Desde
a Asociación Galega de Amizade com
Israel-AGAI, solicitamos do Concello de
Lugo, e nomeadamente ao seu Alcalde, o cambio do nome da avenida
actualmente denominada de Ramón Ferreiro.
Lembrar
que Ramón Ferreiro foi condecorado en febreiro de 1942 polo goberno nazi alemán coa
Orde do Mérito da Águia Alemana concedida persoalmente polo propio
führer Adolf Hitler. Esta condecoración e recoñecemento nazi non
era entregada máis que a moi estreitos simpatizantes e
colaboradores do réxime nazi, e era a máxima distinción que o
Terceiro Reich dispensaba aos estranxeiros colaboradores.
Non
é realmente entendible que a estas alturas da democracia se poida
manter ainda no rueiro dunha cidade da importancia de Lugo o nome dun
persoeiro coma este.
Vigo,
4 de xullo de 2014