Quo vadis, Jerusalem
Creo que era o título dunha película –descúlpeseme a miña ignorancia cinéfila-. Pero ven como anel ao dedo para tratar de respostar ao interrogante sobre o futuro desta cidade milenaria, chamada Jerusalem. Cargada de historia, nela atópanse lugares santos para varias relixións e os seus respectivos crentes sendo obxecto de disputa desde tempos inmemoriables.

.
Cinco días como visitante semellan insuficientes para realizar unha valoración ampla e obxectiva. Difícil resulta contestar a esa pregunta coa que titulo esta crónica. Aínda así, arriscarémonos. Non teño clara a resposta sobre o futuro de Jerusalem. Quen a terá?... Pero si estou seguro do que esta urbe, cos seus setecentos mil habitantes actuais, non quere ser. En primeiro lugar, Jerusalem non quere que se fagan máis guerras no seu nome. Jerusalem non quere ser testemuña de comportamentos e actitudes intolerantes cara calquera persoa ou colectivo, nin discriminacións por razóns de credos, razas, sexos, nacionalidades. Jerusalem non quere que polas súas rúas reine a imposición. Jerusalem non quere perder esa maxia que encerra a súa cidade vella, nin deixar de ser destino de peregrinacións daqueles que buscan un sentido trascendental ás súas vidas, nin perder a misticidade que rodean os distintos cultos que nela se celebran.

Jerusalem tampouco quere renunciar a ser unha cidade moderna e vangardista, que combina o seu histórico pasado co inevitable progreso. E Jerusalem non quere, baixo ningún concepto, deixar de ser a Capital de Israel.
.
Quo vadis, Jerusalem. Os tempos dirán. Pero Jerusalem sabe onde non quere chegar. Teno tan claro e a súa decisión é tan firme que lle servirá para disuadir a aqueles que anhelan un futuro totalmente distinto para ela non acaden as súas metas.