15/03/10

Editorial sobre España publicado por Jerusalem Post


A ENFERMIDADE ESPAÑOLA.
Editorial
The Jerusalem Post
09.03.2010
.
“Cómo pode enfrontarse Israel ao desafío español? Evidentemente, o embaixador Shultz non o pode afrontar en solitario”
.
As acción levadas a cabo por un radical tribunal anti-israelí, que a Embaixada Israelí en Madrid comparou cun linchamento, é a máis recente serie de incidentes anti-semitas levada a cabo por españois. Este aluvión de ataques contra Israel lévanos a parar un intre e facernos unha pregunta: Qué está a acontecer na Península Ibérica e qué podemos facer para combatilo?

A principios deste mes en Barcelona -cidade que no século XIII acolleu a unha das máis ilustradas comunidades da Historia Xudea- tivo lugar unha xuntanza dun tribunal asesor no que, sen figurar representante algún de Israel, acometeu o traballo de analisar “en qué medida a Unión Europea e os seus estados membros son cómplices das violacións que por parte de Israel se dan sobre os direitos da nación Palestina”.

A Embaixada Israelí sinalou que non era casualidade que o “Tribunal Rusell”, así nomeado en alusión ao filósofo Bertrand Russell, exista en España e se manteña económicamente con fondos do Ajuntament de Barcelona, dando boa fé da “inquietante situación de anti-semitismo” no país. A finais de Febreiro, mentras tanto, a Embaixada recibía docenas de postais escritas por nenos e nenas españois de idade escolar con mensaxes como: “Os xudeus matan por diñeiro”, “Deixai o país para os Palestinos” ou “Marchade a algures onde vos acepten”.

A mediados de Febreiro, o Embaixador en España Rafael Shultz protestou por unha exposición de dúas pezas de arte na Feira de Arte Contemporaneo-ARCO en Madrid con insultantes mensaxes anti-xudías. A primeira, unha escultura dunha menorah saindo do canón do subfusil Hebreo Uzi. A outra, unha escultura moi realista feita en poliuretano de un hassid de pé sobre os ombreiros dun sacerdote católico que, a súa vez, está de xeonllos sobre un musulman, devoto postrado. Esta escultura titúlase “Camiño ao Ceo”.

Nunha entrevista en EL PAIS, o artista catalán Eugenio Merino, autor das esculturas, defendeu a súa arte co argumento de que “Camiño ao Ceo” fora adquirida por un xudeu belga por 45.000.- Euros. O Embaixador Shultz, que foi agredido verbalmente o ano pasado con adxetivos como “Sucio xudeu”, “Xudeu, fillo de ****” e “ Xudeu asasino” cando el e maila súa muller voltaban dun partido de futbol acompañados pola policía, decidiu non demandar á exposición, temendo que podería provocar ainda máis incidentes anti-semitas.

España ten unha longa e triste historia de anti-semitismo dende datas anteriores á Inquisición. Durante séculos despois da expulsión de 1492, os españois cumpliron a prohibición de que os Xudeus no puxeran o pé en solo español. O fascista Francisco Franco, dictador pro-árabe que dirixiu España do 1939 ao 1975, mantivo vivos eses sentimentos anti-israelíes.

O Primeiro Ministro socialista, Jose Luís Rodríguez Zapatero, está alineado con activistas anti-globización de constante retórica e sentimentos anti-israelíes. Durante a Segunda Guerra do Líbano en 2006, Zapatero cunha keffiyeh arredor do pescozo dixo a un grupo de xóvenes socialistas que “ninguén debería defenderse a si mesmo usando unha forza que pon en perigo aos seres humáns inocentes”.

Hai menos dun ano citou textualmente que “ é comprensible que alguén poida xustificar o Holocausto”. Zapatero, que chegou ao poder nunha inesperada vitoria eleitora tralos atentados islamistas dos trens de Madrid no ano 2004 e que inmediatamente retirou as tropas españolas de Iraq, foi reelexido en 2008. En setembro do 2009, a Liga de Anti-Difamación publicou un informe titulado: “Contaminando a praza pública”: Discurso anti-semita en España” no que expresaba a preocupación sobre as constantes viñetas e artigos dos principais grupos mediáticos, e enquisas de opinión levadas a cabo o ano pasado mostrando un incremento alarmante nas actitudes anti-semitas.

Todo esto nun país con non máis de 30.000 xudeus dentro dunha poboación total de case 47 millóns de persoas. Cómo pode enfrontarse Israel ao desafío español? Evidentemente, o embaixador Shultz non o pode afrontar só. Non podemos agardar tampouco grandes resultados da nova idea Ministro da Diplomacia Yuli Edelstein consistente en recrutar e formar israelíes de a pé que viaxan por casualidade fóra do país para así dar a batalla no ámbito das Relacións Públicas. Nunca será dabondo o ben que os poidamos formar con todo tipo de consellos e recomendacións.

Un comezo positivo sería mellorar a eficacia e eficiencia das Relacións Públicas, xa que semella non ter moito sentido dispersar esta competencia entre tantos Departamentos: o Ministro de Exteriores, o Voceiro das Forzas Armadas Israelíes, a Oficina de Prensa do Goberno e o novo proxecto de Edelstein, sen mencionar ao equipo que Ehud Olmert puxo na Oficina do Primeiro Ministro, e un novo equipo supervisado polo Ministro de Relacións Estratéxicas, Moshe Ya´alon.

Incluso a mellor Diplomacia Pública, nembargantes, non conseguiría erradicar o arraigado anti-semitismo español. Ese é o desafío que España ten que afrontar.