O
1º de novembro de 2005, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución
60/7 na que designou a data do 27 de xaneiro Día Internacional de Conmemoración anual en memoria das vítimas do
Holocausto.
Tras a aprobación da resolución, o Secretario Xeral das Nacións Unidas describiu este día especial coma "un importante recordatorio das ensinanzas universais do Holocausto, atrocidade sen igual que non podemos simplemente relegar ao pasado e esquecer".
Os horrores da Segunda Guerra Mundial deron lugar á creación das Nacións Unidas. O respecto dos dereitos humanos de todos, sen facer distinción por motivos de raza, sexo, idioma ou relixión, é un dos mandatos fundamentais previstos na súa Carta.
Ao inaugurar
o Museo da Historia do Holocausto do Yad Vashem (Xerusalén - Israel) en marzo de
2005, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, recordou que "a
repulsa ao xenocidio, ao asasinato sistemático de seis millóns de xudeus e
millóns doutros colectivos foi tamén un dos factores que promoveron a
Declaración Universal de Dereitos Humanos". O Secretario Xeral agregou que
"as Nacións Unidas teñen a responsabilidade sagrada de combater o odio e a
intolerancia. Se as Nacións Unidas non están á vanguarda da loita contra o
antisemitismo e outras formas de racismo, negan a súa historia e socavan o seu
futuro".
O 27 de xaneiro foi elixido para conmemorar o Día Internacional de Recordación do Holocausto porque nesa data, en
1945, o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi, en
Auschwitz-Birkenau (Polonia).
Co gallo da conmeración desta data, o vindeiro domingo dia 26 de xaneiro, ás 12:00h, a Comunidade Xudia de Galicia e máis a Asociación Galega de Amizade con Israel, convidámoste a participar nunha cerimonia de Conmemoración do Dia Internacional de Recordo das Vitimas do Holocausto que terá lugar na cidade da Coruña no local da Comunidade xudía sito no C.C. Ventorrillo, rúa Alcalde Salorio Suarez, primeiro andar local 13-14