Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos manifestar a nosa condena polas lamentables palabras do sr.Francisco Vázquez, no programa Foro Aberto emitido pola TVG nas que comparaba a morte a mans do rexime nazi de máis dun millón e medio de nenos xudeus durante o Holocausto coa situación que según el viven os nenos en Cataluña.
Non é tarefa da nosa asociación a de valorar lexislacións lingüísticas nin a súa aplicación, mais si a de condenar a perversa banalización do Holocausto.
E desde logo a comparación feita polo sr.Francisco Vázquez é unha aberrante banalización, absoluta e inxustificable, moito mais grave porque estamos a falar dunha personalidade pública que debera ser exemplo de respecto á memoria das vítimas do Holocausto nazi.
Vigo, 13 de decembro de 2012