04/06/13

A Selección de Israel de taekwondo en Galicia


Na imaxe, o equipo israelí coa selección galega no CGTD.


A selección galega e o Natural Sport continúan coas súas intensas sesións de traballo xunto ao equipo nacional de Israel desprazado a Galicia. O equipo israelí chegou a Galicia o día 13 de maio e permanecerá no noso país ate o día 20, con duplas sesións técnico-tácticas por día, traballando de xeito conxunto as dúas seleccións no Centro Galego de Tecnificación Deportiva-CGTD. É, sen dúbida, unha magnífica oportunidade para aprender, xa que o equipo desprazado por Israel conta cunha grande calidade, con medallistas europeos e mundiais, así coma olímpicos. A selección israelí desprazada a Galicia fica composta polos seguintes desportistas:
Adestradores:
Yechiam Sharabi / Mark Barginski
Deportistas:
Equipo masculin:; Bello Sahar (-54), Ron Atias (-58), Edi Serbanesku (-58), Moti Lugasi (-58), Gili Haimovitz (-63), Liran Melachi (-63), Ilan Barginski (-68), Yoni Edelstain (-74), Alon Alboher (-74).
Equipo feminino: Yasmin Wal (-49), Yuval Lustiger (-49), Batel Getterer (-57)
.
Recepción no Concello de Ribeira a Selección Nacional de Israel