18/06/09

Solidariedade co pobo iraniano


ACTUA!
Onde está o meu voto?
...


A asociación SOLIDARIOS CON IRAN convoca a todos os cidadáns a unha manifestación ante o Ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid mañá venres 19 de xuño ás 18:00 h. As eleccións presidenciais iranianas do 12 de xuño daban como vencedor ao até agora presidente, Mahmud Ahmadinejad. Algúns dos partidos da oposición entre os que se atopa o candidato opositor, Mir Husein Musaví, denunciaban a existencia de fraude no proceso electoral. Desde entón veñen repetindo protestas cidadás nas rúas de Teherán e moitas outras cidades iranianas.
.
A resposta das autoridades iranianas non se fixo agardar, peche de periodicos nacionais e fortes restricións aos medios de comunicación estranxeiros para o cubrimiento das manifestacións, detención de decenas de lideres reformistas, intelectuais e xornalistas, bloqueo de páxinas web para impedir a circulación de informacións, corte do sistema SMS, un dos poucos medios dos que a xente dispón para circular información, prohibición a calquera tipo de manifestación e unha fortísima represión policial enviando ás rúas e residencias de estudantes a policias e "Basij" milicianos islámicos. Segundo fontes oficiais durante a manifestación de protesta do luns, ademais de varios feridos, morreron polo menos oito persoas en Teherán, a capital de Irán.
.
Ante a flagrante violación de valores universais como o proceso democrático, a liberdade de expresión e o dereito da xente a manifestarse de forma pacífica, desde o espazo SOLIDARIOS CON IRAN e baixo a lema Onde está o meu voto? asociacións humanitarias en España como Reporteiros sen Fronteiras, o Partido Humanista e a Federación de Asociacións de Defensa e Promoción dos Dereitos Humanos de Madrid convocámosvos a unha manifestación perante o Ministerio de Asuntos Exteriores para demandar que o goberno español non recoñeza os resultados da primeira volta das eleccións presidenciais iranianas do 12 de xuño como xa o fixo o goberno francés.
http://www.solidariosconiran.org/
Podes ver unha impactante galería fotográfica: AQUI


...


Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos manifestar o noso total apoio á convocatoria da manifestación e xa que logo, a nosa solidariedade coa xusta loita do pobo iraniano pola Democración e a Liberdade.


Vigo, 17 de Xuño de 2009