Por Xosé Luís Méndez Ferrín
Faro de Vigo - La Opinión - 15.06.09
Faro de Vigo - La Opinión - 15.06.09
.
Anda por territorios do BNG a crenza de que o Islam é una doutrina que expresa o nacionalismo de certos pobos orientais e africanos no noso tempo. Nada máis falso que esta ideoloxía supletoria do internacionalismo verdadeiro.No pasado, Mahoma e os seus descendentes foron uns déspotas militaristas que chegaron até Galicia e que mais ou menos por aquí pararon a súa expansión. Por onde pasaron, impuxeron polas armas a lingua árabe e a súa relixión. No Norte de África, só en condicións precarias sobrevive nos nosos días a lingua bérbere autóctona. É verdade que o Islam é una relixión universal e non étnica. Os musulmáns non son racistas. Se non ao xudaísmo, eu podo converterme á fe de Mahoma se Deus movera o meu corazón igual que moveu o de Roger Garaudy. Eu e Vostede, lector ou lectora, seriamos ben recibidos no Islam. Naturalmente na relixión de Moisés non tería sitio eu nin ninguén que non fose de raza hebrea porque o Deus dos xudeos elixiu este como pobo superior aos restantes pobos.Centos de linguas e de culturas desapareceron fagocitadas (lean I. J. Calvet) pola lingua e a cultura árabe dos invasores: entre elas as linguas romances da metade Sul da Península. Por isto último, e mercé á reconquista, a metade Sul de Hispania fala portugués (do galego), dialectos andaluces e meridionais (do castelán) e valenciano e balear (do catalán). O Islam borrou os dialectos latinos ou mozárabes do Sul.

A Reconquista impuxo, tamén pola forza das armas, as linguas do Norte a expensas do árabe. Eis una historia sintética das actuais linguas ibéricas descontando a astur-leonesa, a aragonesa e a euskera, por razóns obviamente distinta. Na actualidade, o árabe, mediante a relixión, perturba a lingua de Irán (indoeuropea) á que encheu de arabismos e impúxo o seu alfabeto. Cada día, o muecín recita os versículos do Corán en árabe para pobo iraniano ouvir. Millóns de meniños do mundo enteiro e de linguas tan diversas como as malaias e as de China occidental son indoctrinados no árabe coránico. No citado Irán non se estuda a Omar Khayyan, por heterodoxo e bebedor de viño, e a historia deles comeza coa islamización e ignora Persia. Os meus amigos tuarejhs, só superficialmente islamizados, están hoxe sendo sometidos a unha arabización orixinada nos petrodolares wahabíes procedentes de Arabia Saudita. O Islam recoñece a existencia de todas as linguas e nacións do mundo.
.
Pro a só a lingua árabe é a lingua de Deus. Co que xorde á luz, se ben reparamos, unha diclosia que procede da cega e brutal alienación relixiosa. Os bérberes de Kabilya alxerina decapitados por falaren a súa lingua e seren mahometanos tépedos son a imaxe do martirio das nacións a mans do islamismo. Sabían moi ben o Bass e Nasser e o socialismo e o nacionalismo árabe o que facían ao proclamar a liberdade de cultos e o laicismo. E sabían moi ben os EEUU o que facían armando os fanáticos de Afghanistan contra o seu goberno nacional-popular e prosoviético, no que as ministras non levaban panos na cabeza. O que acontece é que, por veces, aos que disparan lles saen os tiros pola culata.
**************************
Dúas aclaracións
.
Xudaísmo e Méndez Ferrín
Por Julio Béjar
.
Na afirmación regálansenos, cando menos, duas graves imprecisións polo prezo de unha. En primeiro lugar, só construíndo o relato á beira dos preceitos verquidos no “Mitteleuropa”, opúsculo parido en pleno auxe dos totalitarismos europeus dos anos trinta, cabe pexorizar sobre a “raza xudea”. O seu autor ourensán, non por acaso, caracterizaba ao hebreu como porco que cheira e fede, que é ruin, baixo, falso e tramposo, abondando na razón dos pobos centroeuropeus, tan ceibes de prexuízos, seren antisemitas (Vicente Risco, 1934). Que curta é a distancia, por certo, entre o discurso do nacional-socialismo do III Reich e a propaganda coa que se apresentou apenas hai unha semana às eleizóns europeas a Lista Antisionista francesa, promovida por unha exótica mescolanza de yihadistas musulmáns, altermundialistas e disidentes de Jean-Marie Le Pen.

A segunda falsidade implícita sería a da imposibilidade de conversión para a fé do pobo elixido polo Deus da Torá. O xudaísmo, en efecto, é a única das grandes relixións monoteístas non proselitista. Contrariamente ao cristanismo ou o Islám, os xudeus nunca converteron à sua crenza pola forza, pasando a coitelo ou polas lapas a ninguén. Nese sentido é a única desas tres relixións non expansionista nen imperialista. Ora ben. Mediante un procedimento perfeitamente regulado de giyur (ou conversión), calquer persoa das mais dispares razas, nacionalidades ou condicións pode incorporarse à fé xudaica. No propio Estado de Israel, non menos de 800.000 homes e mulleres son conversos de procedencia xentil. Na década dos 80 e 90 do século pasado, ducias de milleiros de orixe eslava fixeron aliya a Eretz Israel, por citar só o caso mais recente, converténdose ao xudaísmo. Ou os milleiros de falashas etíopes chegados na Operación Salomón nesas mesmas datas.

Con todo, e ser certamente o pobo elixido polo Deus da Torá, o xudaísmo non promove “superioridade” algunha dos observantes da súa fé sobre os xentís non xudeus que respeitan as Sete Leis de Noáj.

O escritor hispalense Rafael Cansinos Assens, a quen como Borges seguro que a sensibilidade literaria do Ferrín ten ben ponderado, converteuse ao xudaísmo. E o filósofo Benny Lévy, secretario persoal do noso admirado Sartre, tamén abrazou no seu día a relixión da Alianza. Por só citar dous casos coñecidos, que o meu amigo benquerido esqueceu ao facer tan desacertada afirmación.

*******
Ao mestre Méndez Ferrín
Manuel Pérez Millos
.
O día 15 de xuño no seu artigo “A lingua de Deus”, afirma que “se Deus movera o (seu) corazón”, faríase musulmán, xa que o xudaísmo somentes admite xudeos. E nesto, a realidade amosa unha fonda discrepancia con vostede. Non preciso aclarar, por obvio, que non me inmiscuio na súa liberdade para seguir sendo ateo, ou agnóstico, ou facerse cristián, musulmán ou o que mellor lle acomode. O que lle reprocho, con todo respecto, é que diga que non podería facerse xudeo por non selo de raza. Unha das incomodidades da linguaxe e distinguilas polisemias, tal como creo que ocorre no caso que nos ocupa.
.
Vostede non fai distinción entre dúas acepcións do vocablo “xudeo”, esquecendo que tanto pode referirse a quen o é por etnia como por relixión. Está trabucado ó diciren que xudeos (canto a relixión) só poden ser os descendentes dos patriarcas, xa que a Biblia (tomada neste caso coma paleodocumento, independentemente de que cada qu lle recoñeza ou non carácter sacro), refire, entroutros moitos casos, estas conversións ao xudaísmo: o xeneral Naamán, sirio de nacemento (2º Re. 5:1 e 17); Rahab, a prostituta cananea (Xos. 6:25); Urías, un hitita (2º Sam. 11:3); Herodes O Grande, que era idumeo; ou o eunuco anónimo, ministro -ou dynastes, segundo os escritos gregos- de Etiopía (Os Fei. 8:27); mencionanse prosélitos xudíos (non nacidos xudíos) en Antioquia de Siria (Os Fe. 13:43).
.
Remato decindo que o mesmo Xesús de Nazaret fala verbo dos esforzos proselitistas –práctica abandoada actualmente- dalgúns estrictos relixiosos da súa época (Mat. 23:15). E proba empírica do que me estou a permir puntualizarlle, é que na Galiza hay, a día de hoxe, xudeos de relixión, que non de raza.