O vindeiro mércores 23 de abril ás 20:00 horas terá lugar no Hotel México en Vigo (Vía do Norte 10) a Charla-coloquio e presentación do libro "Juglarias: un poeta en Israel" do escritor israelí Juan Zapato.
O acto ademais da presentación do devandito libro, será un repaso ao estado actual da literatura israelí nos nosos días. Moi en especial a editada en español xa que Juan Zapato é o actual secretario da Asociación de Escritores Israelíes en Lengua Castellana (AIELC).
O acto será presentado por Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI
O autor:
Juan Zapato naceu na cidade de Córdoba, Arxentina. Marchando para Israel no ano 2000 adoptando a costeira de Naharia coma morada e fogar onde recomezar a súa vida. No ano 2007 publica o seu primeiro libro de poemas “Arderás en mi”. Membro e secretario da Asociación de Escritores Israelís en Lengua Castellana (AIELC). Creou e dirixiu “Israel Latina”, primeiro Magazine bilingüe español-hebreo e a revísta “Libros & Lectores”. Coordina o ciclo de encontros literarios en Kfar Vradim organizados pola Moatzá e o ciclo “LiterAliá” na OLEI Naharia. Dirixe dende o ano 2007 o magazine electrónico “La Torre de Babel” e publica a súa visión sobre Israel en “Juglarías…un poeta en Israel”. En novembro de 2011, o seu relato “Tres tristezas” foi recollido na antoloxía “El Tintero Virtual”editado en España pola editorial Atlantis. Dirixe e presenta un programa literario en Radio Sefarad, emisora da Federación de Comunidades Judías de España-FCJE. Tanto a súa obra lírica coma os seus ensaios sobre política israelí son publicados en diferentes medios tanto en Israel como internacionais