29/01/07

CONFERENCIA DE ABRAHAM B.YEHOSHÚA EN SANTIAGO.


CONFERENCIA DO ESCRITOR ABRAHAM B. YEHOSHÚA EN SANTIAGO.

O vindeiro venres día 2 de febreiro, o escritor israelí Abraham B. Yehoshúa pronunciará una conferencia sobre o tema: “Definindo conceptos: xudeo, israelí, sionista”, organizada pola Asociacion Galega de Amizade con Israel (AGAI).
A Conferencia terá lugar as 8 da tarde no Club Internacional de Prensa, Avda. da Coruña, 6 baixo, coa participación do presidente de AGAI, Pedro Gómez Valadés, que presentará ao escritor, e de Edwin Yabo que fará do intérprete.

Abraham B.Yehoshúa, que un día antes recibirá o galardón literario Arcebispo Juan de San Clemente, no Instituto Rosalía de Castro, pola súa novela “La novia liberada”, pertence á quinta xeneración de sefarditas instalados en Israel e foi galardonado anteriormente co Premio Israel de Literaruta e co Giuseppe Tomasi di Lampedusa entre outros. Considerado como o Faulkner israelí, ten escrito unha ducia de libros. Activo participante do Proceso de Paz de Xenebra. Naceu hai 71 anos en Jerusalém.
ENTRADA LIBRE