18/07/08

Entrevista con Jacobo Israel Garzón


Entrevista con Jacobo Israel Garzón

"O antisemitismo atópase no incosciente de moitos españois"

Unha entrevista de Alejandra Morais.

Jacobo Israel Garzón, presidente da Federación de Comunidades Xudías de España, asegura que a animadversión aos xudeus se "atopa no inconsciente dos españois". Advirte que o terrorismo palestino "non é por causa de Israel" e que nos últimos anos "o antiamericanismo e antisemitismo uníronse moito". A confusión entre información e opinión por parte dalgúns medios "tampouco foi demasiado positiva".

É España antisemita?

Dicir que España é ou non antisemita é erróneo. Só creo que existe. Isto vén de moi atrás. O antisemitismo non morreu en España durante moito tempo. Ao longo da historia a comunidade xudía foi desvalorizada e aínda se atopa en inconsciente de moitos españois. Por iso España dá resultados tan malos nas enquisas de antisemitismo en Europa. Hai moito antisemitismo pero afortunadamente España non é antisemita.

Está a fomentarse ese antisemitismo na sociedade española?

A peor época a este respecto foi durante a Segunda Intifada. é aí realmente onde se envorcaron os medios e foron máis parciais. Deuse unha iconografía do conflito que volveu sacar a crucifixión, do mesmo xeito que tamén se sacaron algúns estereotipos como podían ser os trazos malévolos que se relacionaban cos xudeus no III Reich. Hai moito xornalismo que, en lugar de facer xornalismo de información faino de opinión. Deberían ser máis ecuánimes e presentar as cousas como son, non situarse dun lado ou doutro, senón plasmar o bo e malo que fai cada un. Pero se un identifica a un sector como o malo de película e ao outro como heroe, creo que se está distorsionando a realidade. A propia posición de antiisraelismo militante tamén o confire.

O posicionamento da sociedade con respecto á comunidade xudía provocou que se chegara a xustificar o terrorismo palestino?

O terrorismo non ten ningunha xustificación. Dicir que o tema terrorista é por causa de Israel é totalmente falso. A proba está co islamismo alxerino ou o sucedido en Afganistán cos talibán, en ningún ten nada que ver Israel. Algúns, mesmo intelectuais, manteñen esa posición e é un erro.

Cre que puido influír que o antiamericanismo e antisemitismo estean relacionados en ocasións?

Si, é verdade que o antiamericanismo e o antisemitismo uníronse moito nos últimos anos. O antisemitismo sempre veu da extrema dereita. Desde tempo atrás transferiuse a unha parte da esquerda, fundamentalmente á esquerda comunista. A situación é grave. Os partidos centrados teñen que ser os da razón e non das glándulas.

Os xudeus son vítimas da xenofobia en España?

Non hai un elemento diferenciador que nos distinga do resto. Non sentimos acoso por parte da sociedade. Non podes diferenciar a primeira ollada a un protestante, católico ou xudeu. Pero como colectivo, somos un obxectivo terrorista e sufrimos temor ante atentados. Hai determinados elementos da nosa vida colectiva que fanse complexos, pero non por iso imos deixar de facela.

A pesar de que España se declara aconfesional, algunhas entidades relixiosas sentíronse algo marxinadas con respecto á católica...

España é un país aconfesional segundo reflicte a Constitución. Fixo acordos coa Igrexa católica e co resto de comunidades relixiosas, pero hai regulamentos que non se cumpriron. Pedimos que se fagan estes regulamentos. España avanzou extraordinariamente na liberdade relixiosa nos últimos trinta anos e máis tendo en conta de onde viñamos. Doutra banda, España é unha nación que, aínda que non sexa católica, hai que ter en conta que a condición social de que a maioría é católica. Pero á minoría tes que facela sentir tamén como en casa. Máis que unha loita entre relixións o importante é que todo o mundo se senta a gusto na sociedade española.

Entrevista tirada de Periodista Digital