03/02/09

Quen se acorda de Eric Hopper ?


Quen se acorda de Eric Hopper ? Eric Hopper foi un filósofo social, americano, non xudeu. Escribiu columnas nos xornais e algúns libros. Naceu en 1902 e morreu en 1983. Autor de nove libros, recibiu a medalla do Presidente pola súa loita a favor da Liberdade. O seu primeiro libro, "O Verdadeiro Crente" é recoñecido como un clásico. Ensinou na Universidade de Columbia nos Angeles. A seguinte é unha das súas columnas do ano 1968. Este artigo foi escrito hai máis de 40 anos pero continua a ser actual.
.
O inusual estado de Israel
Por Eric Hooper
Los Ángeles Times, 26.5.68
.
Os Xudeus son un pobo fóra de serie: O que está permitido a outras nacións, estalles prohibido aos Xudeus. Outras nacións erradican por centos, mesmo millóns de persoas, e non hai ningún problema de refuxiados. Rusia fíxoo, Polonia e Checoslovaquia fixérono, Turquía deportou a un millón de gregos, e Alxeria? a un millón de franceses. Indonesia expulsou a cantos chineses? - e ninguén fala de refuxiados. Pero no caso de Israel, os árabes, que escaparon por vontade propia fixéronse refuxiados eternos. Todo o mundo insiste que Israel debe aceptar de volta a todos os árabes. Arnold Toynbee di, que a expulsión dos árabes é un desastre maior que o que fixeron os nazis. Outros países, cando derrotan ao inimigo no campo de batalla, ditan os termos da paz. Cando Israel gaña, debe suplicar para conseguir a paz. Calquera persoa espera que os xudeus sexan os únicos verdadeiros cristiáns neste mundo. Outros países, cando son derrotados, rexorden e se rehabilitan, pero se Israel chegase a perder unha soa guerra, desaparecería do mapa. Se Nasser gañase a "Guerra dos Seis días" en xuño 1967 Israel sería borrada do mapa, e ninguén movería un dedo para salvar aos Xudeus. Non hai ningún compromiso por parte de ningún goberno, cara aos xudeus, que vala o papel no que está escrito. Todo o mundo grita cando morre un vietnamita, ou son mortos dous negros en Rhodesia. Pero cando Hitler asasinou a seis millóns de Xudeus ninguén abriu a boca en contra del. Os Suecos, listos agora para romper as relacións diplomáticas cos Estados Unidos por mor do que estamos a facer en Vietnam, non abriron a boca cando Hitler asasino aos Xudeus. Suecia enviou a Hitler mineral de ferro e rulemanes, e deron servizo aos trens de soldados Nazis, en camiño cara a Noruega. Os xudeus son un pobo illado polo resto do mundo. Se Israel sobrevive, será só polo esforzo dos propios xudeus, e polos recursos dos xudeus. Polo momento, Israel é o único aliado en quen pode confiarse sen condicións. Podemos confiar en Israel moito máis do que Israel pode confiar en nós. Basta con imaxinar o que ocorrería no pasado verán, se os árabes e os seus aliados soviéticos gañasen a guerra, para comprender até onde a supervivencia de Israel é esencial para América e Occidente en xeral. Teño unha sensación que non me abandona, que o que lle ocorra a Israel vainos a ocorrer a nós. Se Israel desaparece, o Holocausto será o noso.