12/05/19

Presentación en Vigo: "Lola, Amparo e Xulia, as irmáns Touza. Unha historia de respecto, tolerancia e amor" de Alexandra Touza


A CASA DO LIBRO en Vigo acollerá o vindeiro mércores  15 de maio ás 11:00 da mañá o acto oficial de presentación do libro: "Lola, Amparo e Xulia, as irmáns Touza - LIBERDADE  e VALENTIA EN FEMININO - Unha historia de respecto, tolerancia e amor a vida". Un conto escrito por Alexandra Touza, directora de "Ponlle Cara ao Turismo", co apoio institucional da Asociación Galega de Amizade con Israel, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, Inorde e Executivas de Galicia. 

Este libro  narra a fermosa historia de LOLA, AMPARO e XULIA, tres mulleres de Ribadavia que guiadas só pola súa bondade, o seu amos polos seus semellantes e a súa valentía, conseguiron salvar da morte a centos de refuxiados xudeus que fuxían desesperados das gadoupas do Holocausto nunha Europa asolada pola II Guerra Mundial.

A entrada ao acto de presentación é libre.