Cando en maio do 1956 tivo lugar a primeira edición do Festival de Eurovision concursaron sete
países. Transcorrera só unha década desde o fin da Segunda Guerra
mundial e a maior expresión de horror que tivo lugar no mundo, e as
feridas seguían abertas.
Nunha Europa onde o habitual era a desconfianza, co aumento da
participación e popularidade, convertiuse nunha especie de tregua. Pasou
a ser un entretemento desenfadado, no que países que pouco antes
estaban enfrontados no campo de batalla, podían agora compartir unhas
xornadas de música e diversión.
O festival axudou a que por Europa volveran a circular as modas, a música, e, en última instancia, o coñecemento mutuo.
Entre os días 14 e 19 de maio terá lugar en Tel Aviv a LXIV edición, e
volve a haber grupos que fomentan o illamento, o odio e o enfrontamento.
Estaban errados entón e están errados agora; o boicot cultural
empobrécenos a todos, aviva a desconfianza, e fai do mundo un lugar máis
inseguro.
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel
(AGAI) defenderemos o contrario; que o intercambio cultural e a
superación dos prexuízos son o camiño cara un mundo mais pacífico, mais
libre, e mellor.
Vigo, 21 de abril de 2019
www.amizadeconisrael.org