Por Pedro Gómez-Valadés
Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia
Moshé "Misha"
Arens, nado na extinta Unión Soviética no ano 1925 pasará a
historia de Israel por dous motivos principais: un, a súa ampla e
exitosa carreira de servizo público e segundo -e non menor-, ter
sido o "descubridor" e titor político do actual primeiro
ministro Benjamin Netanyahu.
Moshé Arens foi ademais
de chanceler con Isaac Shamir. ministro de defensa en tres ocasións
e embaixador en Washington no ano 1982, levando daquela como segundo
da legación a un mozo Netanyahu, Do seu paso por Defensa é
recoñecido dentro e fóra de Israel como unha peza fundamental no
desenvolvemento da actual potente industria aeronáutica e militar
israelí. Como deputado na Knesset (parlamento israelí) foi electo
en diferentes lexislaturas entre os anos 1973 e 1992 e posteriormente
entre 1999 e 2003
Arens e a súa familia
emigraron no ano 1939 desde a URSS a Estados Unidos onde formouse
como enxeñeiro aeronáutico nos prestixiosos Institutos Tecnolóxicos
de Massachusetts e California, chegando a servir no exército
norteamericano durante a Segunda Guerra Mundial antes de
establecerse xa definitivamente en Israel no ano 1948.
Moshé Arens foi sen
dúbida toda a súa vida fiel na súa adscrición política,
comezando o seu activismo no movemento xuvenil Beitar do precursor do
Likud, o Herut de Menahem Begin onde sempre militou ate o seu
falecemento esta pasada madrugada aos 93 anos.
Mais a longa traxectoria
política de Moshé Arens non ten no propio Israel unha valoración
uniforme. Porque a pesar de ter sido columnista habitual no xornal da
esquerda pacifista israelí HAARETZ, a súa posición política e
militar foi sempre conservadora. moi dura e firme, posicionándose
como escéptico -cando non contrario- a diferentes tratados de paz
asinados por Israel, desde a retirada do Sinaí e a paz con Exipto
aos Acordos de Camp David e Oslo. Descanse en Paz Moshé Misha Arens.
Ver orixinal: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2019/01/08/mentor-politico-netanyahu-contrario-aos-acordos-paz/0003_201901G8P24992.htm