De seguido podes ler a a carta da Representante Permanente de Israel na ONU, Embaixadora Gabriela Shalev, dirixida ao Sr. Ban Ki-moon, Secretario Xeral das Nacións Unidas.
22 decembro 2008
Á súa Excelencia Sr. Ban Ki-moon
Secretario Xeral das Nacións Unidas
Excelencia,
Escribo esta para enviar a máis forte protesta de Israel en relación á escalada do terror ao sur de Israel os últimos días, iniciada pola organización terrorista Hamas. Esta última escalada aconteceu só algúns días despois que o Consello de Seguridade adoptara a Resolución 1850. Mentres estabamos congratulándonos polo progreso positivo do ultimo ano, na promoción da paz entre Israel e os palestinos, Hamas anunciou o fin do "Estado de Calma". Este é un feito serio que pon en perigo a paz e estabilidade da rexión. A responsabilidade por estes feitos alarmantes é exclusivamente de Hamas, como xa mencionamos no "briefing" ao enviado especial do Secretario Xeral ao Oriente Medio o pasado 18 de decembro. Antes e despois do anuncio, do fin do "Estado de Calma", o día 19 de decembro, Hamas e outras organizacións terroristas palestinas - incluíndo a Jihad Islámica Palestina - aumentaran a frecuencia e intensidade dos seus ataques desde a Franxa de Gaza, contra a poboación civil israelí, ao sur de Israel. Máis dun centenar de foguetes e obuses de morteiros foron lanzados contra cidades e poboados israelís só nos cinco últimos días. Déixeme mencionar novamente - como fixen no meu discurso no Consello de Seguridade o 18 de decembro - que 2008 viu un número narca de máis de 2.900 foguetes e obuses de morteiros lanzados desde a Franxa de Gaza, contra o territorio israelí.
Excelencia, Israel está interesado en continuar o "Estado de Calma", e xa demostrou contención na súa resposta á nova escalada de terrorismo. Non obstante, sob o artigo 51 da Carta das Nacións Unidas, Israel ten o pleno dereito de defender a si mesmo e manter a seguridade dos seus cidadáns de tales ataques. Israel non tolerará unha situación onde civís israelís se tornen reféns dunha organización terrorista. Ao determinar protexer as vidas dos seus cidadáns, Israel continuará a prover para o pobo de Gaza, das súas necesidades humanitarias básicas. Déixeme remarcar, para concluír, que a organización terrorista Hamas, é a única responsábel pola situación dos habitantes de Gaza, xa que continúa lanzando foguetes desde centros de poboación civís na Franxa de Gaza. Os terroristas atacan incluso os pasos que facilitan a entrada de mercadurías na Franxa de Gaza. Unha carta idéntica foi enviada á súa Excelencia o Sr. Neven Jurica, Presidente do Consello de Seguridade. Permítame Excelencia, renovar a Vostede os votos da miña máis alta consideración.
Atentamente,
Gabriela Shalev
Embaixadora Representante Permanente