30/06/14

Comunicado: Asasinato de tres rapaces israelies secuestrados



A Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI condena enerxicamente o asasinato do tres rapaces israelís secuestrados hai máis de 18 días por Hamas. Naftali Fraenkel, Gilad Shaar e Eyal Yifrah foron secuestrados o pasado 12 de xuño en Hebrón, e desde entón, non se tiña noticias do paradoiro, até hoxe. 18 días de terror para as súas familias.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, queremos manifestar nestes momentos de dor a nosa profunda solidariedade coas familias do tres rapaces asasinados e con toda a sociedade israelí. 

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI,  queremos reiterar máis unha vez, que o uso do terrorismo é incompatible coa procura da Paz.

Vigo, 30 de xuño 2014