Co gallo da conmemoración anual o vindeiro 27 de xaneiro do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI organiza en Vigo a exposición "Galegos en Mauthausen" que estará aberta ao público desde o 7 até o 31 de xaneiro na sala de actos e exposicións da Casa do Libro en Vigo sita na rúa Velázquez Moreno 27. Desde AGAI queremos agradecer a asociación Memoria Histórica Democrática a súa colaboración para poder levar adiante esta exposición na procura do recoñecemento público -aínda pendente- das vítimas galegas nos campos nazis durante o Holocausto na II Guerra Mundial.