumes ligados con prácticas das comunidades de cristiáns-novos, entre os cais:
Endogamia
Na Graña practicaron a endogamia de grupo até mediados do século XX, casando apenas entre eles e non sendo permitido casamentos fora da Graña. Isto é, os grañudos non casaban con “cristiáns-vellos” e, caso o fixesen, eran excluídos da comunidade. Na actualidade seguen a formar unha “tribo” e os seus membros regresan sempre a aldea para se reuniren, asistindo xuntos a todo tipo de acontecementos como un só grupo.
Comercio itinerante
A actividade tradicional desenvolvida polos membros desta comunidade non é a de agricultores-gandeiros desenvolvida maioritariamente polas xentes da zona, mais a do comercio, quer como arrieiros, quer como contrabandistas de sal, quer como mercadores de panos, tecidos, fios, café,…. ou mesmo como prestamistas. Durante séculos os habitantes da Graña, coñecida por iso como “Graña do Sal”, dedicáronse ao contrabando do sal, un produto que era moi caro, escaso e imprescindíbel para a conservación dos alimentos, curtumes e usos industriais. Aliás, entre os séculos XVI-XIX o mercado deste produto era monopolio real, estando taxado con grandes impostos. Portanto o sal era traido das salinas de Portugal polos grañudos en sacos até os mercados finais. A venda de tecidos realizábase entre os meses de setembro e abril de cada ano, ausentándose tanto homes como mulleres da Graña, ficando criadas ao cargo das casa e cativos.

A actividade de arrieiros consistía principalmente no transporte e a venda do viño que compraban no Ribeiro, ligando Ribadavia cos principais portos e rotas do mercado da época. O comercio itinerante permitía fuxir do control ao que estaban sometidos, non asistindo os domingos á misa ou non traballando nos sábados, pois ao estaren “de viaxe” durante varios meses do ano podían facelo e mesmo xuntarse cos seus irmáns de relixion para practicar os seus ritos, maiormente nas xudiarías do Miño. Alén diso, esta ocupación permitíalles, en casos de ameaza de visita da Inquisición, fuxir sen provocar sospeitas.
Para o desenvolvemento desta actividade comercial contribuiu grandemente o feito de a Graña se encontrar nun lugar estratéxico, ao ser atravesada por diferentes rotas e antigos camiños que permitían unha ligazón fácil con Portugal, Santiago de Compostela e con todos os centros de comercio importantes. Outra das peculiaridades desta comunidades é que os conflitos entre os membros foron sempre arranxados no seo interno sen recorrer á xustiza.
A muller sempre tivo un gran protagonismo dentro da estrutura social do grupo, realizando as actividades comerciais en igualdade de condicións que o home. A arquitectura do barrio vello da Graña aínda conserva a súa construción tradicional, caracterizada pola existencia de arruamentos compactos con habitacións pequenas que posúen sacadas deitadas sobre as ruelas. Estas características son semellantes ás existentes na xudaría de Ribadavia e diferenciadas das existentes nas aldeas da comarca.
Os horreos na Graña non teñen cruz |
Sinagoga
En Salcedo, un dos lugares máis antigos da Graña, existe un predio datado no ano 1669 que ten xeminada unha construción que, polo seu feitío e características, parece ter sido destinada como Sinagoga. Contrasta a simpleza da súa construción exterior coa beleza e perfección do seu acabamento interior. Salientar deste “alpendre”, o que parece ter sido o seu uso habitual, que sexa acesíbel através de dúas portas e que, ocupando a parte fronteira, exista un arco de medio punto de grandes dimensións.
A inexistencia de estudos histórico-arqueolóxicos especializados impide tirar calquer outro tipo de conclusión, mais esta é a idea que manteñen desde sempre os grañudos.
Outra das peculiaridades construtivas que se atopan na Graña é que os hórreos existentes nesta parroquia están desprovidos de cruces nos seus acabamentos superiores e nos dous únicos casos en que existen, trátase de engadidos moi posteriores a súa construción.
Actualmente os habitantes da Graña, após unha vida de mercadores ambulantes, adaptáronse ás novas formas comerciais ao abrigo das grandes concentracións urbanas, fixándose como comerciantes en Vigo, Pontevedra e outras vilas e cidades galegas, ben como do exterior (maiormente en Venezuela).
Bibliografia
“A Graña y los grañudos. Estudio Histórico Antropológico”, de Maximino Fernández Sendín (1995).
Reportaxe “Os veciños da Graña cóntannos o seu pasado xudeu”, da Televisión Galega (2012).
Reportaxe “Os veciños da Graña cóntannos o seu pasado xudeu”, da Televisión Galega (2012).