O nacionalismo galego está a piques de tomar a decisión de suspender de militancia a Pedro Gómez-Valadés. ¿Cal é o delito que pode merecer semellante castigo? Pois, nada máis que o feito de que Gómez-Valadés, que osgtenga no Bloque un cargo de certa importancia, ven de funar a Asociación de Amizade Galiza-Isfrael. Os fins desta non son outros que os de, por medio de publicacións, correspondencia, exposicións ou conferencias, dar a coñecer a realidade do Estado de Israel, o único que practica a democracia en todo o Oriente Medio, así como o seu dereito á independencia. Por se algúns o esqueceron, en Israel conviven xudeus, musulmáns e cristiáns; en Israel son cooficiais as falas hebrea e árabe, e hai un ministro árabe.
Pero hai máis; nos textos que esta Asociación de Amizade Galiza-Israel está a espallar, deféndese tamén o dereito do pobo palestino a ter o seu propio Estado.
En troques, certo ideólogo dese Bloque agora disposto a sacrificar a Gómez-Valadés, afirmaba aínda non hai moito, sen que ninguén se escandalizase, que o modelo ou referente do nacionalismo galego tiña que ser a República Islámica do Irán... ¿A República Islámica do Irán?; unha teocracia militarita que perseguiu, e/ou, eliminou marxistas, bah'ais e cristiáns... ¿A República Islámica do Irán? Tan antiimperialista que lle retén aos kurdos as súas terras...
¡Salam aleiqum!...