En
relación a polémica suscitada onte día 14 de maio no Parlamento de
Galicia, desde a Asociación
Galega de Amizade con Israel - AGAI
queremos trasladar as seguintes consideracións:
1/
En
primeiro lugar o noso total respecto á soberanía da Cámara Galega
como representante democrática e electa polas galegas e galegos. Xa
que logo, o noso respecto ás decisións que o Parlamento e a súa
Presidenta teñan a ben tomar.
2/
Desde o respecto a declaración aprobada o pasado día 6 de maio polo
Parlamento de Galicia, manifestar a nosa estrañeza polas
inexactitudes e erros históricos nos que incurre.
3/
En
relación a carta dirixida polo Embaixador de Israel en España, Sr.Alon Bar, entendemos que ao igual que respectamos escrupulosamente
a soberanía da Cámara Galega, respectamos tamén a da Embaixada de
Israel á hora de aclarar ou manifestar as súas posibles
discrepancias cando así o consideren pertinente.