03/06/13

Fin de semana de balonmán entre Galicia e Israel

Esta pasada fin de semana tiveron lugar os dous encontros programados entre a selección sénior absoluta de Galicia e a israelí. A presenza en Meaño e Pontevedra do combinado israelí, en plena preparación para o pre-europeo de balonmán fixo posible estes dous magníficos e disputados partidos internacionais amigables. No partido do domingo disputado no Pavillón municipal de Pontevedra ante media entrada nas bancadas, contouse coa asistencia do concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, e do presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Luis Pérez Ouro. De seguido unhas imaxes dos dous choques: