21/02/13

Conferencia: "El sefardí como lengua española: sus retos de futuro"

Doutor Abraham Haim


Conferencia en Vigo

"El sefardí como Lengua Española: sus retos de futuro"

 Venres día 1 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio do Areal en Vigo (rúa Areal 46) e organizado polo Club Faro de Vigo
.
Presenta: MªGloria de Antonio Rubio, doutora en Historia medieval pola UNED, investigadora no CSIC-Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento". Premio Samuel Toledano 2008 polo seu traballo de investigación "Los Judíos en Galicia: 1044-1492", premio este concedido anualmente e presentado en Xerusalén, levando o nome de Samuel Toledano, quen foi un dos grandes renovadores da comunidade xudía en España. O premio é concedido anualmente a un investigador de Israel e a outro de España, que traballan no estudo das comunidades xudías en España e nos países da diáspora sefardí: a súa historia e o seu legado cultural así como as relacións entre Sefarad e Israel. O premio ten unha dotación de 15.000$ para cada un dos dos galardoados. A comisión do Premio está presidida polo Sr.D.Yitzhak Navón, quen foi quinto Presidente do Estado de Israel e a compoñen destacados membros do campo académico e personalidades do ámbito público (político, cultural, etc.) israelí.

Intervén: Abraham Haim (Xerusalén 1941). A súa formación académica inclúe unha licenciatura en Historia do Oriente Medio e Lingua e Literatura Árabe pola Universidade Hebrea de Xerusalén (1965-1968) e un Doutoramento en Historia pola Universidade de Tel Aviv (1985). Durante cinco anos foi Director Xeral do Patrimonio Sefardí no Ministerio de Educación e Cultura de Israel. Na actualidade é membro do Consello da Comunidade Sefardí de Xerusalén e encargado de asuntos hispánicos do devandito Consello. Ademais é Coordinador da Comisión do Premio Samuel Toledano, cuxa entrega en Xerusalén foi presentada por el en diversas ocasións.

Entre os seus nomeamentos salientar os de Comendador da Orde do Mérito Civil, Presidente de Honra da Asociación de Relacións Culturais Segovia-Israel, Presidente de Honra da Asociación Internacional da Xudaría de Toro (Zamora), Membro Correspondente en Xerusalén da Academia de Boas Letras, Belas Artes e Ciencias de Huelva, Académico correspondente da Real Academia de Doutores de España, Presidente Honorífico do Centro de Estudos Medievais de Ribadavia (Galicia), Embaixador para a Paz pola Universal Peace Federation durante a asemblea celebrada en Washington D. C., Presidente de honra da Asociación Monte Sinaí.


Organiza: Club Faro de Vigo

www.amizadeconisrael.org