08/10/13

Inauguración na Coruña

Imaxe do local



A vindeira fin de semana do 25 e 26 do mes que andamos, a Comunidade Xudía B´Nei de Galicia vai inaugurar a súa Kehilá na cidade da Coruña. Segundo nos informan, haberá sevizos de Kabalat Shabat o venres 25 ás 20:00 horas e un servizo de Havdalá e merenda ás 18:00 horas na tarde do sábado 26. Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos parabenizar á comunidade xudía de Galicia pola boa nova! Mazel Tov!