23/04/14

Imaxes da conferencia de Juan Zapato en Vigo

Coa asistencia de perto de medio cento de socios e amigos interesados en escoitar de viva voz a realidade da literatura en Israel na actualidade, tivo lugar onte mércores 23 de abril en Vigo, a presentación do libro do escritor israelí Juan Zapato "Juglarías...un poeta en Israel". Un animado acto no que tivo lugar un interesante coloquio sobre diferentes temas da realidade israelí hoxe. Desde AGAI agradecemos ao autor a súa disponibilidade e colaboración para facer posíbel esta nova actividade da nosa asociación. Todá rabá. Moitas grazas.

 Pedro Gómez-Valadés, (esq) presenta ao escritor Juan Zapato