24/05/14

Comunicado: Atentado antisemita en Bruxelas

 

Xusto cando hai só uns días se cumpría o segundo aniversario do brutal atentado antisemita no colexio xudeu de Toulouse (Francia), no que foron asasinadas catro persoas, entre ellas tres nenos, o odio antisemita volve golpear no corazón de Europa nunha data de especial simbolismo como é a véspera das eleccións ao Parlamento Europeo.
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos manifestar, amais da nosa enérxica condea do atentado, o noso chamado á sensibilización da sociedade civil europea e das súas autoridades ante a evidente e a crecente virulencia do antisemitismo en toda Europa.
O atentado que tivo lugar hoxe no Museo xudeu de Bruxelas, no que no momento de emitir este comunicado hai tres mortos e un cuarto ferido en estado moi grave, é un novo aviso que debe sacudir definitivamente as políticas que desde a UE e desde os Estados membros deben implementar con urxencia para poñer coto a esta espiral da que non vemos a súa fin.
O fenómeno do antisemitismo en Europa deu lugar a algúns dos episodios máis negros da historia da humanidade. Europa, espazo de liberdade, democracia e tolerancia, non pode permitir baixo ningún concepto a impunidade galopante do fenómeno antisemita.
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos manifestar a nosa solidariedade cos familiares das vítimas e a nosa demanda ás autoridades belgas dunha rápida actuación para a detención dos culpables do atentado terrorista.
Vigo, 24 de maio de 2014.