29/01/08

Jesús Fraiz busca apoios para nomear Nobel da Paz a Irena Sendler



A candidata que propón o psiquiatra galego salvou e axudou a fuxir dos nazis a 2.500 nenos en Varsovia

O psiquiatra galego Jesús Fraiz, experto en lonxevidade, rescatou a historia de Irena Sendlerowa, unha muller que salvou e axudou a fuxir dos nazis a 2.500 nenos en Varsovia, e busca apoios para propor a súa candidatura ao Premio Nobel da Paz. Sendler é hoxe unha muller de 97 anos que recorda a súa vida desde unha residencia en Polonia, prostrada nunha cadeira de rodas por mor das torturas da Gestapo, e que recibe de cando en vez agasallos e cartas dalgúns nenos aos que salvou. A historia desta muller cativou ao psiquiatra compostelán, que decidiu escribir e distribuír un pequeno libro coa súa biografía, no que se topan as instrucións para apoiar a súa candidatura ao Premio Nobel, e para o que xa solicitou 300 votos a través do seu proxecto Galería da Lonxevidade. O ano pasado a candidatura de Irena non conseguiu o galardón, que foi para Al Gore pola súa loita contra o cambio climático. "A min deume rabia", confesa Fraiz, quen cre que a política prevaleceu sobre os méritos persoais. "Parece que vende máis Al Gore que unha señora que salvou a 2.500 nenos", asegura. Non podemos deixar que Irena pase desapercibida, e así se sumou á iniciativa do Goberno de Polonia. Fraiz quere realizar unha ­exposición en Santiago sobre ela en febreiro na inauguración da galería, a cuxo e-mail - galeria.lonxevidade@gmail.com.- poden dirixirse os apoios a esta candidatura ao Nobel da Paz.

Tirado de El Correo Gallego