26/05/14

Sebastián Romero Radigales, "Xusto entre as Nacións"

Sebastián Romero Radigales, Xusto entre as Nacións (2014)

Yad Vashem, ven de declarar hoxe 26 de maio de 2014 como "Xusto entre as Nacións" a Sebastián Romero Radigales, cónsul xeral de España en Atenas entre os anos 1944 e 1945 que, a risco persoal, salvou da cámara de gas a non menos de 600 xudeus sefardíes de Salónica. 

Con este recoñecemento o diplomático español pasa á categoría de heroe universal como xa son Angel Sanz Briz, embaixador de España en Budapest, e os tamén españois Eduardo Propper de Calello, diplomático na embaixada española en Paris; e José Santaella e a súa dona Carmen Waltraut de Santaella (el era agregado de agricultura en Berlín nos anos máis duros do exterminio). Esta honra é o mesmo que ostentan, por citar un exemplo popular, Oskar Schindler, famosos pola película de Steven Spielberg  "A Lista de Schlinder". 

A distinción levou catro anos de intensas investigacións por parte do Yad Vashem, investigacións que foron encetadas a petición da Fundación Raoul Wallenberg. Lembrar que Salónica foi ate a Primeira Guerra Mundial a única cidade do mundo con maioría xudía, esencialmente sefardí. 

A actuación do cónsul Romero Radigales entre 1944 e 1945 mitigou a matanza nazi en Salónica grazas a unha tenacidade e un valor que permitiu salvar da Shoah a centenares de seres humanos. Con todo, máis de 45.000 xudeus de Salónica non tiveron a mesma sorte e remataron nos fornos crematorios. 

Yad Vashem informa de que aínda que o propio Yad Vashem non dubidaba de que Romero Radigales tratou de aliviar o sufrimento dos xudeus, para este instituto faltaba o chamado "elemento de risco", criterio fundamental para recibir o título outorgado de "Xusto entre as Nacións". 

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, asociacióon que ten coma punto fundacional a preservación da Memoria histórica da Shoah parabenizámonos publicamente pola boa nova. Romero Radigales foi un home nobre, un home xusto, que finalmente recibe o recoñecemento que merece. 

Vigo, 26 de maio de 2014