Nonie Darwish naceu no Cairo, a principios dos 50 mudouse coa súa familia á franxa de Gaza ocupada por Exipto, onde o seu pai, o Tte. Gral. Mustafá Hafez, foi designado polo presidente Gamal Abdel Nasser para comandar a Intelixencia do Exército exipcio. Hafez fundou a unidade de fedayines palestinos co obxectivo de lanzar ataques terroristas ao longo da fronteira sur de Israel. Entre 1951 e 1956 os fedayines asasinaron uns 400 israelís. En xullo de 1956, cando Nonie tiña 8 anos, o seu pai foi o primeiro obxectivo antiterrorista do Exército de Defensa de Israel. Inmediatamente foi elevado ao sitial de mártir na guerra santa. Nonie, namentres, se graduou nunha universidade americana e máis tarde traballou como xornalista. En 1978 mudouse a EE.UU. onde se converteu ao cristianismo.
O libro de Nonie Darwish "Agora chámanme infiel", fascinoume, e recordo pensar cando o lin, que me encantaría atoparme con esta muller. A oportunidade deuse durante a súa recente visita a Jerusalem. Comezamos a nosa conversa falando [sobre] o historial da súa familia:
Fixeches a escola primaria en Gaza, como era?
Na escola primaria aprendemos o odio e a vinganza. A paz nunca foi unha opción, vese como un signo de debilidade e derrota. Os mestres enchían os nosos oídos co medo aos xudeus, iso fixo que odiar sexa fácil e o terrorismo fose aceptable, até honorable. Agora mirando cara atrás, nunca escoitei unha canción de paz en árabe. Todo o que escoitabamos eran cancións de jihad, martirios e guerras santas.
En "Agora chámanme infiel" escribiches sobre as dificultades que a túa nai enfrontou como viúva, a pesar de que o teu pai era un heroe exipcio. Como foi a túa vida e a da túa familia despois que o teu pai morrese?
Despois da morte do meu pai, a miña nai tivo que enfrontar a súa vida soa con 5 fillos, nunha cultura que respecta só ás familias lideradas por un home. Nos 50 poucas mulleres manexaban un coche, de feito hoxe día en Arabia Saudita as mulleres van presas por conducir un vehículo, a miña nai era insultada por mercar un coche para levarnos ao colexio.
Ti dixeches que gradualmente comezaches a cuestionarte a cultura na que vivías, Lembras algún incidente específico á memoria que che provocara un envorco neste tema?
Recordo visitar a un amigo cristián no Cairo durante un venres de pregaria, e ambos escoitabamos os ataques verbais cara a cristiáns e xudeus desde os altofalantes da cidade. Escoitamos "Oxala Deus destrúa aos infieis e aos xudeus, os inimigos de Deus". E creas ou non, cando medras escoitando eses discursos, sóanche e os sentes normais. Pero o meu amigo cristián púxose pálido e asustouse e eu sentinme avergoñada. Esa foi a primeira vez que me dei de conta que algo estaba equivocado coa forma en que a miña relixión era pensada e practicada.
Ti fas moito fincapé no teu libro sobre as graves consecuencias que trae a poligamia na cultura árabe, porque?
A poligamia ten un efecto devastador na dinámica da familia, na relación marido-esposa e nas relacións entre as mulleres dun mesmo marido. Moitos homes musulmáns teñen só unha esposa, pero o dano á relación marido-muller xa foi feito no contrato matrimonial musulmán, no cal o home non lle debe fidelidade á súa muller. Ademais do nome da comprometida, o contrato matrimonial ten tres espazos deixados en branco para ser enchidos cos nomes de calquera outra muller que o home desexe tomar máis tarde como esposa. A pesar disto, unha boa muller musulmán debe aceptar o seu destino baixo a lei da Sharia.
Que é a lei da Sharia?
Baixo a lei islámica Sharia, os castigos inclúen azoutes, lapidación, decapitación e amputación de membros. Estes son castigos crueis e inusuais baixo os estándares occidentais. Abandonar o Islam é penado coa morte. Se algún país islámico falla en matar a un apóstata, a súa morte está garantida a mans de turbas. Iso fai que o Islam, máis que unha relixión, sexa un estado de vida, cun sistema legal elaborado que che manda á morte se o abandonas. A Sharia garante que non hai un cruce tipo "Muro de Berlín" nun país musulmán. Afortunadamente a maioría dos países musulmáns non practican a criminal lei Sharia simplemente porque non teñen estomago para facelo. Pero a lei Sharia da familia, en todos os países musulmáns, permite non só aos homes o dereito dun fácil divorcio, permite até catro esposas e permíteselle golpealas. Unha muller é soamente respectada cando esconde o seu corpo, rostro e até a súa identidade.
Estiveches en Israel en varias ocasións. Baixo o teu punto de vista, cal é a diferenza que hai co resto de Medio Oriente?
Israel realmente trae esperanza á rexión. Israel é o único país de Medio Oriente que permite a liberdade relixiosa. A pesar de ser o país mais angosto desta rexión (N. da R.; posúe 40 Km. de ancho na súa parte máis angosta), non teme permitir que os musulmáns teñan as súas mesquitas para orar nelas. Non teñen temor de permitir aos cristiáns todas as liberdades. é realmente crédito do xudaísmo que non sexa tan posesivo como o Islam. Ti sabes, é incrible, con todo o territorio que teñen os países musulmáns, desde Marrocos até Indonesia, todo o diñeiro do petróleo e todas as armas, ningún país árabe sente seguro da súa existencia. Como pode ser que 1.300 millóns de musulmáns sentan ameazados por 5 millóns de xudeus? Iso di moito. E aprendín que o medo e o odio son fomentados polos educadores relixiosos islámicos, polo seu liderado político e polos seus intelectuais. Odiar a Israel é a forma en que opera o mundo árabe. Necesitan un inimigo externo porque hai tanta confusión dentro do mundo islámico e realmente ninguén pode dicir a razón. Porqué temos tanta confusión? Porqué estamos tan enoxados? Porqué temos tanta furia nas nosas familias? Pero ninguén se atreve a dicir nada debido á Sharia.
Aínda tes membros da túa familia en Exipto. Cando foi a última vez que os viches e cales foron os teus pensamentos sobre a vida aí durante a túa estadía?
En agosto do 2001 visitei o lugar onde nacín e sentinme asombrada ao ver como foron tomados polos radicais islámicos. O nivel de ira e odio nos discursos era alarmante, vin extrema pobreza, polución, materiais perigosos e lixo ao longo do Nilo. Había alto desemprego, inflación e corrupción xeneralizada. Pero cando lin un diario árabe o único que vin eran acusacións a Israel e a EE.UU. Os cidadáns descoñecían todo sobre as atrocidades de musulmáns-contra-musulmáns en Iraq, Alxeria, Sudán e outros lugares. Estive feliz de volver a EE.UU. na tarde do 10 de setembro do 2001.
Á outra mañá?
Ao día seguinte, cando vin o segundo avión impactar na outra torre, pensei "a Jihad chegou a América", Muhammad Atta era do Cairo, a mesma cidade da que eu vin!! Chamei a varios amigos meus no Cairo ese mesmo día, pero todos eles estaban como negados e preguntábanme "Como che atreves a dicir que os árabes fixeron isto? Non sabes que isto é unha conspiración xudía?".
A xente coa que falaches eran partidarios do radicalismo islámico?
Non, non eran radicais, eran exipcios comúns e normais, que entre outras cousas son xente moi amable. Colguei o teléfono e sentinme moi soa e desconectada da miña cultura de orixe. Unha vez máis, o meu pobo estaba a acusar aos xudeus por algo que era por todos ben sabido que nós, os árabes fixerámos? Comecei a dar charlas despois do 11/9 por respecto ás 3000 persoas que morreron ese día. Tamén disertei sobre a miña empatía cara a Israel, un país que merece o noso respecto e non o noso odio. E hoxe día falo sobre o amor pola miña cultura de orixe, a cal está nun estado de desesperada necesidade de reforma. O terrorismo árabe está a destruír a moral e o atractivo da cultura árabe.
Escribiches sobre o rol que xoga a envexa no mundo musulmán, describíndoo como unha raíz de pensamento antiamericano e antixudeu. Podes explicarnos que quixeches dicir?
Como musulmáns tememos ao progreso dos outros. Nós chamámolo "hasad", o que significa "envexa".A diferenza dos ensinos cristiáns, as cales advirten que a envexa é pecado de quen envexa, no Islam a envexa é vista como un insulto da persoa á cal un envexa. Como resultado diso vemos a miúdo que os musulmáns esconden as súas boas noticias ou as manteñen para eles. Aínda felicitar a alguén é perigoso, podería ser tomado como un insulto. O resultado final é o dunha poboación extremadamente desconfiada un doutro. Os islamitas están cegos pola envexa e non poden entender o éxito de Israel. eles din que se debe a unha conspiración e non ao mérito ao traballo. Esquecéronse que o éxito do xudaísmo ao longo dos séculos débese a que é unha cultura que promove a excelencia e a autodisciplina, a educación, a dedicación e orientada a facer que este mundo sexa un lugar mellor. Aí non hai ningunha conspiración!! Se os árabes quixesen competir cos xudeus, déixenos entrar ao reino da innovación e a educación e non aterrorizar e eliminar á oposición. Os erros árabes sonlle todos achacados a Israel, a Occidente e ao colonialismo. Mirando un mapa de Israel en relación ao tamaño do mundo árabe, que alguén me diga se os árabes necesitan máis territorio, o que necesitan é máis tolerancia. Non é falta de terra, é falta de liberdade.
Exactamente, como fan os predicadores musulmáns para axitar de ira e odio contra o non-musulmáns?
O non-musulmáns non só son insultados, a miúdo descríbellos como "nagas", en castelán "inmundicia". O Times de Londres informou que aos estudantes musulmáns en Gran Bretaña están a ensinarlles a desprezar ao non-musulmáns por inmundos. Este é o motivo do porqué moitos árabes cren que a existencia de non-musulmáns en terras árabes é unha profanación. Ese é o motivo polo cal EE.UU., sendo que defendeu aos musulmáns dos ataques serbios, apoiou os musulmáns afgáns contra os ataques soviéticos, alimentou aos musulmáns somalíes famentos polos seus mesmos líderes, e non recibe ningún crédito do mundo islámico. De feito, o resultado é xustamente o contrario, canto máis tratan de estabilizar a rexión, máis son desprezados. Os musulmáns non queren ser rescatados nin axudados polos "infieis", este é un orgullo cultural que os avergoña por sentimentos de inferioridade e dependencia do non-musulmáns.
Ademais no teu libro explicas outros traballos que estas facendo.
En febreiro de 2004 fundei unha organización chamada "Arabes por Israel". Algúns criticaron o nome clamando que implica unha falta de apoio aos árabes. Pero o apoio a Israel non significa ser anti-árabe. Eu amo ao meu pobo, pero para que suceda a paz necesitamos un gran salto, unha nova actitude, perdón e compaixón. Nós, os árabes, necesitamos preguntarnos, que podemos facer? e non focalizarnos todo o tempo no que Israel debese facer para construír confianza, respecto e paz. Mellorar as condicións de vida dos árabes non é responsabilidade de Israel, é responsabilidade dos árabes e dos seus gobernos. E os nenos árabes non necesitan crecer no odio, eles necesitan esperanza. Non necesitan "jihad", necesitan traballo.
Cales son os teus temores por Israel?
O meu gran temor por Israel é que perda o desexo de loitar. Os seus fundadores xa faleceron e agora o mesmo liberalismo que esta debilitando a occidente, tamén esta aquí. Temo que Israel entregue demasiado e o país sexa moi pequeno para poder ser defendido. Porque canto máis dás aos árabes, máis queren, é parte da cultura. O meu pobo é un pobo fermoso e rogo a Deus que atopen indulxencia nos seus corazóns.
Entrevista tirada de Desde Israel