Por Julio Béjar
.
Coincidindo coa semana na que se comemora o Dia de Memória do Holocausto xudeu, o CGAI da Coruña organizou o pasado venres –co patrocinio da Secretaria Xeral de Comunicación do Goberno saínte da Xunta- un seminario sobre “A herdanza da Shoa”, cuxa conferencia inaugural foi impartida polo profesor negacionista Miguel Morey. “As palabras e os feitos”, xirou arredor dunha série de inquedantes asertos, tais como que a auténtica vítima da barbarie nazi foron os comunistas soviéticos (promotores eles mesmos do Gulag que levou por diante a vida de millóns de persoas), que a maquinaria de exterminio nazi anticipou a estrutura da covizosa sociedade occidental tal como a coñecemos (sic), e que o “cliché Auschwitz” é unha impostura lacrimóxena promovida polo que descalificou constantemente como “o pobo elixido”.
Propoño que a próxima vez que esta institución malgaste os cartos públicos en promocionar actos de tan marcado sesgo antisemita, o faga, polo menos, sen ambaxes e inclua na nómina a lumbreras como Faurisson, Finkelstein ou Chomsky, que non se andan con rodeos e sustentan directamente que a morte de 6 millóns de mulleres e homes xudeus é, sen máis, un conto.