27/10/09

Amnistía tírase á piscina

Por Jorge Marirrodriga
http://israeltodos.blogspot.com/
.
Aquí vale todo señores. Amnistía Internacional ven de tirarse á piscina cun informe de 122 páxinas no que explica como os cabronazos dos israelís dilapidan a auga dos palestinos. E achegan, entre outras probas, estas fotos. Unha piscina israelí no asentamento de Maaleh Adunim:



Xunto a esta imaxe dun reservorio agrícola en Jiftik, Cisxordania:


Inmediatamente o Ministerio israelí de Exteriores saltou co habitual comunicado cheo de datos, cifras e abondosísima información. Pero foder, postos a "achefar información fotográfica", fagámolo todos. No canto de tanta cifra, dato e información eu tomaría o estilo AI e publicaría estas fotos da axencia Reuters dunha piscina palestina en Nablus:


Ou esta outra fotografía de AP dunha piscina palestina preto de Jenin:


E ambas, naturalmente, xunto a esta do deserto israelí.



A discusión da auga é un tema estratéxico moi serio e certamente estas liñas poden parecer unha frivolidade. En calquera caso, desde logo son moito máis serias que o tendencioso informe de Amnistía Internacional feito público hoxe.