A Comisión Permanente da Federación de Comunidades Xudías de España reunida o 8 de febreiro de 2009, decidiu outorgar o premio anual Senador Ángel Pulido 2009 a Dona Pilar Rahola pola súa constante loita en defensa do pobo xudeu, Israel e a Humanidade. Os altos valores humanos desta muller española, polivalente, apaixonada e entregada ás causas que ela considera xustas, levárona a facer da loita contra o antisemitismo e a criminalización do estado de Israel unha das súas causas dos últimos anos. Son continuas as súas viaxes por todo o mundo dando conferencias en universidades, organismos públicos e privados e institucións sobre a realidade de Israel e a súa contorna. Unha realidade que ela coñece ben por mor do seu traballo como xornalista na zona. Fervente loitadora contra a desinformación, intervén con frecuencia nos medios de comunicación achegando datos e documentación sobre o mundo xudeu e Israel, enfrontándose a críticas e até ameazas persoais por este motivo. A súa entrega, a súa loita, a súa tenacidade e a súa paixón nunha das causas que considera xustas, fixérona merecedora de numerosos premios como o SCOPUS da Universidade Hebrea de Xerusalén ou a mención de honra da Universidade de Tel Aviv, así como outros galardóns de comunidades e organizacións xudías hispanoamericanas.
Por todas estas razóns, a Federación de Comunidades Xudías de España considerou a bagaxe persoal e profesional de Pilar Rahola merecedor do premio Senador Ángel Pulido que cada ano entrega a unha personalidade ou institución da vida pública española cuxa labor destaca polo seu esforzo na defensa e desenvolvemento das comunidades xudías en España e no mundo hispánico.
Esta será a quinta edición do premio Senador Ángel Pulido.
.
O galardoado o ano pasado foi o Defensor do Pobo, D. Enrique Múgica Herzog e en edicións anteriores os premiados foron o ex presidente da Generalitat catalá, D. Jordi Pujol (2007), o ex presidente do goberno, D. Felipe González (2006) e a Asemblea de Madrid (2005).
.
O premio será entregado na Cea Anual da Federación de Comunidades Xudías de España que se celebrará o próximo 2 de xuño ás 20:30 hs no Hotel Vila Magna de Madrid.