A Biblia Kennicott ou Biblia xudía de Galicia é probablemente, xunto
con Códice Calixtino, un dos manuscritos medievais máis importante de
Galicia, seguramente o mellor manuscrito sefardí do seu século, e un dos
cumios da iluminación medieval en toda Europa. E, sen embargo, en
Galicia segue sendo un descoñecida para o gran público. O exemplar está
escrito en lingua hebrea, e foi elaborado na Coruña en 1476, por encargo
dunha familia xudía coruñesa. Coa perda inconmensurábel que supuxo o a expulsión dos xudeus en 1492, o libro iniciou, xunto cos seus donos, o camiño ao exilio.
O dezanove de maio de 2016, a Asociación Galega de Amizade con Israel
presentou unha instancia ante o Consello da Cultura Galega. Esa
institución viña de organizar a exposición “Galicia 100”, na que facía
un percorrido pola Historia de Galicia ao longo de cen obxcetos. Entre
eles, incluía un facscímile da Biblia Kennicot que a Xunta de Galicia
adquirira en 1987. Na nosa solicitude pediamos que, a falta do orixinal,
canda menos, dita réplica estivese exposta ao público de modo
permanente.
Hoxe comprobamos como a nosa petición de valorizar o manuscrito chegou a bo porto, cunha noticia extraordinaria: a Xunta de Galicia acaba de anunciar que a Biblia Kennicott volverá a Galicia por primeira vez en máis de medio milenio, co gallo da exposición “Galicia, un relato para el mundo”, que se inaugurará na Cidade da Cultura o 14 de novembro deste ano.
Un dos obxectivos fundacionais da nosa asociación é rehabilitar a pegada histórica do pobo xudeu no noso país, a fin de que ocupe o lugar que entendemos que lle corresponde na nosa memoria histórica e na sociedade galega actual.
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos felicitar á Xunta de Galicia, á Consellería de Cultura e Turismo, á Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Fundación Hispano-Judía nomeadamente ao seu presidente e alma mater D.David Hatchwell.
Reiteramos tamén a nosa petición de que, se non o orixinal, o facscímile que posúe a Xunta de Galicia se exhiba ao público de modo permanente.
En Vigo, 15 de outubro de 2019.