Ania Horzowski, Socia de Honra da Asociación Galega de Amizade con
Israel, naceu en Tarnopol, na Galitzia polaca, no ano 1921 e faleceu
hoxe 13 de febreiro de 2019 en Caldas de Reis, na Galicia de Sefarad.
Durante a Shoáh estivo confinada no gueto de Lwow, onde morreron os
seus pais. Despois da guerra, no ano 1948 fuxiu a Venezuela. “Nesa
espera, ao meu carón, había un bebé, un bebé envolto en sabas. Non
lembro o seu rostro. O bebé non choraba. Vivía pero non choraba. Mandáronme
a recollelo, sabíase que ía morrer, porque ningún bebé puido
sobrevivir. Tíñao nos meus brazos. Non choraba, non lle vin o rostro. Ou
quizais o vin, pero non lembro agora. Non entendo -ou é que non podo
entender- como é que ese bebé se atopaba no piso. Sei que neses tempos
horribeis sucedían esas cousas, as nais novas abandonaban ás crianzas,
pensando que quizais outros os recollerían e coidarían. Ou pensando en
salvar a súa vida, non o sei. Non sei que pensaban. Pero eu tiven a ese
bebé nos meus brazos por algúns minutos, non moitos. Non vin o seu
rostro. Logo chegou a Gestapo. Dixéronme que deixase ao bebé no piso.
Non sei como puiden facer iso, era eu como un autómata”.
Ania viviu nos últimos anos xunto coa súa familia en Caldas de Reis lugar onde fica soterrada.
Baruj Dayan Haemet
Descanse en Paz
Baruj Dayan Haemet
Descanse en Paz