26/12/08

Comunicado da Embaixada de Israel en España


COMUNICADO DA EMBAIXDA DE ISRAEL

Ehud Olmert chama aos habitantes de Gaza a deter os ataques de Hamas.
Nunha entrevista á cadea árabe "Al Arabiya", o xoves 25 de decembro, o Primeiro Ministro israelí dirixiuse á poboación de Gaza nos seguintes termos:
"Israel retirouse de Gaza hai tres anos, para non volver. Fago un chamamento aos habitantes de Gaza: Diríxome a vós como pai e como avó; non hai nada que menos queira que poñer aos meus fillos e netos en perigo. ¿É o espírito do Islam matar a nenos inocentes? ¿Disparar foguetes sobre garderías e civís? Non creo que este sexa o espírito do Islam. Hamas, que fai isto en contra do espírito do Islam, é a principal razón do voso sufrimento - e do noso.Fago unha chamada de última hora: Abonda. Abonda. Vós, cidadáns de Gaza, podedes detenelo. Sei canto desexades erguervos pola mañá nun clima de tranquilidade, para levar aos vosos fillos á gardería ou a escola; así desexámolo nós e así é como o desexan en Sderot e en Netivot. Hamas é o inimigo dos habitantes - non só de Israel senón tamén de Gaza. Queremos vivir como bos veciños con Gaza. Non queremos prexudicarvos. Non imos permitir unha crise humanitaria e que sufrades de falta de alimentos ou de medicamentos. Non queremos loitar contra o pobo palestino, pero non imos permitir que Hamas ataque aos nosos fillos. Temos unha forza grande e destrutiva - que non desexamos utilizar. Penso nas decenas de miles de nenos e de inocentes que estarían en perigo como resultado das accións de Hamas. Non deixedes que os asasinos de Hamas, que actúan en contra dos valores do Islam, vos poñan en perigo. ¿Podería eu permitir a caída de máis mísiles contra os habitantes de Israel? ¿Máis ataques contra nenos e civís sen facer nada? Por suposto que non. Hamas está disparando contra nós e contra a central eléctrica que subministra electricidade a Gaza. Detenédeos. Detede ao voso inimigo e ao noso. Instádelle a que cesen os disparos contra inocentes. Non viñen aquí a declarar a guerra. Xa o dixen no pasado – mentres sexa Primeiro Ministro, teño a intención de acadar a paz con, e non loitar contra, os palestinos. Pero Hamas debe ser detido - e así será. Non dubidarei en facer uso da forza de Israel para golpear a Hamas e á Jihad Islámica".

Para máis información: Departamento de Prensa (Tel.: 91-782 95 10)
e Voceiro (Tel.629 337815) Departamento de Prensa
Madrid, 26 de decembro de 2008
Velázquez 150
28002 Madrid
Tel. 91 782 95 00