17/12/12

Xoán Bernárdez presenta a Jaume Renyer

 Jaume Renyer (esquerda) e Xoán Bernárdez

Texto de presentación a cargo de Xoán Bernárdez Vilar da conferencia “Catalanismo e Israel”, deitada por Jaume Renyer i Alimbao en Vigo o 14 de decembro de 2012

Boas tardes, Quero en primeiro lugar dicir que é para min toda unha honra presentar a un conferenciante da talla de Jaume Renyer i Alimbao.

Mais antes de o facer direivos que, o mesmo que na Biblia, todo ten unha Xénese, un principio, e que éste parece atoparse no Libro “L’exemple dels jueus. El catalanisme d’esquerres i la seva visió del poble jueu i del conflicte a Palestina (1928-1936)”. Esta obra, que inicialmente fora nada máis que unha investigación universitaria, converteuse axiña nunha Tese de Doutoramento, e rematou por ser publicada o pasado 16 de xullo polo seu autor Joan Pérez i Ventanyol. Coma presentadora da mesma actuaron a profesora Tessa Calders e o Historiador Joan B. Culla, que, ao mesmo tempo, fora o director da investigación. Tamén fora responsable do bo remate desta labor, Esperança Valls. Neste libro procurábase respostar á pregunta de qué fixera o catalanismo de esquerda acerca da cuestión xudía, ao longo da Segunda República, o que deu lugar ao achado de importantes opinións, así coma de novas, de reportaxes e de entrevistas sobre canto cos xudeus se relacionaba. Quizais debidos á tradicional visión europeísta que sempre tivo o nacionalismo catalá. ao interese historico que dende comezos do XX houbera en Catalunya acerca dos xudeus cataláns.

Influiu, asimesmo, a presenza de moitos cataláns visitando Terra Santa. Por exemplo, en 1928 o relixioso Pere Voltas i Montserrat, publicou “El Sionisme”, unha obra que trataba a cuestión nacional hebrea recollendo un percorrido exhaustivo pola mesma. As persecuións en Europa promoveron tamén inmigracións xudeas a Catalunya. o antisemitismo de entreguerras fixo, asimesmo, que diversos autores cataláns xerasen unha forte correnta de opinión arredor do feito os disturbios entre as comunidades hebrea e árabe a partir de 1928. Palestina era un mandato do Imperio Británico dende finais da 1ª Guerra Mundial, converteron o conflicto nun tema tan mediático case que como o de hoxe en día, o que conlevou a publicación dunha grande diversidade de opinións e reflexións.

Falemos agora de Jaume Renyer i Alimbau.

Nado en Vila-seca en 1958, conta agora con 54 frutíferos anos, que paso a sintetizar:
Militante do Partit Socialista d’Alliberament Nacional dels Països Catalans (1975-1979, e 1986-1991).
Militante de Nacionalistes d’Esquerra (1979-1983).
Licenciado en Dereito pola Universitat de Barcelona (1981).   
Militante de Esquerra republicana de Catalunya (1991-2009) e membro da súa Executiva ata 1996.
Conseller do Consell Consultiu de la Generalitat de Catalunya
2000-2004).
Membro da Comissio Mixta de Transferències Estat-Generalitat
2004-2009).
Militante de Reagrupament Independentista (2009-2010) e membro da súa Executiva.
Actualmente éo de Solidaritat Catalana per la Independència, e, dende 2010, membro da súa Executiva Nacional.
No 2009 foi un dos fundadores e o seu primeiro President, de
L’Associació Catalana d’Amics d’Israel, xunto con destacadas persoalidades da vida política catalana.
(Convén que lembremos que en Catalunya existe dende hai 35 anos outra entidade semellante, como é a Associació de Relacións Culturals-Catalunya Israel).
Asimesmo, en marzo do 2012 Jaume Renuer foi un dos promotores, do Manifesto colectivo desde Catalunya, Euskal-Herria e Galicia do
Galeuscat-Israel Pola Paz contra o Boicot a Israel, do que nesta sala se atopan algúns dos firmantes.  
Entre a súa bibliografía citamos, por orde cronolóxico:
-Catalunya qüestió d’estat (1995)
-L’autodeterminació del poble catalá. Preguntes i respostes (2000).
-Avantprojecte d’estatut nacional de Catalunya (2001).
-L’estat contre els pobles, la globalització i el fenomen nacional a Europa (2002).
-Un estado judio y democrático (2010).
-Anticatalanisme i antisionisme, avui (2011).
Coma remate lembro tres respostas súas moi agudas como éstas. Así, como cando o acusaron de estar a soldo do Sionismo internacional, comentou:
-Xa, Xa; Xa me gustaría a min estalo….
Existe un sionismo internacional?”
-O que sí existe é un antisionismo internacional.
Ou:
-A situación de Catalunya é de espolio, xa que se veñen investido os termos de dominado e dominamte.
Jaume Renyer vai defender a súa Tese de Doutoramento en Dereito, esperamos que positivamente, dentro de só tres días.

Imaxes da conferencia
Pedro Gómez-Valadés (esquerda), presidente de AGAI, Jaume Renyer (centro), presidente de ACAI e Jon Iñarritu en Vigo