05/11/09

AGAI en TVE-2


Miguel Boo (dereita) no día de constitución da nosa Asociación




No programa de TVE-2 "RTVE Responde" dirixido pola xornalista e actual Defensora do Espectador, Elena Sánchez, e que será emitido mañá venres día 6 ás 20:30 horas aparecerá unha intervención de Miguel Boo, Secretario de AGAI.
Como froito da intensa campaña de denuncia promovida desde AGAI e xa que logo, as moitas queixas e protestas que desde Galicia recibiron en RTVE por mor da emisión o pasado día 4 de Outubro do programa "En Portada" titulado "Las heridas de Rafah", desde RTVE contactaron con AGAI e foi o noso compañeiro Miguel Boo o encargado de por voz á nosa denuncia.
Eis a web do programa onde poderá verse on-line o programa AQUI