11/09/10

Estudo sobre Antisemitismo en España (2010)


O pasado mércores día 8 foi presentado en Madrid o "Estudio sobre antisemitismo en España" encargado por Casa Sefarad-Israel e presentado polo Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Angel Moratinos. Unha das principais conclusións a tirar do Estudo é que a opinión sobre os xudeus vén en grande medida determinada pola percepción que en España se teña da política israelí en Oriente Medio, un resultado que poidemos considerar vén determinado fundamentalmente por tres elementos:
1. A confusión, por claro descoñecemento, entre xudeus e Israel por amplos sectores da sociedade española.
2. O Estudo non analiza coa profundidade debida que é o que determina a opinión dos españois sobre os xudeus, cantos dos enquisados coñecen persoalmente a un xudeu, etc. Non é desde logo descubir a pólvora se dicimos que é a influencia da sistemática propaganda anti-israelí travestida de "información do conflito" da gran maioría dos medios de comunicación españois sob a coartada da defensa da causa palestina, é a que condiciona de xeito fundamental a opinión do cidadán. Informacións nas que con preocupante frecuencia empréganse ideas, argumentarios e iconografías abertamente antisemitas para "infomar" sobre Israel.
3. O Estudo tampouco trata a cuestión da importancia da influencia dos prexuízos antixudeus e antisemitas nas actitudes dos españois cara a Israel. Para quen poida crer que o antisemitismo é consecuencia da política de Israel, convén lembrar que desde moito antes da creación e independencia do Estado de Israel había xa antisemitismo en España. É especialmente preocupante é o feito de que un 11% (un de cada nove) dos enquisados opine que "Israel debe desaparecer".
Pode descargar o estudo completo en formato pdf:
Descargar AQUI a enquisa completa