04/11/14

A propósito da situación no Monte do Templo en Xerusalén

Xerusalén, 3 de novembro de 2014

O Monte do Templo en Xerusalén, onde se estiveron situados os dous Templos xudeus, é o lugar máis sacro no xudaísmo. Chamado Haram al-Sharif (o Nobre Santuario) por parte dos musulmáns, o lugar, hoxe, contén o Domo da Roca así como a Mesquita de Al-Aqsa, que é considerada o terceiro sitio máis sacro no Islam.

A Mesquita de Al-Aqsa está situada ao sur da chaira do Monte do Templo, cubrindo unha parte relativamente pequena da súa superficie. Máis aínda; todas as evidencias sitúan aos Templos xudeus históricos nunha parte diferente do Monte do Templo que a parte que, na actualidade, está ocupada pola mesquita.

Cando Israel reunificou Xerusalén (1967), decidiu autorizar ao Waqf Islámico (entidade islámica que controla e dirixe os edificios, incluíndo a Mesquita de Al-Aqsa en Xerusalén), a continuar administrando o lugar. Israel elixiu manter, ademais, o status-quo existente, de acordo ao cal os non-musulmáns poden visitar o Monte do Templo en horarios determinados, pero non están autorizados a levar a cabo ningún tipo de rezo. Máis aínda, os non-musulmáns, que visitan o Monte do Templo, non poden entrar na Mesquita de Al-Aqsa, e teñen certas limitacións para visitar outras partes do lugar, en especial  os grandes espazos abertos.

Resulta moi importante salientar que, o Goberno de Israel, atópase firmente comprometido a manter o status quo no Monte do Templo, e oporase a calquera proposta para cambialo.

Nos últimos meses, os radicais palestinos tentaron quebrantar o status quo, evitando que cristiáns e xudeus puideran visitar a explanada do Monte do Templo. Os radicais palestinos ( incitados por Hamas e a rama radical do Movemento Islámico en Israel) atacaron aos visitantes, así como á policía con pedras, bombas incendiarias e pirotecnia, utilizando a Mesquita de Al-Aqsa como a súa base de operacións. As autoridades israelís trataron de conter estes intentos, por parte de extremistas islamitas, de escalar a situación no Monte do Templo.

As ridículas e delirantes acusacións sobre que, Israel, planea causar algún dano á Mesquita de Al-Aqsa, non teñen ningún sentido nin base real. O feito de que proveñan non só de extremistas islamitas, senón tamén da corrente principal do liderado palestino, resulta alarmante e perigosa.

Son os mesmos axitadores palestinos quen están a profanar a Mesquita de Al-Aqsa, transformándoa en base para ataques. Utilizan o mobiliario da mesquita como barricadas e lanzan pirotecnia, dende dentro das súas instalacións, onde as alfombras e vigas de madeira poden prenderse lume, con suma facilidade. Os axitadores demostran a súa absoluta falta de respecto cara a maioría dos devotos musulmáns, quen só desexan rezar en paz, así como, tamén, cara ao propio Waqf Islámico que administra o lugar.

A Policía israelí, responsable da orde pública en Xerusalén, toma medidas escrupulosas e moi especiais para non ferir a sensibilidade dos devotos musulmáns no Monte do Templo. Os oficiais só entran á área en casos moi específicos, cando é necesario controlar os disturbios. Máis aínda, no marco da súa política, a Policía nunca penetra na mesquita. A pesar que, con frecuencia, atópanse en situacións de alto risco para as súas vidas, os oficiais de policía, que operan no Monte do Templo, están equipados só con medidas non letais.

Espérase que, tanto os devotos musulmáns como os visitantes doutras relixións, respecten o status quo. A policía encargarase daqueles que quebrantasen as regras, sexan musulmáns, xudeus, ou membros de calquera outra relixión.

Israel outorga o máximo valor a manter a liberdade de relixión e culto. Os sitios sacros xudeus (como o Muro Occidental), atópanse abertos sen limitacións a visitantes de todas as relixións, así como  os sitios sacros cristiáns en Xerusalén.

De seguido podedes ver un vídeo que mostra aos axitadores palestinos que profanan e comprometen a propia Mesquita de Al-Aqsa que, supostamente, seica pretenden protexer