ORGANIZA |
«Realmente, eu desobedeci, mas a minha desobediência não me desonra»
A inauguración da mesma terá lugar o vindeiro martes 10 de xuño ás 18:00 horas e ficará aberta ate o 30 de xuño en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Estas exposición ocupará as dúas salas do andar inferior do Centro Camões en Vigo. Nunha das salas estará unha exposición producida polo Camões -Instituto da Cooperación e da Lingua- dedicada aos escritores portugueses que desempeñaron funcións diplomáticas ("A presente exposición pretende representar unha rigorosa selección de dez escritores diplomáticos e parte, primordialmente, da calidade e relevancia das obras literarias." - Duarte Ivo Cruz, Coordinador Científico e Editorial).
Na outra sala será onde estará colocada a exposición, producida pola Fundación Aristides de Sousa Mendes e consagrada á figura deste diplomático, que, en 1927, foi Cônsul de Portugal en Vigo. Para esta exposición contamos tamén coa colaboración do Vice-Consulado de Portugal en Vigo, que xentilmente cedeu documentación que testemuña a estadía en Vigo deste exemplar diplomático portugués.
Aristides de Sousa Mendes (1885-1954) era o Cônsul de Portugal en Bordéus o ano da invasión da Francia pola Alemaña nazi (1940), desafiou ordes expresas do seu Ministro dos Negocios Estranxeiros, António de Oliveira Salazar (que era tamén o xefe do Goberno), e concedeu visados de entrada en Portugal a decenas de milleiros de refuxiados, salvando así miles de vidas do Holocausto. A inauguración contará coa presenza do neto do ex-Cônsul de Bordéus (e de Vigo), o Dr.António de Sousa Mendes, que nos contará moitas historias do seu ilustre avó.
Máis info: http://us5.campaign-archive2.com/?u=15131ffc4351f8df9e3661682&id=d9c1d4c6db