Unha política, e moito máis alguén que exerce a responsabilidade de ser portavoz dun goberno, debe ter recursos lingüísticos e políticos para defender e argumentar as súas ideas e propostas sen necesidade de empregar de xeito carroñeiro e vergoñento a memoria dunha nena asasinada na barbarie do Holocausto polo feito de ser xudía.
As palabras da portavoz do Govern da Generalitat, Sra.Elsa Artadi, na súa conta oficial de twitter e nas que aproveita de xeito ruín o cabodano da morte de Anna Frank para facer un suposto paralelismo con situacións políticas actuais, son en todo punto rexeitables e incorren nunha flagrante banalización do Holocausto, impropia de quen ten tan altas responsabilidade políticas no Govern da Generalitat.
www.amizadeconisrael.org