27/12/08

Nadal en Palestina


Por Gonzalo Parente
La Voz de Galicia - 28.12.08

Moitas veces se dí que en política nada ocorre por casualidade: é o que está sucedendo en Palestina este Nadal, cando Hamás, que controla a franxa de Gaza, rompeu a tregua con Israel disparando foguetes sobre a poboación xudía. Está claro que buscou e conseguiu a provocación, e Israel reaccionou con ataques aéreos que xa causaron dous centenares de mortes en Gaza. De inmediato iniciouse unha campaña internacional para deter a escalada de violencia. Países como Exipto e Turquía e ate o Papa na súa homilía do Nadal pediron que se deteñan.
Pero podemos preguntarnos: ¿por que Hamás rompeu a tregua agora?, e ¿como obteñen os foguetes se están bloqueados? Este mes estaba previsto que se cumprisen os acordos de Annápolis polos que Palestina tería o seu propio Estado. Parece que Hamás é a punta de lanza de países que son hostís a Israel, nación que nestes momentos atópase en situación crítica, cun presidente dimitido e próximas eleccións en febreiro. O momento estratéxico coincide cando a atención do mundo occidental concéntrase en Xerusalén e no Belén palestino. Por iso Hamás aproveita a circunstancia favorable, para chamar a atención internacional, rompendo a tregua e adoptando unha postura vitimista fronte á reacción israelí, que se se detén converteríase nunha provocación sen resposta, cousa que resulta imposible.