24/12/09

Ada Yonath: discurso no banquete de recepción do Premio Nóbel



Ada Yonath
Premio Nóbel en Química 2009
Discurso de Banquete 10 de decembro, 2009

Maxestade,
Alteza Real,
Damas e Cabaleiros,

É unha grande honra para min poder expresar o meu sincero agradecemento á Fundación Nóbel. Solicitáronme representar aos laureados en Química 2009, que somos tres. Pertencemos a diferentes nacionalidades, xéneros, visións e educación. Con todo, compartimos unha paixón común: entender como o ribosoma produce proteínas de acordo ás instrucións do código xenético, un tema co cal moitos máis científicos de todo o mundo contribuíron enormemente. Cando a Real Academia realizoume a proposta, fun aconsellada en tomar o beneficio do discurso de Isaac Bashevis Singer, Laureado en Literatura en 1978, quen comezou así: "A xente sempre me pregunta, Por que escribes nunha lingua que se está extinguindo, o idish?"
En verdade, as palabras que xorden do verbo "morrer" eran, con frecuencia, utilizadas cando describía os meus plans iniciais para determinar a estrutura do ribosoma. Moitos científicos distinguidos dixeron: "Por que traballar sobre ribosomas. Están mortos, sabemos todo o que hai que saber sobre os mesmos", ou "este é un camiño cun punto morto" , ou "morrerás antes de chegar alí". Para a miña satisfacción, esas predicións probaron ser erradas. Os ribosomas están vivitos e coleando (coma min) e as súas estruturas, de alta resolución, estimularon máis os meus avanzados estudos así como a imaxinación de moitos mozos, incluíndo a miña neta Noa, que está a mostrar un continuo interese, e convidoume a visitar aos seus alumnos -entre 5 e 13 anos- para explicarlles que é o ribosoma.
Ademais, hai un novo dito en Israel: "O cabelo enrulado (como o meu) significa ROSH MALE RIBOSOMIN, que se traduce como: cabeza chea de ribosomas". Máis aínda, os nosos estudos sumáronse ao entusiasmo circundante, aos adorables osos polares, que inspiraron a miña propia investigación e están, agora, en perigo polo cambio climático. Tamén fun instruída de non usar esta oportunidade para agradecementos. Fun, sempre, coñecida como unha persoa obediente e, por tanto, decidín seguir este consello, aínda que cunha excepción. Quero agradecer, calidamente, ao meu dedicado chofer Nisse. Sen el, perderíame en Estocolmo, a marabillosa aínda que escura cidade, e entón faltaría aos meus máis fascinantes eventos desta semana máxica